O CAMIÑO E O TURISMO PEREGRINO APORTAN XA O 27,8% DAS VISITASÁ OFICINA DE TURISMO INSTALADA NA CASA DAS LETRAS

 O servizo do casco urbano pecha as súas portas tras asesorar a 708
persoas, pertencentes a 303 grupos de visitantes.
 Sete de cada dez visitantes que chegaron á Estrada fixérono nos meses
de xullo e agosto.
 Galicia aportou o 36,2% dos visitantes e Portugal revélase como o
principal mercado estranxeiro e a segunda procedencia en termos
absolutos.
 A maioría dos visitantes atendidos non coñecía previamente A Estrada,
un resultado que reforza a función da oficina como punto dende o que
descubrir, orientar e difundir os recursos turísticos destas terras

O departamento municipal de Turismo ofreceu hoxe
un informe estatístico da actividade realizada pola Oficina de Turismo instalada na Casa
das Letras e que pechou as súas portas esta mesma semana. O balance asegura que a
tempada amosa un volume significativo de atención e un perfil turístico variado, no que
predomina un visitante de entre 36 e 59 anos, que realiza unha estancia curta e que se
interesa de xeito especial polo Camiño de Santiago, o ocio e a cultura. A atención ao
medio de transporte empregado para visitar o municipio pon de relevo a importancia
que está collendo o Camiño e o turismo peregrino, xa que o 27,8% das persoas atendidas
nesta oficina chegaron a ela a pé.
Este servizo de atención no casco urbano (que ve respaldada a súa función de
orientación turística na tempada alta co punto de información instalado no Pazo de Oca)
atendeu 708 persoas pertencentes a 303 grupos. Xullo e agosto concentraron o 69% da
afluencia ou, o que vén ser o mesmo, sete de cada dez visitantes que chegan á Estrada
fano nestes dous meses do verán.
Galicia aportou o 36,2% dos visitantes e Portugal revélase como o principal mercado
estranxeiro e a segunda procedencia en termos absolutos. A variedade territorial
confirma, ademais, que esta oficina localizada na Casa das Letras (moi próxima ao
consistorio estradense) atende tanto demanda de proximidade como turismo nacional
e internacional.
Afondando na procedencia, as provincias máis representadas foron Pontevedra, A
Coruña, Madrid, Valencia e Barcelona. Entre as cidades destacan Valencia, Madrid,
Pontevedra, O Rosal, Vigo, Barcelona e Santiago.
Camiño
Do balance de actividade desta Oficina de Turismo despréndese que o Camiño de
Santiago se ten convertido no principal motivo da visita, seguido do ocio e do interese
cultural. Entre as motivacións de aqueles que visitan A Estrada ocupan tamén un lugar
destacado o sendeirismo, as festas ou eventos, a natureza ou o enoturismo.
Segundo o informe, a maioría dos visitantes atendidos non coñecía previamente A
Estrada, un resultado que reforza a función da oficina como punto dende o que
descubrir, orientar e difundir os recursos turísticos destas terras.
Atendendo á modalidade do aloxamento dos usuarios deste servizo, A Estrada
concentra máis da metade do aloxamentos rexistrados, seguido de Santiago de
Compostela. De igual xeito, a oficina atendeu numerosos visitantes aloxados fóra do
municipio que incorpora A Estrada nunha ruta máis ampla por Galicia.
Ademais, un 25% dos visitantes estiveron aloxados en casa propia, o que reflicte o peso
da segunda residencia e os vínculos persoais co municipio. O 16,8% escolleron aloxarse
en hostais ou pensións; un 14,4% estiveron en albergues e 12,14% elixiron casas de
turismo rural.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.