ESTUDAN A DEMANDA REAL DE SOLO NA AMPLIACIÓN DO POLÍGONODE TOEDO PARA AVANZAR NO DESEÑO DAS NOVAS PARCELAS

 A Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial pulsa,
xunto con Xestur, as solicitudes de asentamento e avanza que xa se
traballa co equipo redactor no proxecto de urbanización.
 Un importante número de empresarios acuden á convocatoria.
 O horizonte de traballo: 2026 para expropiacións e proxecto de
urbanización, obras de ampliación en 2027.

O consistorio estradense acolleu dende primeira
hora desta mañá un encontro da Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo
Empresarial da Xunta de Galicia cun importante número de empresarios interesados en
asentarse na zona de ampliación do polígono industrial de Toedo. Representantes deste
departamento da Consellería de Economía e Industria e tamén de Xestur mantiveron,
acompañados polo alcalde, Gonzalo Louzao, e o concelleiro estradense de Promoción
Económica, Óscar Durán, reunións para informar de xeito directo aos industrias sobre o
proceso de expansión pública do principal parque empresarial da Estrada.
A directora xeral de Estratexia Industrial, Margarita Ardao, trasladou que se está
empezando a traballar xa co equipo redactor no proxecto de urbanización para deixar
reflectidas as demandas reais que teñen as empresas neste asentamento. De feito, ela
mesma sintetizou que o motivo principal da reunión desta mañá foi coñecer de primeira
man as solicitudes existentes “e poder debullar un parque adaptado ás demandas reais
do concello e das empresas”.
Pola súa banda, o alcalde estradense asegurou que a mañá foi “moi produtiva”.
“Buscamos que A Estrada incremente moi pronto a súa oferta de solo industrial. Hoxe
concretáronse as necesidades de cada unha das empresas e foi un número moi
importante delas”, sinalou o rexedor. De seguido, Gonzalo Louzao explicou que os
asistentes ao encontro quedaron emprazados a futuras reunións para traballar en dúas
liñas: “no proceso de expropiación e no proxecto de urbanización adaptado ás
demandas de cada unha das empresas”.
Despois da información analizada hoxe, o alcalde sinalou que se fixo fincapé na
importancia de que estas demandas se concreten de aquí ao mes de febreiro, ao
obxecto de “poder saber os metros cadrados e as necesidades específicas de cada unha

das actividades”. A partires de aí, haberá novas reunións individuais e colectivas para
que o polígono quede axustado a estes requirimentos “e que no 2026 se fagan as
tramitacións urbanísticas e de expropiación para que en 2027 sexa unha realidade a
obra que fará que A Estrada teña o solo industrial que precisa”, concluíu o xefe do
executivo local.
O proxecto de ampliación pública do polígono industrial de Toedo suporá poñer a
disposición do tecido produtivo preto de 157.000 metros cadrados máis no principal
parque empresarial do Concello da Estrada, cun investimento previsto superior aos 13
millóns de euros. Deste xeito, a superficie total bruta deste emprazamento pasará de
190.554 m2
a 347.239, o que suporá incrementar a capacidade actual nun 82%.
Como queda avanzado, neste intres apúrase o prazo para reserva do solo, coa intención
de asentar o deseño do parcelario da zona de ampliación axustado ás demandas
concretas de solo.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.