A ESTRADA NO FORO DE VIVENDA

O alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, foi convidado este mediodía a participar no Foro da Vivenda «Horizonte Fogar Digno», celebrado no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro e organizado conxuntamente polo Concello de Ames e La Voz de Galicia.

Logo da intervención do alcalde de Ames, Blas García, o rexedor estradense participou na mesa redonda, conducida pola xornalista María Meizoso, xunto a Jacobo Hortas (responsable xurídico EMVSA e representante Concello da Coruña) e María José Caride (en representación da FEGAMP e Concello de Vigo).

Louzao Dono puxo o foco en que a vivenda é, xunto coa mellora das comunicacións e o solo industrial, un dos eixos estratéxicos para o futuro da Estrada, aínda cando excede as competencias municipais. 

Recalcou que o sector público e privado teñen que ir da man e que a xestión do goberno local xa posibilitou que a Xunta promovese a construción de 28 novas vivendas de promoción pública.

O rexedor sinalou que o contexto urbanístico local non foi o máis favorecedor para a mobilizacion de parcelas destinadas a construir vivenda pública porque o Plan Xeral da Estrada é relativamente novo e o seu dilatado proceso de aprobación coincidiu, ademais, coa crise da construción.

Confía en que esta primera fase de acción pública funcione como cabeza tractora e sirva para atraer investimento privado, agardando tamén que esa «A Estrada de oportunidades que se abrirá coa autovía e o polígono» fixe e atraia poboación.

Por outra banda, Gonzalo Louzao referiuse tamén ás 3.000 vivendas baleiras nun parque municipal de máis de 12.000. Asumiu que o programa municipal de mobilización desta vivenda detectou  reticencia e falta de confianza dos prioritarios, algo indicativo de que os incentivos non están abondando para superar esa falta de confianza no proceso de arrendamento.

O foro pechouse coa intervención do delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A SECTORIZACIÓN DA REDE PERMITE A DETECCIÓN TEMPERÁ DUNHAFUGA NA ZONA DEPORTIVA, QUE PECHA TEMPORALMENTE O VASO GRANDE DAS PISCINAS MUNICIPAIS

 A creación de sectores na rede de abastecemento do casco urbano
permitiu detectar a primeira hora desta mañá un consumo anómalo de
auga nesta contorna, facilitando unha rápida intervención.
 O Concello iniciou de inmediato o rastrexo das conducións para
localizar a orixe da fuga e resolver a incidencia coa maior rapidez
posible.
 Por motivos de seguridade, o vaso grande permanecerá pechado mentres
duren os traballos, podendo empregarse con normalidade as piscinas
mediana e pequena.
 O acceso ao complexo será gratuíto durante esta incidencia.
 As novas comportas da praia fluvial de Liñares xa chegaron e arranca
a instalación para recuperar o nivel de baño cara a fin de semana.

A recente sectorización da rede municipal de
abastecemento permitiu detectar a primeira hora desta mañá un consumo anómalo de
auga na Zona Deportiva, circunstancia que levou ao Concello da Estrada a activar de
inmediato o protocolo de comprobación das conducións para localizar a orixe dunha
fuga. Mentres se desenvolven estes traballos e por razóns de seguridade, permanecerá
temporalmente pechado ao público o vaso de maior tamaño do complexo municipal de
piscinas.
Dende primeira hora da mañá o persoal municipal está a realizar o rastrexo da rede de
abastecemento para determinar o punto exacto no que se está producindo a perda de
auga. A presenza de maquinaria e dos traballos necesarios para a inspección fan
recomendable limitar provisionalmente o uso das instalacións ás piscinas mediana e
pequena, co fin de garantir a seguridade das persoas usuarias.
Co obxectivo de minimizar as molestias ocasionadas, o Concello acordou que o acceso
ao complexo municipal sexa gratuíto mentres permaneza pechado o vaso grande. A
previsión pasa por localizar a incidencia e acometer a súa reparación coa maior rapidez
posible para recuperar o funcionamento habitual das instalacións.

O goberno local lamenta as molestias que esta situación poida ocasionar nun momento
de elevadas temperaturas e desfrute do período vacacional, pero considera prioritario
actuar con celeridade para evitar unha perda continuada de auga, máis aínda no actual
contexto de calor e da necesaria xestión responsable dos recursos hídricos.
Comportas
Paralelamente, as novas comportas da praia fluvial de Porta Pousada, no curso do
Liñares, chegaron xa ás instalacións e durante a xornada deste luns iniciáronse xa os
traballos previos á súa colocación. Se a evolución dos traballos é a prevista, o encoro da
auga permitirá recuperar o nivel habitual para o baño de cara á vindeira fin de semana.
Ademais, nas próximas horas tamén se incorporará nova area á zona de praia, que está
aberta ao público e conta con servizo de socorrismo, aínda cando os niveis da auga non
sexan nestes primeiros días da tempada os habituais. Cando se pechen as comportas a
situación quedará normalizada.

Publicado en Portada | Deja un comentario

GALERÍA RAPA DAS BESTAS 2026

Publicado en Portada | Deja un comentario

GALERÍA do primeiro día deste San Paio 2026.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O CONCELLO CONTRATA AS COMPORTAS PARA A PRAIA FLUVIAL, COAPREVISIÓN DE QUE ESTEAN A PLENO FUNCIONAMENTO O 6 DE XULLO

 A obra consistirá nunha reposición do sistema que había ata o de agora,
despois de observar que era o máis fiable e recomendable para encorar
a auga e elevar neste punto o nivel do río.

O Concello da Estrada ten xa contratadas as novas
comportas para a praia fluvial de Porta Pousada, no río Liñares, elementos que terán
que substituír aos que resultaron seriamente danados polas fortes crecidas e temporais
do último inverno.
O proceso para a contratación foi o máis áxil posible, despois de que o Concello recibise
os informes preceptivos de Patrimonio Natural e Augas de Galicia para poder proceder
á colocación das novas comportas, que se instalarán exactamente no lugar das
anteriores. Asumirá este cometido a firma Ingenia Domo Madera S.L.
O concelleiro de Servizos Municipais, Óscar Durán, explicou que o sistema dos novos
elementos será idéntico ao anterior. “Será unha reposición. Analizouse o que había y
chegouse á conclusión de que é o sistema máis fiable e recomendable”, apuntou o edil.
“Estiveron funcionando perfectamente durante moitos anos”, engadiu.
O cometido destas comportas é encorar a auga para que o nivel do Liñares suba o
suficiente como para permitir o baño nesta praia fluvial. As previsións que se barallan,
segundo compartiu Durán, pasan por que os traballos de instalación poidan empezar a
comezos da vindeira semana, de xeito que contra a fin de semana quede completada a
instalación. Contando co tempo que tardaría en acumularse a auga, o previsible é que
para o 6 de xullo poida gozarse do baño nesta praia cos niveis habituais.
Coa chegada da primavera, o persoal municipal realizou en Liñares a correspondente
revisión das instalacións ao obxecto de efectuar as tarefas de mantemento necesarias
para abrir o recinto ao público. Así, a finais de marzo, puido verse ao baixar o nivel do
río a gran cantidade de troncos, pólas e vexetación que a forza da auga e as enchentes
arrastraron durante os temporais do inverno. Ese material estivo batendo contra a
estrutura de madeira das comportas, facendo presión contra elas pola propia acción da
auga e das correntes. As pólas ocasionaron a rotura de ancoraxes e rodamentos. Deuse
traslado da necesidade de substitución ás autoridades oportunas e o Concello remitiu,

despois, o proxecto requirido, obtendo o último dos informes preceptivos hai unha
semana.
A praia fluvial abriuse o martes á tempada estival, contando xa con servizo de socorrista
e co certificado da boa calidade das augas. En poucos días, coa reposición das
comportas, o nivel do río será o habitual para o baño.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O CONCELLO CELEBRA O ACORDO ENTRE GESECO E OS SEUSTRABALLADORES QUE PERMITE DESCONVOCAR A FOLGA NARECOLLIDA DE RESIDUOS

 Foi ratificado este mediodía polos operarios en asemblea. O acordo ten
unha vixencia de dous anos.
 O Concello agradece o esforzo de empresa e traballadores e
congratúlase por teren tendido pontes, de xeito testemuñal e como
axente externo afectado, para o diálogo necesario.

O Concello da Estrada celebra o acordo alcanzado entre
a empresa que presta no municipio o servizo de recollida de residuos, Geseco, e os seus
traballadores, un entendemento que permite desconvocar a folga prevista entre o 25 e
o 28 de xuño, coincidindo coas Festas de San Paio. O preacordo, ao que se chegou a
última hora deste luns, foi ratificado este mediodía.
O concelleiro de Servizos Municipais, Óscar Durán, expresou a súa satisfacción polo
resultado das negociacións e agradeceu publicamente “a boa comunicación e o esforzo
realizado tanto pola representación sindical como pola empresa para chegar a un punto
de encontro que garante a continuidade dun servizo esencial”.
Durán lembrou que, aínda que o Concello non forma parte da negociación laboral —ao
tratarse dun proceso entre empresa e traballadores—, quixo actuar “como axente
externo pero directamente afectado pola prestación do servizo”, tendo en conta que se
trata dunha prestación básica para a cidadanía.
Deste xeito, nas últimas semanas, o Concello mantivo reunións tanto coa empresa como
cos traballadores e representantes sindicais, co único obxectivo de tender pontes para
un diálogo que contribuíse a facilitar o entendemento entre as partes. O edil subliñou
que esta participación foi “testemuñal, pero útil para axudar a crear o clima necesario
para o entendemento”.
O acordo alcanzado terá unha vixencia de dous anos, 2026 e 2027, o que permitirá dar
estabilidade ao servizo mentres o Concello continúa avanzando na licitación do servizo.
Neste sentido, Durán lembrou que os novos pregos para a futura licitación están xa

elaborados e que as ordenanzas vinculadas ao servizo están en fase de redacción, coa
vista posta no novo escenario previsto para 2027.
Reunións periódicas
O concelleiro informou de que se decidiu manter manter coa empresa reunións
periódicas de seguimento, co fin de anticipar posibles necesidades, melloras ou
incidencias que poidan xurdir na prestación do servizo. O Concello valora moi
positivamente esta vía de interlocución estable, que “redunda directamente na mellora
da calidade do servizo que recibe a veciñanza”.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A PRAZA DE GALICIA INCORPORA O DOMINGO A ESCULTURA DAFAMILIA CASTELAO-PEREIRA NUNHA DATA SIMBÓLICA

 A elección do día e do lugar non é casual: este domingo cumpriranse 70
anos dende que o propio Castelao ofreceu neste mesmo emprazamento
estradense un discurso histórico.
 Cun peso de 250 quilogramos, está fundida en bronce, cun tamaño de
dous metros. Quedará colocada, no marco do Ano Cultural Virxinia
Pereira, a carón da fonte.
 Tamén se instalará, gravada sobre un mapa de Galicia, a “Carta aos
estradenses”, que o insignie galeguista escribiu na revista “Unión
Estradense”.

A Estrada estreará o domingo a escultura que reunirá
á familia Castelao Pereira e que quedará instalada na Praza de Galicia, a escasa distancia
da fonte pública que se recuperou para este espazo.
A elección da data e do lugar non é casual. Ademais de coincidir coa celebración das
festas patronais de San Paio e de seren moi recente a reforma da Praza de Galicia, este
domingo cumpriranse 70 anos dende que o propio Castelao ofreceu neste mesmo
emprazamento estradense un discurso histórico. No momento da súa intervención,
aquel domingo 28 de xuño de 1936 unha avioneta sobrevoou este lugar da Estrada
esparexendo pasquíns a prol da autonomía galega.
Ademais, a actualmente denominada Praza de Galicia (designación moi axeitada cando
se fala desta parella) foi un espazo moi importante para o matrimonio que conformaron
a estradense Virxinia Pereira Renda e o rianxeiro Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Por
este praza pasearon moitas veces e tamén foi a referencia espacial do seu casamento. E
é que Virxinia e Castelao contraeron nupcias o 19 de outubro de 1912 na antiga igrexa
de San Paio, que estaba moi preto de onde se colocará a estatua, e festexaron a súa
voda na antiga sede do Casino, emprazada no edificio coroado por unha cúpula que
moitos estradenses recoñecerán como a Casa do Capón ou o Edificio do Escobeiro.
Tamén a “Carta aos estradenses”
Tamén aquí se atopaba a fonte á que Castelao se refire na súa “Carta aos Estradenses”,
publicada en 1941 na revista “Unión Estradense”. «Apaguei a miña sede na fonte da

praza, onde correo a i-auga mellor do mundo», di o autor. De feito, a carón da escultura
colocarase unha reprodución desta misiva ao pobo da Estrada.
E escultura foi elaborada por Acisclo Novo. Cun peso de 250 quilogramos, está fundida
en bronce, cun tamaño de dous metros. Deste xeito, a peza recolle á familia a tamaño
natural, coma tres paseantes máis nesta zona hoxe peonil. O fillo de Virxinia e Castelao,
Alfonso Xesús, ocupa o lugar central da composición, que se instalará sobre unha
pequena peaña que realza e protexe a escultura.
Para a colocación desta escultura o Concello da Estrada, que quixo enmarcar esta
homenaxe no Ano Cultural Virxinia Pereira, contará coa colaboración económica da
Consellería de Cultura, a través da súa Secretaría Xeral da Lingua.
A “Carta aos estradenses” vai incorporada sobre un mapa de Galicia tamén elaborado
en bronce e colocado nun plano elevado de pedra que funciona a xeito de atril.
A inauguración destas dúas pezas realizarase ás 13.30 horas do domingo, na contorna
da fonte da Praza de Galicia.

Publicado en Portada | Deja un comentario