A ESTRADA DESTINA MÁIS DE 2 MILLÓNS DE EUROS A ASFALTADOS EBACHEOS EN INFRAESTRUTURAS VIARIAS DO RURAL NESTE 2025

 A suma dos plans provinciais e autonómicos permite que o Concello
programe pavimentacións en 75 vías de 33 parroquias.
 Un novo Plan de Bacheos, con un orzamento de 200.000 euros, corrixirá
deficiencias en 186 vías rurais de 47 parroquias.
 “Isto é un avance, pero non é para quedarse aquí”, di o alcalde,
consciente de que o gran investimento deste ano “aínda non é
suficiente”.

O Concello da Estrada ten xa configurado o que será un
importante investimento na mellora de infraestruturas viarias no amplo termo rural do
municipio. O alcalde, Gonzalo Louzao Dono, detallou o contido dos diferentes plans de
acción que permitirán destinar máis de 2 millóns de euros ás novas pavimentacións e
bacheos das estradas que artellan a comunicación interior neste concello de Tabeirós-Terra
de Montes. “Todas as pistas deterioradas que requiren unha intervención terán obras de
pavimentación ou de bacheo, pero actuarase en todas”, resumiu o rexedor estradense. “É
un investimento grande , pero sabemos que aínda non é suficiente”, quixo recoñecer tamén
publicamente o mandatario, que engadiu: “isto é un avance, pero non é para quedarse
aquí”.
O xefe do executivo municipal informou polo miúdo de cada un dos plans que farán posible
este investimento, artellado a través dos fondos que corresponden ao Concello procedentes
do Plan +Provincia da Deputación de Pontevedra e do Plan de Desenvolvemento Rural (PDR)
e Plan de Infraestruturas Rurais (PDI), ámbolos dous dependentes da Xunta de Galicia.
Son os programas provinciais os que facilitan un desembolso meirande, sumando
1.370.105,36 euros. Engadindo a este montante o PDR e o PIR, o Concello da Estrada
proxecta a pavimentación dun total de 75 vías de 33 parroquias. A maiores, a administración
municipal incorpora este ano un novo Plan de Bacheos no que se inclúe a actuación en 186
vías rurais, accións de mellora que acadan un orzamento de 200.000 euros e que chegarán a
distintas infraestruturas de 47 parroquias. Estes traballos efecutaranse entre os meses de
xuño e setembro.
No tocante ás novas pavimentacións, a relación de intervencións previstas nesta fase en
vías (sumando os plans provinciais e autonómicos) por parroquias é a seguinte:
• Toedo: Toedo, Cerrada das Carballas, O Soutiño, O Soutiño-Igrexa e A Carballa.
• San Pedro de Ancorados: O Foxo e O Foxo-Penalba.
• Callobre: Ponteliñares-Moreira (Devesa) e Ponteliñares.
• Guimarei: A Torrevella.
• Santo André de Vea: Trazaríns-Cardelle e Cardelle.
• San Xiao de Vea: Vilanova.
• San Tomé de Ancorados: Igrexa.
• Aguións: A Raxeira, O Codeso e A Frieira.
• Moreira: A Pia e Acceso igrexa dende provincial.
• Vinseiro: Freán e Vis de Correa.
• Matalobos: Matalobos, Guendos e Saiñas.
• Liripio: Igrexa.
• Remesar: Aldea Grande e A Rabeta.
• Santeles: Viasque, Sar, Cruxeira, Pearo, Santeles de Abaixo e Fondevila.
• Berres: Servide e Altiño de Berres.
• Orazo: Barro, Castrovite-Dornelas, Vendexa e Riomao-Vendexa.
• Frades: Requián-Vilariño.
• Arnois: Gundián.
• Santa Cristina de Vea: A Costa e Tarrío-Sorribas-Igrexa.
• Loimil: Loimil (Igrexa).
• Rubín: Bemposta.
• Couso: Souto de Vea e Aceso a Barco e Fontenlo.
• Cora: Carbia e Cora.
• Lagartóns: Os Tatos e O Viso.
• Codeseda: Barro, Vilaboa e A Portela.
• Nigoi: O Pazo.
• Ribela: Trabadela, Ribela (Igrexa)-Codeseda (O Arnado).
• Paradela: EP-Adea Grande, Aldea Grande, Aldea Grande 1, Aldea Grande 2 e
Igrexa.
• Arca: Carballal-Acensión, Amarelle, A Penela, A Goleta 1 e 2 e Carballal.
• San Miguel de Castro: Igrexa.
• San Miguel de Barcala: Negreira e Cimadevila.
• Frades: Requián a Vilariño.
• San Xiao de Vea: Vilanova
“Sabemos que hai moito máis, pero a aposta polo rural é decidida e para o ano que vén
haberá unha nova fornada doutros 2 millóns de euros para pistas que sabemos que son
necesarias. Esta primera fase está conformada por actuacións que se consideraron moi
urxentes, pero non dubidamos de que hai outras moitas que tamén requieren unha
pronta actuación”, recoñeceu Gonzalo Louzao.
O alcalde aproveitou a súa intervención para facer alusión ás críticas vertidas polo grupo
municipal do PSOE sobre o feito de que non se tiveran licitado antes as pavimentacións
incluídas no plan da Deputación. “Se non se licitou o do ano pasado e se está facendo
agora é polos informes sectoriais, nomeadamente polo informe do Ministerio de
Transportes y Movilidad Sostenible, que non o emitiu en todo o ano”, dixo Louzao, que
recomendou aos socialistas “que miren o seu embigo e non ao goberno local, que non
puido licitar as obras pola falta dun informe que tiña que emitir un ministerio do
Goberno do PSOE”.
Nesta mesa liña, o mandatario agardou que o referido ministerio non represente un
atranco para o impulso dunha conexión máis segura entre a estrada provincial a Vinseiro
e a N-640, á altura da rotonda das Colonias. “Só agardamos que non continúe
bloqueando este proxecto polo que apostaron o Concello e a Deputación”, sinalou.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.