A limpeza integral na Praza da Inmaculada da Estrada
avanza a bo ritmo, logo de teren arrancado este mércores. Despois dos traballos que se
efectuaron na parte frontal, esta mañá a limpeza continuaba por un dos laterais do
templo parroquial de San Paio.
Esta intervención, que se realiza con máquinas hidrolavadoras e que se prolongará aínda
un par de días, acompasarase coa fase final dos traballos de limpeza e restauración da
estatua realizada polo célebre escultor Francisco Asorey para este enclave estradense
no ano 1956. O Concello asume a limpeza da praza e as obras de restauración da imaxe
son sufragadas pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.
A LIMPEZA DA PRAZA DA INMACULADA AVANZA A BO RITMO
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.




































