As entradas teñen un custo de 3 euros e poderán retirarse no
departamento de Cultura ou no despacho de billetes do Teatro
Principal a partir das 20.30 horas.
O Teatro Principal da Estrada acollerá
hoxe venres, ás 21.00 horas, a representación do espectáculo As Alumnas,
texto de Paula Carballeira que vén de acadar o premio nacional de Literatura
Dramática 2023.
O espectáculo, interpretado polas actrices Anabell Gago e Mónica Caamaño e
dirixido por Fina Calleja, é unha obra destinada a público adulto, e trata sobre a
figura da pedagoga galega María Barbeito e sobre como o franquismo
significou un enorme retroceso na educación do Estado, especialmente para as
mulleres.
A educación, peza fundamental no desenvolvemento e na liberdade das
persoas, especialmente das mulleres, é o eixo fundamental da obra. As dúas
personaxes femininas representan dous casos concretos de mulleres no marco
histórico anterior e posterior á Guerra Civil, que nos levan a tocar as
transformacións sociais do momento.
As entradas poderán retirarse no Departamento de Cultura ou no despacho de
billetes do Teatro Principal a partir das 20.30 horas. Teñen un custo de 3,00
euros.
Ademais, o departamento de Cultura informa de que avanza a bo ritmo a venda
as localidades dos espectáculos infantís de nadal Os tres porquiños e Cuento
de Navidad e tamén poderán retirarse a partir do vindeiro luns as entradas para
os espectáculos Brokeback Sabucedo e o concerto de Santa Cecilia da Banda
Municipal da Estrada.