A ESTRADA DÁ IMPULSO A UN PLAN DE ACCIÓN EN SETE ZONASAXARDINADAS QUE CONTRIBUIRÁ Á MELLORA ESTÉTICA DA VILA

 O goberno aproba iniciar o procedemento para a contratación das
obras, cun investimento próximo aos 140.000 euros
 Actuará na alameda, parque de Figueiroa, Praza da Feira, zona
axardinada da Baiuca, un illote en Toedo, rotonda de entronque da
Avenida de Santiago coa Rúa da Cultura e toda a mediana desta última
 Nos xardíns municipais instalaranse unhas letras corporativas co texto
iluminado “A Estrada”, a xeito de futuro ‘photocall’ do municipio

O Concello da Estrada afronta o proceso de
contratación para un plan de acondicionamento das zonas axardinadas do casco urbano,
unha actuación que busca mellorar a estética de distintos enclaves da capital
estradense, profundado tamén na mellora da imaxe que proxecta a vila para veciños e
visitantes coa incorporación de novos elementos nalgúns dos espazos máis céntricos. O
asunto estivo enriba da mesa este luns, na reunión da Xunta de Goberno Local, que
aprobou iniciar o expediente para a licitación das obras, enmarcadas no Plan +Provincia
da Deputación de Pontevedra de 2024. O investimento previsto ascende a 140.000
euros.
O plan suporá executar un acondicionamento profundo en sete áreas axardinadas do
casco estradense: a alameda municipal, o parque de Figueiroa, a Praza da Feira, a zona
axardinada da Baiuca (diante do heliporto a carón do centro de saúde), o illote de Toedo
(próximo á estación de servizo existente), a rotonda de entronque da Avenida de
Santiago coa Rúa da Cultura e toda a mediana axardinada desta última.
• Zona axardinada da Baiuca. Traballarase sobre unha superficie de 320 metros
cadrados, xusto entre o heliporto e o centro de saúde, a estrada N-640 e o
parque canino municipal. Previa preparación do terreo, xa que este espazo está
actualmente sen acondicionar, crearase un xardín con árbores e diferentes
plantas ornamentais.
• Illote de Toedo. Axardinamento en 270 metros cadrados, tamén con
preparación previa do terreo, instalación de malla antiherbas e subministro e
plantación de gran cantidade de especies diferentes. Esta área atópase ao pé da
estrada autonómica PO-841, que une A Estrada coa capital galega, polo que será
un escaparate na entrada ao casco urbano dende Compostela.
• Rotonda de entronque da Avenida de Santiago coa Rúa da Cultura. A actuación
supón preparar o terreo para o posterior subministro de 113 plantas arbustivas
variadas (lavanda, salvia e similares), coa instalación do correspondente rego
automático para superficie.
• Mediana axardinada de Rúa da Cultura. É un espazo lineal, con 12 tramos
alternos de 10 metros de lonxitude cada un. Entre les quedarán zonas
intercaladas de céspede. Colocaranse plantas para embelecer este paseo entre
diferentes esculturas dedicadas a persoas distinguidas en sucesivos Anos
Culturais do Concello da Estrada.
• Xardíns municipais. Neste caso o plan contempla actuar nun espazo que linda
coa Avenida Benito Vigo, un montículo de céspede que se entende apropiado
para a instalación dunhas letras corporativas co texto “A Estrada”, de
aproximadamente un metro de altura colocadas sobre unha axeitada e estética
base. Este cartel será iluminado con led RGB, coa vocación de que se converta
nunha sorte de ‘photocall’ do municipio.
• Praza da Feira. Sobre os parterres creados na última remodelación deste
enclave, proxéctase afondar na limpeza e reposición de plantas salpicando todo
o entorno, incorporando casca de piñeiro para evitar que medren malas herbas.
• Parque de Figueiroa. Procederase á eliminación de ramas baixas nas especies
existentes, contemplando tala de árbores en mal estado, eliminación de
arbustos e da Callystemun existente no acceso para a súa reposición con
especies arbustivas. Farase un escarificado e sementarase a pradeira existente.
“Os procesos de humanización e de mellora das zonas verdes e axardinadas que salpican
o casco urbano están ao servizo de mellorar a imaxe da vila para goce e esparexemento
dos cidadáns. Queremos que os estradenses se movan por un casco urbano que lles dá
protagonismo fronte ao tráfico, no que poder pasear ou pasar o seu tempo de ocio
nunhas condicións máis confortables e esteticamente más amables”, dixo o alcalde da
Estrada, Gonzalo Louzao. Engadiu que estas intervencións tamén terán incidencia na
propia imaxe que A Estrada proxecte cara os visitantes. Indicou o rexedor que o prazo
previsto para que se executen as obras é de dous meses.
Pola súa banda, o edil delegado de Parques e Xardíns, Óscar Durán, engadiu que toda
esta actuación de mellora verase ampliada e complementada con outros proxectos que
buscarán embelecer a vila. Nalgúns casos serán accións que incidirán sobre estas zonas
nas se actuará con cargo a este Plan +Provincia e, noutros, serán iniciativas que chegarán
a outras áreas do casco urbano nas que a cor verde é tamén compoñente estética
protagonista.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.