Archivo del Autor: A Estrada na Rede
A Plataforma de Emigrantes Retornados volverá reunirse para estudar os seguintes pasos a seguir
Logo do pleno do pasado xoves, onde a Plataforma de Emigrantes Retornados da Estrada, expresou as súas inquietudes sobre os problemas que afectan a este colectivo, queremos manifestar que o luns 7 de outubro, ás 20,30h, na sala de exposicións de Caixa Nova da Estrada, temos prevista unha reunión con todos os afectados para analizar os seguintes pasos que tomaremos para conseguir os nosos obxectivos, que motivaron a constitución desta plataforma de afectados. Neste sentido, na propia reunión analizaremos as últimas declaracións do alcalde a respecto dunha oficina de asesoramento. Por outra parte, constituiremos unha comisión da Plataforma para reunirse co rexedor municipal ao que lle trasladaremos as nosas propias peticións, que serán moi concretas e claras para dar solución aos nosos problemas, á inxustiza que nos somete a axencia tributaria española. Na mesma reunión tamén daremos conta aos afectados da constitución da coordinadora galega de emigrantes retornados, que aglutina a todas as plataformas galegas de … Sigue leyendo
Os socialistas depuncian que os Orzamentos xerais do estado 2014, "son as contas do engano, a estafa e a manipulación de datos", Guillermo Meijón, Deputado do PSOE
“Son uns orzamentos socialmente inxustos, que debilitan a comarca, mentres os Alcaldes do PP calan e consenten”, Paula Fernández Pena, Senadora do PSOE Membros da executiva e do grupo municipal socialista da Estrada e representantes dos grupos municipais da comarca … Sigue leyendo
Este sábado dobre sesión de teatro infantil
Mañá sábado ás 12.30 h dará comezo o novo ciclo de teatro infantil COLORÍN COLORADO organizado polo Departamento de Cultura do Concello da Estrada. O ciclo comezará coa estrea da obra de títeres O PRÍNCIPE E O PARRULO de EME 2 Producións, unha coprodución entre a compañía compostelá e a compañía vasca GORAKADA TEATRO que terá unha duración aproximada de 50 minutos e un aforo limitado a 100 espectadores. O prezo da entrada será de 3,00 €. Xa pola tarde, terá lugar o pase da obra DONDE ESTÁ MARCADA LA X unha peza escrita polo Novel estadounidense Eugene O Neill e escenificada … Sigue leyendo
Esta noite, "Noite de Compras"
Sólo quedan unhas horas para que comeza a Noite de Compras en A Estrada. ¡Esperámosvos!
O primeiro espectáculo de títeres do Festival Galicreques fascina aos máis cativos
Esta mañá abriuse o Festival Galicreques coa interpretación de «Caperucita Roja» a cargo da compañía murciana «Los Claveles». Nesta modalidade de campaña escolar os máis pequenos do Colexio Pérez Viondi encheron de risas o Museo do Moble e da Madeira, … Sigue leyendo
"O Príncipe e o Parrulo" abren un novo Ciclo Colorín Colorado
Este sábado ás 12:30 dará comezo o ciclo Colorín Colorado de Nadal destinado aos máis cativos. Nesta ocasión será a compañía EME2 coa representación de “O Príncipe e o Parrulo” os encargados de abrir o pano. A representación vai dirixida … Sigue leyendo
Integrantes de Protección Civil realizan un curso de utilización de maquinaria forestal
Na xornada de onte integrantes de Protección Civil realizaron un curso para a correcta utilización de maquinaria forestal como motoserras. A actividade tivo unha primeira parte teórica nas instalacións sita no edificio de usos múltiples e unha segunda parte práctica … Sigue leyendo



































