A Estrada abre o luns o prazo de inscrición para o programa de ‘arteterapia’

·       A iniciativa, dirixida para persoas con discapacidade intelectual, desenvolverase desde o 19 de febreiro ata o 20 de decembro, a excepción do mes de agosto.

 

·       O prazo de solicitude estará en vigor ata o venres, día 16 de febreiro.

 

O Concello da Estrada abrirá este vindeiro luns, día 12 de febreiro, o prazo para anotarse no programa de ‘Arteterapia’, posto en marcha desde o departamento de Servizos Sociais.

A iniciativa, dirixida a persoas con discapacidade intelectual, desenvolverase desde o luns 19 de decembro ata o 20 de decembro, cun parón durante o mes de agosto. As sesións terán lugar todos os luns, mércores e venres en horario de 16.00 a 19.00 horas.

As persoas interesadas en participar na iniciativa poderán anotarse ata o 16 de febreiro, inclusive, no departamento de Servizos Sociais do concello en horario de 09.00 a 14.00 horas ou a través da sede electrónica municipal. As persoas solicitantes deberán achegar unha fotocopia do DNI do participante e outro do certificado de discapacidade, a excepción das persoas que xa participaran en edicións anteriores as cales non deberán presentar esta documentación novamente.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.