Archivo del Autor: A Estrada na Rede

Tequexetéldere pon en marcha de novo as clases de baile galego nos institutos

Tal e como fixeron o ano pasado, Tequexetéldere, o Concello e os tres seminarios de Educación Física dos Institutos de Ensino Secundario da Estrada levan a cabo un proxecto de introdución ao baile galego. Imaxes da foliada de fin de curso do ano pasado na Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada. Proxecto talleres baile galego institutos A Estrada.  1. Introducción. Con este proxecto … Sigue leyendo →

Publicado en Educación e Sociedade, Portada | Deja un comentario

Os socialistas estradenses tamén critican a consignación de 5.000 € para a Variante

A consignación de 5.000 euros no PGE 2014 supoñen para A Estrada outra labazada do PP. Dende que chegaron ao Goberno a Variante da N-640 ao seu paso pola vila caeu no esquecemento. Esto ven a demostrar unha vez máis que o PP minte reiteredamente. Todos lembramos á hoxe ministra de Fomento Ana Pastor acompañando na Estrada ao actual alcalde López Campos e exixindo ao anterior Goberno do Estado maior celeridade na execución deste proxecto, calificándoa de débeda histórica cos veciños da Estrada e comprometéndose a traballar para a súa consecución. Pois ben, dende que a Sra. Pastor é a ministra responsable de infraestruturas … Sigue leyendo →

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

Este mércores comeza o curso de Comunicación nos Servizos Xerais Administrativo

Este mércores dará comezo o curso de Comunicación nos Servizos Xerais Administrativo, actividade gratuita con diploma acreditativo de formación de 90 horas. A formación práctica-teórica baséase no proceso da comunicación (oral, expresiva, escrita), a comunicación interna dunha empresa, emprego das … Sigue leyendo →

Publicado en Emprego e Formación, Portada | Deja un comentario

A Plataforma de Emigrantes Retornados de A Estrada pedirá no pleno deste xoves a implicación do alcalde

Este xoves buscaremos no pleno da Estrada unha implicación seria e decidida do alcalde para solucionar esta inxustiza. Logo das palabras do Ministro de Facenda, Cristóbal Montoro, a Plataforma de Emigrantes Retornados da Estrada somos moi pesimistas sobre os problemas que está a ter o noso colectivo de afectados por unha lei que se nos aplica retroactivamente e sen que antes mediara campaña de información algunha para o colectivo de emigrantes retornados. O goberno central de Mariano Rajoy trátanos como se foramos defraudadores, aplicándonos multas abusivas e inxustas, cando non hai moitos … Sigue leyendo →

Publicado en Educación e Sociedade, Portada | Deja un comentario

O BNG ve unha burla e un insulto do PP 5.000 € para a Variante

Os orzamentos que o Estado Central adicará á Estrada en 2014, son absolutamente incualificábeis; 5.000 euros para a Variante son unha nova burla e un insulto e demostra que o Sr. López é un cero á esquerda dentro do Partido Popular ao ser incapaz de conseguir executar unha Variante, que é absolutamente necesaria. Con este novo ninguneo e co seu silencio cómplice demostra que López non pinta nada, demostra que non é un alcalde da Estrada que pelexa polo seu concello, senón que é un alcalde do PP que se prega aos caprichos e aos deseños que fai Madrid para A Estrada e para Galiza. Malia esta burla do PP á Estrada non agardamos milagres por parte deste partido. Nin sequera agardamos que o alcalde e os deputados que del dependen presenten emenda algunha para que a execución da Variante sexa unha realidade, xa que nunca o fan cando gobernan en Madrid, pregándose así ás necesidades orzamentarias do Ministerio que dirixe Ana Pastor. Por outra parte, e para mostra de que con este alcalde do PP A estrada está ninguneada nos … Sigue leyendo →

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

O Festival de Títeres Galicreques chega á Estrada

A Estrada será o primeiro concello da provincia de Pontevedra en acceder ás representacións do Festival de Títeres Galicreques. Ata agora este festival sólo se desenrolaba en Santiago e en outros concellos da Mariña coruñesa. As representacións teñen dous formatos, … Sigue leyendo →

Publicado en Cultura, Portada | Deja un comentario

A Feira do Moble recaudou 300€ para Cáritas e a Peña Bikestrada doalle 100 quilogramos de froita

Finalizada a Feira do Moble de Galicia a presidenta da Fundación, Dona Mercedes Cuíña, facía entrega ao Director de Cáritas Parroquial de A Estrada, Don José Manuel Vázquez, da recadación efectuada durante as xornadas da Feira, en total arredor de … Sigue leyendo →

Publicado en Asociacións, Educación e Sociedade, Portada, XXVII Feira do Moble de Galicia | Deja un comentario