· Protagonizada por David Amor e Josito Porto, a obra trata en clave de humor sobre o turismo e a xentríficación en Galicia
· A función terá lugar ás 20:30 horas no Teatro Principal da Estrada
Concello da Estrada acolle a estrea da nova representación teatral de Tito Asorey. A obra ten como protagonistas a os actores galegos David Amor e Josito Porto, que farán uso do humor para abordar unha temática de actualidade: o turismo e a xentrificación das cidades galegas.
A función terá lugar o martes, 23 de abril, ás 20:30 horas, no Teatro Principal do municipio. As entradas xa están dispoñibles para a venda a través da páxina web de Ataquilla.
A peza observa a realidade e denuncia as problemáticas asociadas a Galicia adoptando un enfoque en clave de humor. Preséntanos a David, un viaxeiro afeccionado, que experimenta a aventura de pasar unha noite no Cebreiro na que gozará de emocións de grande intensidade.
‘Go home’ é unha produción de Etiqueta Negra na que destacan nomes coñecidos como o do director, Tito Asorey, ou os dous protagonistas, David Amor e Josito Porto. Completan o elenco grandes figuras da dramaturxia galega como José Prieto, José Faro, Laura Iturralde, Patricia Ferreira ou Xabier Porto.