A POLICÍA LOCAL DETÉN A UN VARÓN COMO PRESUNTO AUTOR DUN DELITO DE VIOLENCIA DE XÉNERO

 

A Policía Local da Estrada detivo na tarde do luns a un varón como presunto autor dun delito de violencia de xénero. Os axentes municipais recibiron, minutos despois das 17.00 horas, unha chamada do 062 solicitando a súa colaboración no operativo vencellado a un presunto delito de violencia de xénero no casco urbano estradense.

Personados no punto, a Policía Local atopou á Garda Civil atendendo á presunta vítima, pasando o corpo municipal a asumir as tarefas para o rastrexo e localización do presunto agresor, un traballo que se concentrou polas inmediacións da vivenda.

Arredor das 19.45 horas os axentes localizaron, nun solar próximo ao domicilio, a un varón de 55 anos que, logo da correspondente lectura dos seus dereitos, foi posto a disposición da Garda Civil no acuartelamento da Estrada.
De igual xeito, no interior do domicilio localizáronse dúas escopetas de caza e munición, que foron incautadas e postas tamén baixo a custudia da Garda Civil.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.