A Xunta de Galicia, a través da Axencia de
Infraestruturas de Galicia, está acometendo labores de mantemento, conservación e
mellora da seguridade viaria na PO-841, infraestrutura que une A Estrada con Santiago.
Ademais de mellorar a capa de rodaxe, de aplicar slurry (un produto asfáltico que se
dispensa na capa superficial para gañar adherencia), e de renovar a sinalización
horizontal mediante tarefas de pintado, hoxe tamén se traballou nas diferentes
rotondas que a PO-841 presenta no casco urbano estradense.
MELLORA DAS ROTONDAS DA PO-841 NO CASCO URBANO DA ESTRADA
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.







































