A ESTRADA NO FORO DE VIVENDA

O alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, foi convidado este mediodía a participar no Foro da Vivenda «Horizonte Fogar Digno», celebrado no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro e organizado conxuntamente polo Concello de Ames e La Voz de Galicia.

Logo da intervención do alcalde de Ames, Blas García, o rexedor estradense participou na mesa redonda, conducida pola xornalista María Meizoso, xunto a Jacobo Hortas (responsable xurídico EMVSA e representante Concello da Coruña) e María José Caride (en representación da FEGAMP e Concello de Vigo).

Louzao Dono puxo o foco en que a vivenda é, xunto coa mellora das comunicacións e o solo industrial, un dos eixos estratéxicos para o futuro da Estrada, aínda cando excede as competencias municipais. 

Recalcou que o sector público e privado teñen que ir da man e que a xestión do goberno local xa posibilitou que a Xunta promovese a construción de 28 novas vivendas de promoción pública.

O rexedor sinalou que o contexto urbanístico local non foi o máis favorecedor para a mobilizacion de parcelas destinadas a construir vivenda pública porque o Plan Xeral da Estrada é relativamente novo e o seu dilatado proceso de aprobación coincidiu, ademais, coa crise da construción.

Confía en que esta primera fase de acción pública funcione como cabeza tractora e sirva para atraer investimento privado, agardando tamén que esa «A Estrada de oportunidades que se abrirá coa autovía e o polígono» fixe e atraia poboación.

Por outra banda, Gonzalo Louzao referiuse tamén ás 3.000 vivendas baleiras nun parque municipal de máis de 12.000. Asumiu que o programa municipal de mobilización desta vivenda detectou  reticencia e falta de confianza dos prioritarios, algo indicativo de que os incentivos non están abondando para superar esa falta de confianza no proceso de arrendamento.

O foro pechouse coa intervención do delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.