“Espero que no Congreso do día 19 de outubro os afiliados validen a continuidade
dun proxecto político moi beneficioso para A Estrada e dun equipo renovado e con
gañas e ideas para seguir mellorando o noso concello”, asegura
O alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, formalizou
onte a presentación da súa candidatura para presidir o Partido Popular da Estrada coa
entrega ao presidente da Comisión Organizadora do Congreso (COC), Juan Constenla, de
máis do dobre dos avais necesarios.
Gonzalo Louzao agradeceulle a todos os afiliados e afiliadas que na última semana lle
manifestaron o seu apoio para liderar a nova etapa do partido e augurou que “todo parece
indicar que non haberá máis candidaturas”, aspecto que deberá confirmar mañá a COC.
“Espero que no Congreso do día 19 de outubro os afiliados validen a continuidade dun
proxecto político moi beneficioso para A Estrada e dun equipo renovado e con gañas e ideas
para seguir mellorando o noso concello”, declarou Gonzalo Louzao.
Neste senso, precisou que segue a traballar para conformar un equipo “o máis parecido
posible á sociedade estradense”. “A executiva que espero conformar debe ser un espello
da realidade social da Estrada”, remarcou.







































