A casa consistorial acolleu esta mañá a presentación da primeira edición da Andaina Solidaria polo Camiño da Santa Paterna, que se celebrará o DOMINGO 18 DE OUTUBRO.
Todo o recadado será destinado integramente á Asociación Española Contra o Cancro (AECC).
Trátase dunha iniciativa organizada no marco das Festas de Santa Paterna – Arnois 2026, que une deporte, natureza, patrimonio e solidariedade.
A andaina terá un percorrido de 5 quilómetros, de dificultade media-baixa, polo contorno de Santa Paterna, coincidindo coa presentación da nova variante do Camiño de Santiago de Santa Paterna. 

638 52 06 62 | 656 97 69 58
Ademais, haberá autobús ás 09:30 h desde o campo da festa ata o punto de saída. 
Unha mañá para camiñar, descubrir o noso patrimonio e contorno natural e, sobre todo, sumar pasos contra o cancro.





































