A ESTRADA SUMA UN “PHOTOCALL” Á PRAZA DA CONSTITUCIÓN

 A localización escollida explica o traslado do de Nadal, agora situado a
carón do palco da música.
 As letras brancas que conforman o nome do municipio terán
incorporada unha iluminación que se pode programar para que luza na
tonalidade desexada.

O Concello da Estrada estrea photocall na Praza da
Constitución. A media mañá de hoxe comezou a instalación das letras que conforman o
nome do municipio, que quedou localizado aos pés da casa consistorial.
Aínda que inicialmente se pensara en situar este atractivo na alameda municipal,
concretamente na parte posterior do edificio do Concello, finalmente optouse pola Praza da
Constitución, ao obxecto de que as persoas que decidan tomar unha fotografía a carón
destas letras poidan conformar unha estampa co emblemático edificio consistorial de pano
de fondo, integrado no conxunto monumental no que tamén se inclúe o valorado palco da
música.
A instalación destas letras nestas datas do ano explica o motivo polo que o Concello decidiu
desprazar, días atrás, o photocall de Nadal ata deixalo situado a carón do palco. Deste xeito,
nestas festas veciños e visitantes poderán escoller dúas postais diferentes.
O nome da Estrada luce nesta composición coas letras en branco. Non obstante, en
horario nocturno incorporarase un toque de color a través da luz, xa que o conxunto
contará cunha iluminación que, como acontece co propio consistorio, pode irse
programando coa tonalidade desexada

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.