DEPORTE E DIVERSIÓN CONXUGAN CINCO PROPOSTAS PARA TODAS ASIDADES QUE ANIMARÁN AS FESTAS PATRONAIS DE SAN PAIO

Deporte e diversión aliaranse este ano para conxugar
cinco propostas de corte deportivo que, pensando en todas as idades, se incluirán no
programa das festas patronais de San Paio. O concelleiro de Deportes, Ismael Pena,
presentou o completo programa acompañado polos representantes dos diferentes
clubs: Félix Rodríguez (Bikestrada), Óscar Vázquez (Club Tenis RC) Paula Pose e Lisandro
García (A Estrada Basket) e Javier Diéguez (Estrada Futsal).
A oferta estará concentrada no venres 26, o sábado 27 e o domingo 28, se ben algúns
torneos arrancarán xa o 22 de xuño.
– 3×3 fútbol sala (venres 26)
• Máximo 12 equipos por categoría: benxamín, alevín, infantil e cadete.
• Os equipos poden ser de formación libre: masculinos, femininos ou mixtos,
dependendo dos equipos participantes. Si non houbese suficientes equipos
dalgunha categoría uniríanse á inmediatamente superior.
• O prazo de inscrición é dende o LUNS 8 ata MARTES 23 de xuño.
• O terreo de xogo será inchable e terá unhas dimensións de 12×6 m, con 2
porterías de tamaño reducido.
– Festa da Bicicleta (venres 26)
• A partir das 11 horas, con saída e chegada na Praza do Novo Mercado. Entrega
de dorsais a partir das 10 horas.
• Dous circuítos: un para menores de 14 anos e outro para maiores de 14 anos.
• O circuíto para menores de 14 anos é de 800 m aproximadamente, nos arredores
da praza do Novo Mercado e de dificultade baixa. Os participantes ata 10 anos
teñen a obriga de ir acompañados por un adulto.
• O circuíto para maiores de 14 anos é de 5 km e de dificultade media para
menores e dificultade baixa para adultos. Recoméndase que os nenos de 14 ata

18 anos vaian acompañados dun adulto e teñen que se desenvolver de xeito
independente na bicicleta.
• Inscrición en: www.emesports.es dende o VENRES 12 ata o MARTES 23 de xuño.
– 3×3 baloncesto (sábado 27)
• Estará dividido en categorías diferentes: mini, infantil e cadete (a partir das 10
horas) e junior e senior (a partir das 16 horas)
• O prazo de inscrición é dende o VENRES 12 ata MARTES 23 de xuño.
• A competición está limitada a 12 equipos. No caso de haber menos inscritos, a
organización sorteará os grupos para que os equipos xoguen o maior número de
partidos, podendo alterarse o tempo de duración dos encontros.
– Torneo de dobres (de luns 22 a domingo 28)
 Torneo para non federados.
 Categorías dobres masculino, feminino, mixto e Sub18 mixto
 Inscricións ata VENRES 12 de xuño
 Sorteo 15 de xuño.
 Info: Miguel 680866570
– Aberto de Tenis (de luns 22 a domingo 28)
 Torneo para federados/as
 Categoría absoluta masculino e feminino
 Inscricións ata VENRES 12 de xuño
 Sorteo 15 de xuño.
 Info Miguel 680866570

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.