Na Estrada, ás 16:26 horas do once de decembro de dous mil dezasete, na Sala de Xuntas da Casa do Concello da Estrada, reúnense os membros do xurado para escoller o texto gañador da VI edición do Premio de Dramaturxia «Manuel Daniel Varela Buxán», cos compoñentes que de seguido se relacionan:
- Dona Ana Carreira Varela
- Santiago Cortegoso Calvar
- Eduardo Alonso Rodríguez
Unha vez lidos os orixinais presentados, e de analizalos conxuntamente, o xurado acordou, por unanimidade, conceder o VI Premio de Textos Teatrais Manuel Daniel Varela Buxán á obra presentada baixo o lema “Óptimo Máximo”. Unha vez aberta a plica, o lema correspóndese coa obra “Pallaso” da autoría de D. Fernando Castro Paredes.
O xurado destacou deste texto a súa construción dramatúrxica rigorosa e coherente, e a súa viabilidade escénica.
Asemade; a aposta por un humor negro e absurdo cargado de dramatismo e ironía que debulla a realidade social.
E non sendo outro o obxecto desta reunión, dáse por finalizada sendo as dezasete e cinco minutos cos membros, lugar e data arriba indicados. Asinan comigo, todos os asistentes ao pé da presente acta, da que eu como secretario dou fe.







































