O alcalde da Estrada desprazouse esta mañá ata a Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) para visitar aos participantes nunha concentración internacional de loitas olímpicas.

O alcalde da Estrada desprazouse esta mañá ata a Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) para visitar aos participantes nunha concentración internacional de loitas olímpicas.
Na actividade, promovida pola Federación Galega de Loita, participan deportistas de distintos países, que están aloxados na Agasp dende o pasado 1 de agosto e ata este venres.
Ademais de empregar as instalacións desta academia para os seus adestramentos teñen ao seu dispor as instalacións deportivas municipais.
Louzao puxo o acento en que esta concentración permite darlle visibilidade a deportes menos mediáticos, como é a loita, con concentracións intensivas neste formato. «Fala moi ben do traballo da Federación de Loita e do potencial dos numerosos/as loitadores/as galegos aquí presentes», sinalou o dirixente.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.