A avaría causante dos micro cortesde luz no casco urbano da Estradaserá reparada este domingo

 O Concello notificoulle a Naturgy a incidencia para localizar a
avaría causante dos micro cortes no subministro eléctrico que
afectaron ao casco urbano durante esta semana.
 Naturgy atopou a avaría causante desta problemática nun
transformador situado nas proximidades do antigo centro de
saúde, e procederá á súa reparación este domingo pola mañá.

O Concello da Estrada, ante os repetidos
micro cortes no subministro eléctrico reportados ao longo desta semana no
casco urbano, notificoulle á empresa Naturgy esta situación para localizar e
proceder á reparación da causa dos mesmos.
Deste xeito, Naturgy identificou unha avaría nun transformador situado nas
proximidades do antigo ambulatorio como a responsable dos micro cortes de
luz acontecidos durante estes días no núcleo urbano estradense.
Polo tanto, ante esta situación, desde Naturgy informan de que este domingo,
día 1 de outubro, procederase á reparación da incidencia en horario matinal,
polo que podería ser posible que durante o transcurso dos traballos de
produzan incidencias no subministro.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.