● José Crespo propón unha peaxe na sombra para poñer fin ao agravio con
Galicia, xa que o tramo da AP-53 entre Santiago de Compostela e o Alto de
Santo Domingo é o máis caro de España e os seus usuarios non teñen
ningunha bonificación
O Senado vén de aprobar a gratuidade da AP-53
sen o apoio do PSOE. O senador por Pontevedra, José Crespo, explicou que a
solución definitiva á peaxe “abusiva” da AP-53 pasar por liberalizar a peaxe no
tramo estatal, tal e como hoxe aprobouse na moción do PP que defende a
gratuidade nesta vía.
Na actualidade a AP-53 ten un dobre modelo de xestión: o tramo entre Santiago de
Compostela e Alto de Santo Domingo, de titularidade estatal e de pago; e o tramo
Alto de Santo Domingo-Ourense, que é de titularidade autonómica e que non
presenta custe para os usuarios, a través da solución de peaxe en sombra
adoptada pola Xunta de Galicia.
A moción dos populares aprobada na comisión, a pesar da abstención do PSOE,
propón a gratuidade en toda a autoestrada a través da peaxe na sombra, tal e
como ocorre co tramo que une Alto de Santo Domingo e Ourense. “Unha proposta
que mesmo apoia o candidato á presidencia da Xunta de Galicia, Gómez Besteiro,
e o parlamento galego por unanimidade”, sinala o senador pontevedrés.
Para Crespo a iniciativa do PP aprobada hoxe “liquidaría” o problema estrutural
das “peaxes abusivas e desproporcionadas” da AP-53. Ademais, contribuiría á
vertebración do interior de Galicia; desconxestionaríase o tráfico; melloraría a
calidade de vida dos galegos, “xa que son moitos os que usan a diario esta
autoestrada”; aumentarían os niveis de competitividade en todos estes territorios; e
constituiríase un eixo único Santiago-Ourense libre de peaxe.
Por todo iso, o senador galego subliña que a liberalización da “peaxe abusiva” da
AP-53 debe ser uns dos “obxectivos estratéxicos” do Goberno de España con
Galicia. Antes de concluír, José Crespo denunciou que o tramo de pago de
titularidade estatal entre Santiago de Compostela e Alto de Santo Domingo é o
máis caro de España e é o único que non está a aplicar ningún tipo de
bonificación, o que supón un agravio comparativo para Galicia.