O alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, acompañou hoxe aos veciños da comisión organizadora da Romería da Virxe do Milagres de Requián e ao seu párroco no acto de presentación do programa deste ano.
Os veciños María Rosa Iglesias, Laura Bodaño e Miguel Mototo, xunto co novo párroco de Requián, Martín Ananí Kouassi Kouman, puxeron o acento en que esta celebración remóntase entre fins do século XVII e comezos do XVIII.

Con varias novidades, o programa deste ano é o seguinte:
Do 19 ao 27 de agosto | Novena
Misas todos os días ás 8:30, 19:00, 20:00 e 21:00 h
Rosario ás 19:30 e 21:30 h
Procesión de velas.
SÁBADO , 22 de agosto
18:00 h – Misa do Neno.
XOVES, 27 de agosto
21:30 h – Procesión dos Cirios.
A continuación, verbena coa Charanga BB+.
VENRES, 28 de agosto – Día da Virxe dos Milagres
Misas desde as 8:00 h (a das 11:00 h será en galego).
13:00 h – Misa Solemne.
Gran Foguetada.
Procesión e vermú coa Banda de Música Cultural da Estrada.
Tardeo: concerto de Cantos da Terra.
Misas ás 19:00, 20:00 e 21:00 h.
Gran verbena coa orquestra Escaparate e Will Discómovil.
SÁBADO , 29 de agosto – Día da Nosa Señora da Piedade
12:00 h – Misa Solemne.
A continuación, vermú coa Fanfarria Furruxa.
Inchables gratis para os máis cativos.
22:30 h – Verbena co grupo M.5 Galicia.






































