*O festival, que conta co patrocinio da Xunta de Galicia e a
colaboración do Concello da Estrada, celebrarase o día 21 de setembro
no Teatro Principal na vila.
*A organización mantén o festival mentres fai unha reevaluación
estratéxica e reflexiona e perfila o formato do ano que ven, que suporá un
avance sustancial grazas a escoita activa do público e do sector.
*Carlos Ares, Luis Fercán e Señora dj son os protagonistas dunha edición
que segue poñendo o foco no talento galego.
Esta mañá tivo lugar no Salón de Xuntas
do Concello da Estrada a presentación da cuarta edición de O Son dos
Arrieiros. Este festival, organizado pola produtora musical dotbeat!, está
patrocinado pola Xunta de Galicia e conta coa colaboración imprescindible
do Concello da Estrada.
Á rolda de prensa asistiron Gonzalo Louzao, alcalde do Concello da
Estrada e Patricia Hermida, xerente de dotbeat!.
Tras tres edicións, O Son dos Arrieiros sigue convencido en traballar para
formular propostas de éxito en clave territorial e brindando a oportunidade de
coñecer os cabezas de cartel do mañá que non teñen cabida en outros
festivais, pero emprega esta edición máis reducida do 2024 para facer
unha reevaluación estratéxica. Segundo as palabras de Patricia Hermida,
'estamos nun momento en que a escena emerxente galega é vibrante e
está abríndose camiño por mérito propio nas programacións habituais. A
esto súmase a aparición de novas iniciativas que gracias ao apoio da
administración pública, están sendo conscientes do momento no que estamos
e puxa polas novas fórmulas musicais'.
Por eso, O Son dos arrieiros presentou un plan de reconversión bianual
e está a traballar de cara ao 2025 nun festival transformador que evolucione
de cara as expectativas do público, que ofreza unha experiencia máis íntima e
personalizada e que perfile novas ideas que farán o festival aínda máis
participativo, buscando unha vivencia diferencial na próxima edición.
A cuarta edición de O Son dos Arrieiros será de transición de cara a un
formato 'xa moi perfilado e con algúns artistas confirmados para o 2025'
en palabras de Louzao, e segue a celebrar a gran riqueza de estilos dos que
gozan os nosos creadores galegos.
Nesta ocasión, subiránse ao palco do Teatro Principal Carlos Ares e Luis
Fercán, dúas das voces de autor con máis proxección a nivel nacional e que
veñen a presentar os seus novos traballos discográficos.
CARLOS ARES
Nado na Coruña en 1997, o multiinstrumentista, cantautor e produtor Carlos
Ares forxou a súa identidade artística a través da música, converténdoa no
medio que reflicte os seus cambios persoais e vitais. A súa carreira nestes
once anos estivo marcada por unha dedicación artesanal que o levou a
destacar como un produtor xeneroso e talentoso, colaborando con nomes
destacados da nova escena musical nacional como Marc Seguí ou Paula
Cendejas.
Na súa travesía musical, Carlos Ares atopou a súa voz única e auténtica. O seu
álbum debut, titulado ‘Peregrino’, que viu a luz o pasado 9 de febreiro de 2024,
reúne as súas raíces galegas, o amor polo rural e a simplicidade na creación.
Cancións como "Amigo", ‘Terrícola’, ‘Aquí Todavía’ e ‘Rocíos’ son adiantos que
capturan a esencia do seu son orgánico e vangardista ao mesmo tempo.
Máis que un músico, Carlos Ares consolídase como un peregrino musical,
explorando e compartindo a súa viaxe co público. No escenario, o seu proxecto
‘Peregrino’ cobra vida cunha forza adicional, respaldado por músicos de
primeiro nivel que contribúen co seu talento a enriquecer a experiencia para os
seguidores e descubridores deste proxecto único. Con todos estes elementos,
Carlos Ares perfílase como un dos aspirantes máis prometedores ao título de
artista revelación no curso 2025.
LUIS FERCÁN
Tras pasar por varias bandas, Luis Fercán inicia en 2016 a súa carreira como
músico en solitario.En 2018, publica o seu primeiro LP, “Grieta”, que recibe
unha moi boa acollida grazas á mestura entre a profundidade das súas letras e
a personalidade que se ve claramente reflectida nun proxecto tan maduro.
En 2019, Luis lanza o EP “Furias”, cuxo sinxelo “110” alcanza, a día de hoxe,
os 3 millóns de escoitas en Spotify sen entrar en listas, o que reafirma o estatus
do músico como un dos talentos emerxentes con maior proxección do
panorama musical nacional.
En novembro de 2021 presenta o seu novo disco “Canciones Completas
Desde Una Casa Vacía”, producido por Nacho Mur, un traballo no que se
reflicte artística e conceptualmente o momento creativo no que se atopa a
carreira do músico galego. Algo que se constata nos máis de 100 concertos
que tivo a xira deste último disco por España e México.
En febreiro de 2024 publicou o seu terceiro álbum de estudio «Postales
Perdidas» que seguirá sendo recoñecido pola súa característica voz rachada,
coa que é capaz de cativar a calquera que estea escoitando xa que, é na
intimidade das salas e no seu poderoso directo, onde Luis brilla con maior
intensidade.
SEÑORA DJ
Señora DJ é unha DJ galega residente en O Son dos Arrieiros. Desde o seu
debut en 2016, deixou pegada en festivais como o Atlantic Fest, Vive Nigrán,
Festival de la Luz… e en salas como La Karma en Pontevedra, Sonar en
Santiago e Radar e Kominsky en Vigo.
O seu estilo único fusiona indie, pop, urbano, disco e techno, cun toque de
petardeo fino.Destaca as súas raíces incluíndo grupos como Grande Amore,
Fillas de Cassandra, Berto..
No escenario, a súa presenza é eléctrica, transmitindo con enerxía a súa
paixón e emoción pola música aos espectadores.