Na gala de entrega de premios participaron Antonio Sanmartín
Chao, propietario da Pastelería Mimela, Esther Estevez,
presentadora do Dígocho Eu, e Xaquín Espiño, artesán e dono do
obradoiro de gaitas García de Riobó
O Teatro Principal da Estrada acolleu no
serán do Mércores a entrega da trixésimo segunda edición do Premios San Martiño de
normalización lingüística, promovidos polo Concello da Estrada.
Na entrega de premios estiveron presentes Antonio Sanmartín Chao,
propietario da Pastelería Mimela, Esther Estevez, presentadora do
programa Dígocho Eu, e Xaquín Espiño, artesán de gaitas e dono do
obradoiro de gaitas García de Riobó, en representación das agrupacións
premiadas este ano.
Deste xeito, o Concello da Estrada recoñeceu co premio á difusión da lingua
na comarca de Tabeirós- Terra de Montes á Pastelería Mimela pola súa
firme defensa do idioma tanto no municipio como na comarca, así como polo
seu emprego de produtos naturais e locais, cun proceso de produción artesanal
e sostible.
O espazo da TVG Dígocho Eu, presentado pola verinense Esther Estévez,
recibiu o galardón á normalización no ámbito galego por achegarlle á
mocidade as pautas normativas do galego, dun xeito cercano, sendo unestímulo para a participación lingüística da xente máis nova e de toda a
comunidade educativa galega.
Finalmente, o premio á normalización a toda unha vida recoñeceu a enorme
traxectoria do obradoiro de gaitas García de Riobó, unha estirpe de artesáns
cuxa orixe se remonta a finais do século XVIII cando Joaquín García Rey lledeu vida. O negocio que este ano pon punto e final á súa andadura foi un
elemento clave para a difusión da música, a cultura e a fala de Galicia.