O estudantado do IES Antón Losada visitou na mañá de hoxe as instalacións de aestradadixital e de Radio Estrada.
Na sede de A Estrada Dixital, guiados por Diego Pernas, puideron coñecer máis de preto os servizos que se prestan desde a organización, así como o traballo que alí se desenvolve.
Pola súa parte, en Radio Estrada tiveron ocasión de ser partícipes das dinámicas do medio de comunicación, accedendo inclusive ao locutorio desde o cal se emiten os contidos.
O edil, Manuel Magariños, indicou que esta iniciativa «permite achegar á mocidade estradense a dúas organizacións locais que prestan un servizo fundamental na localidade». Tamén agradeceu a predisposición dos profesionais que traballan en ambas para «compartir cos estudantes os seus coñecementos dun xeito tan clarividente como lúdico»