- O delegado territorial, Agustín Reguera, informa das contas para a comarca, que inclúen unha importante partida para a autovía AG-59, así como a nova Edar de Lalín ou a ampliación dos parques empresariais de Toedo e Lalín 2000
- O total dedicado á provincia de Pontevedra supera os 4.083 millóns de euros
- ” a Xunta leva moitos anos lendo as necesidades dos galegos e galegas e poñendo todo o seu esforzo en mellorar a súa calidade de vida. Proba diso son estes magníficos orzamentos que, estou seguro, permitirán mellorar o día a día de millares de veciños do Deza-Tabeirós”
A Xunta de Galicia vén de destinar preto de 22 M€ para a comarca do Deza-Tabeirós no proxecto de Orzamentos 2026, os máis 4.083 M que se investirán, en total, na provincia, segundo revelou hoxe o delegado territorial, Agustín Reguera.
O delegado lembrou as “múltiples obras e iniciativas” levadas a cabo con éxito durante o presente exercicio e sinalou algunhas das principais actuacións previstas nestes orzamentos.
Entre os principais investimentos que se levarán a cabo na comarca, destaca na Estrada, a continuación das obras da Autovía AG-59 que conta cunha achega de 10 M€ e que suporá unha importante mellora da conectividade da zona, cun especial impacto neste concello. Aínda na Estrada, a ampliación do parque empresaria de Toedo conta cunha partida de 2,4 M de euros.
No caso de Lalín, a ampliación do parque empresarial Lalín 2000 conta cunha achega de 4,9 M de euros; as obras no IES Ramón Mª Aller Ulloa, que xa están licitadas, contarán cun investimento este ano de 3,17 M de euros; ademais, a Xunta apostará por unha nova base de helicópteros contra incendios.
Sen embargo, a gran partida que contemplan os orzamentos deste ano 2026 en Lalín é a destinada á nova Edar. En total, esta obra custará máis de 27,6 millóns de euros.
Pola súa banda, no concello de Silleda a Xunta investirá 500.000 euros para a dotación dunha pista de equitación nas instalacións da Fundación Semana Verde. Ademais, manterá a súa aposta polo impulso aos polos de emprendemento cunha achega aproximada para este concello de 130.000 euros.
Cabe destacar que, máis alá dos investimentos nomeados, os orzamentos do ano 2026 contemplan unha gran cantidade de pequenas actuacións, así como a prestación de servizos aos que a cidadanía xa está habituada. Nomeadamente as axudas para o alugamento, os bonos e programas de transportes ou a gratuidade da educación dende os 0 anos ata a titulación universitaria.
O delegado territorial destacou o compromiso da Xunta cos “problemas da cidadanía” e a necesidade de “seguir apostando por sectores especialmente sensibles como a comunicación, o coidado do medio ambiente, a sanidade ou a educación”. Neste sentido, Reguera asegurou que “a Xunta leva moitos anos lendo as necesidades dos galegos e galegas e poñendo todo o seu esforzo en mellorar a súa calidade de vida. Proba diso son estes magníficos orzamentos que, estou seguro, permitirán mellorar o día a día de millares de veciños do Deza-Tabeirós”.
A Continuación, adxúntase unha pequena táboa resumida cos datos dos orzamentos para este ano 2026. Solo están representados os principais investimentos, non hai gastos correntes, bonos, subvencións ou gastos en gratuidade de servizos. Algunhas destas partidas son partilladas entre varios concellos ou contemplan un gasto plurianual dificilmente especificable.
|
ECONOMÍA E INDUSTRIA |
A Estrada |
Ampliación Toedo-A Estrada |
2,4M |
|
VIVENDA E INFRAESTRUTURAS |
A Estrada |
continuar a AG -59 (A Ramallosa – A Estrada) |
10M |
|
MEDIO AMBIENTE E CAMBIO CLIMÁTICO |
Lalín |
Nova Edar (Plurianual) |
27,6M |
|
EDUCACIÓN CIENCIA UNIVERSIDADES FP |
Lalín |
IES Ramón Mª Aller Ulloa (xa licitado) |
3.171.774,1 (Solo 2026) |
|
ECONOMÍA E INDUSTRIA |
Lalin |
Ampliación Parque Empresarial Lalín 2000: |
4,9 M |
|
MEDIO RURAL |
Lalín |
Base de Helicópteros |
6M EN TOTAL PARA ESTAS ACTUACIÓNS: ― Aeródromo Valga; ― Base helicópteros Lalín; ― Nova base unidades operativas Valga ― Nova base unidades operativas Portas ― Nova base unidades operativas Tui |
|
PRESIDENCIA XUSTIZA DEPORTES |
Silleda |
Pista de equitación instalacións Fundación Semana Verde |
500.000 |
|
EMPREGO, COMERCIO, EMIGRACIÓN
|
Silleda |
Impulso aos polos de emprendemento Vilanova, O Porriño e Silleda |
130.000 * |
*O investimento total nos Polos de Emprendemento de Vilanova Porriño e Silleda é de 390.000 euros. Simulo un investimento ao 50% en cada concello, pero o dato é orientativo.
Saúdos do Gabinete de Comunicación da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra.







































