A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude promoveu a realización
das primeiras catas neste asentamento fortificado da Idade do Ferro.
Un autobús sairá da Praza da Constitución o sábado, ás 10.30 horas,
coas persoas interesadas en facer un percorrido no que se expliquen
algúns resultados da escavación.
O Concello da Estrada, a través do seu departamento
de Cultura, facilitará aos cidadáns interesados un visita guiada para coñecer a intervención
arqueolóxica que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia está
realizando no Castro de Barbude, a primeira intervención deste tipo que se efectúa neste
asentamento fortificado da Idade do Ferro.
Os traballos comezaron a semana pasada e xa están dando moitos froitos, como o
afloramento de varias estruturas defensivas de gran interese e o achado de elementos
cerámicos. Ademais de deixar ao descuberto unha parte importante da muralla no acceso ao
castro, as escavacións tamén están poñendo o foco nunha parte moi interesante do
xacemento, nunha caste de saínte da estrutura, xa extramuros.
Para dar a coñecer estes resultados, que serán tapados ao remate da intervención para
asegurar a súa preservación, o departamento autonómico que dirixe José López Campos e o
Concello da Estrada resolveron favorecer que os cidadáns interesados teñan oportunidade
de gozar destes achados. Para iso, un autobús sairá este sábado da Praza da Constitución ás
10.30 horas. As persoas que viaxen nel poderán realizar un percorrido guiado polos expertos
da empresa Adro Arqueolóxicas, responsable das prospeccións que se están realizando en
Barbude.
A concelleira de Cultura, Lucía Seoane, visitou hoxe a zona acompañada polos veciños e
animou aos cidadáns a aproveitar a oportunidade coñecer o que se atopou no xacemento.
Sinalou que a visita terá un carácter totalmente gratuíto e un marcado fin divulgativo.
As persoas que queiran participar na visita facendo do uso do autobús que o Concello
porá o sábado á disposición dos interesados para o traslado ata Barbude deben reservar
a súa praza no departamento de Cultura, ben presencialmente ou a través do número de
A principios do século XX aínda eran visibles os restos da muralla sobre o parapeto e das
cabanas circulares do interior do castro. Existen fotografías que testemuñan a muralla, logo
das campañas de estudo que persoeiros como Fermín Bouza Brey e Antón Fraguas
realizaron cos seus alumnos nesta parroquia da Estrada, no ano 1932.
Materiais
No castro atopáronse ao longo dos anos diversos materiais, principalmente cerámicos, que
se conservan no Museo de Pontevedra . Outros foron entregados no Museo do Pobo
Galego. Ademais, a campaña arqueolóxica promovida pola Consellería de Cultura tamén
brindou resultados neste sentido, que poderán ser amosados aos participantes nesta
visita.
Ao remate da intervención a consellería recibirá e poderá digvultar todos os resultados
dos achados resultantes desta importante actuación, a primeira escavación neste
xacemento da Estrada.






































