O CONCELLO DESTINA 150.000 EUROS PARA ASFALTADOS EN RÚAS DAVILA E VÍAS MUNICIPAIS NA PERIFERIA DO CASCO URBANO

Son máis dunha decena de intervencións, seis delas por importe de
100.000 euros para mellorar o estado de outras tantas rúas da
capitalidade estradense.

O goberno estradense deu a coñecer hoxe a relación
de obras previstas no marco do novo plan de asfaltados de vías de titularidade municipal
para este 2026, concretamente no referente ás actuacións programadas no casco
urbano e a súa periferia. O alcalde, Gonzalo Louzao, precisou que para mellorar o
pavimento de diversas rúas da vila e de estradas próximas á capitalidade resérvanse
150.000 euros.
Desta partida, 100.000 euros están concentrados no ámbito urbano propiamente dito.
Concretamente, nesta fase de actuación están previstas as melloras do pavimento nas
seguintes rúas:
• Rúa Antón Losada Diéguez, con obras nos lombos de burro presentes nas
inmediacións do colexio NS Lourdes.
• Rúa da Cultura.
• Avenida Fernando Conde (por tramos).
• Travesía de Fernando Conde.
• Rúa Decoita.
• Segunda Travesía de Leicures.
Xa na periferia do casco urbano, na que sería a parte rural da parroquia de San Paio da
Estrada, están programadas outras obras de pavimentación para mellorar o estado dun
total de cinco infraestruturas. Neste caso, as vías serían as que seguen:
• Vilar.
• Acceso ao Recreo Cultural da Estrada.

• Camiño de Penerada-Ouzande.
• Camiño dos Ramos.
• O Pedregal.
O Concello da Estrada vén de completar esta semana unha ampla batería de obras do
plan de asfaltados no rural, cun investimento superior aos dous millóns de euros que
permitiu mellorar 75 vías municipais de 33 parroquias durante o último ano.
As obras anunciadas hoxe forman parte dunha nova programación, que para o ámbito
rural se dará a coñecer completa nos vindeiros días e que incrementará o investimento
de 2025.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.