ANDAINA SOLIDARIA POLO CAMIÑO DA SANTA PATERNA

A casa consistorial acolleu esta mañá a presentación da primeira edición da Andaina Solidaria polo Camiño da Santa Paterna, que se celebrará o DOMINGO 18 DE OUTUBRO.
Todo o recadado será destinado integramente á Asociación Española Contra o Cancro (AECC).
Trátase dunha iniciativa organizada no marco das Festas de Santa Paterna – Arnois 2026, que une deporte, natureza, patrimonio e solidariedade.
A andaina terá un percorrido de 5 quilómetros, de dificultade media-baixa, polo contorno de Santa Paterna, coincidindo coa presentación da nova variante do Camiño de Santiago de Santa Paterna. 🥾🌿
📅 Domingo, 18 de outubro
🕘 Saída: 09:00 h
📍 Campo da Festa de Santa Paterna
🥾 5 km | Dificultade media-baixa
🎽 Inscrición + camiseta: 7 €
📲 Inscricións por WhatsApp:
638 52 06 62 | 656 97 69 58
Ademais, haberá autobús ás 09:30 h desde o campo da festa ata o punto de saída. 🚌
Unha mañá para camiñar, descubrir o noso patrimonio e contorno natural e, sobre todo, sumar pasos contra o cancro.
👉 Anímate a participar e ven camiñar por unha boa causa!

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.