LOUZAO VISITA NAS PISCINAS MUNICIPAIS AOS PARTICIPANTES DASEGUNDA QUENDA DO CAMPUS DEPORTIVO DE VERÁN

O alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao Dono, visitou esta
mañá aos participantes na segunda quenda do Campus Deportivo de Verán. O rexedor
vestiu a camiseta deste programa de conciliación da vida laboral e familiar, aproveitando
o momento de actividade nas piscinas municipais.
Os campistas veñen facendo uso das instalacións acuáticas dende o inicio do campus, se
ben os que asistiron nesta quincena tiveron ocasión de estrear o vaso grande, logo da
súa reforma integral. Aínda así, os rapaces son distribuídos por grupos de idade entre os
tres vasos do complexo deportivo.
O Campus Deportivo de Verán, impulsado con gran acollida cada ano pola Concellería de
Deportes, atende este ano un total de 883 solicitudes. Evidentemente, moitas delas
teñen detrás campistas que repiten a experiencia en diferentes quendas. Na que finaliza
mañá despídense 272 matriculados, reservando o último día para visitar a praia fluvial.
En agosto a afluencia baixa a 183 inscritos na primeira quincena e outros 152, na
segunda.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.