O Concello da Estrada presenta a súanova web con novas funcionalidades e estética renovada

 O alcalde, José López, e o edil, Manuel Magariños, presentaron esta
mañá o novo portal web municipal, desenrolado por persoal do
Concello, Aestradadixital e as empresas locais Monster e Dual
Webmedia.
 A nova web presenta unha xestión máis clara e unha maior
organización dos contidos, ademais dunha estética máis moderna
elaborada en base a elementos representativos da Estrada.

O Concello da Estrada presentou esta
mañá a súa nova web municipal, cunha estética renovada e unha maior
organización dos contidos para facilitar a navegación.
O alcalde, José López Campos, e o concelleiro de Novas Tecnoloxías,
Conectividade e Reto Demográfico, Manuel Magariños, foron os responsables
de presentar esta mañá na sala de xuntas do Concello o novo portal en liña,
desenrolado íntegramente por persoal do Concello e de Aestradadixital coa
colaboración das empresas locais Monster, responsables da parte gráfica, e de
Dual Webmedia, encargada de adaptar o deseño a formato web en modo de
plantillas.
Os obxectivos de cara os cidadáns da nova páxina son ofrecer unha xestión
mais clara e unha maior organización dos contidos. Tamén se busca unha
estética máis moderna e actual, que integra as cores da bandeira municipal e
lugares representativos do concello.
Ademais, a páxina web que cumpre cos estándares de accesibilidade, sendo
responsive, é dicir, compatible con todo tipo de dispositivos móbiles como
tablets, teléfonos ou portátiles.
Outras das principais novidades é a integración dunha Axenda Cultural que
facilita a difusión dos eventos que se desenvolven no no Concello,
incorporando un calendario para o seu seguimento.
A nivel técnico, mellórase o posicionamento en buscadores, provocando deste
xeito que sexa máis sinxelo atopar a web na rede. Ademais, tamén fai emprego
dun xestor de contidos, de software libre, que é punteiro a nivel tecnolóxico na

actualidade, e permite unha actualización e reorganización de contidos
anteriores e actuais.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Román Rodríguez destaca o incremento do 26% na matrícula da FP dual este curso, visitando as obras no centro IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez en A Estrada

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, visitou hoxe o Instituto IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez, que contará o ano que vén cun novo edificio de talleres para o alumnado dos ciclos de Madeira a través dun investimento de 3M€ por parte da Xunta de Galicia. “Unha acción que supón unha nova aposta do Goberno galego pola Formación Profesional, unhas ensinanzas que acadaron este curso un novo récord histórico, con 64.570 matriculados, un 6% máis ca no 2022/23”, destacou.

“Este incremento –especificou– cuadriplicouse no caso da FP Dual que, con preto de 3.000 estudantes, rexistra un incremento do 26% no número de matriculados, o que dá conta do interese crecente por esta modalidade”, salientou Román Rodríguez.

O Instituto Antón Losada Diéguez conta, de feito, este ano cun proxecto neste sentido, co ciclo de Administración de sistemas informáticos en rede, que se imparte na modalidade dual en colaboración coa empresa Ozona Tecnologías de la Información cunha decena de matriculados. “A reedición deste proxecto de FP Dual, do que xa saíu a primeira promoción a remate do pasado curso, e a apertura dun grupo no máster de FP en Mantemento de vehículos híbridos e eléctricos (con 13 alumnos) son as principais novidades na oferta deste centro, que é un dos grandes referentes na FP na comarca”, destacou o conselleiro.

Primeiro trimestre de 2024

No que se refire ás obras de ampliación, Román Rodríguez lembrou que esta actuación dá resposta a unha necesidade do centro de contar cun espazo propio para o desenvolvemento dos ciclos de Madeira, Moble e Cortiza. O obxectivo é que o novo edificio de talleres estea rematado no primeiro trimestre do ano 2024. Neste momento está executada toda a planta semisoto, chan, teito e paredes.

A nova construción consta de dúas plantas e sitúase nunha das antigas pistas deportivas existentes, fronte ao edificio do ximnasio. A planta baixa está dotada cunha aula polivalente e unha técnica, vestiarios, o cuarto de limpeza e cuarto de instalacións e un almacén. O andar superior albergará a sala de profesores, un aseo, outro almacén e a área de talleres de carpintería e moble, mecanizado, montaxe, instalación e acabado. O taller contará cunha superficie útil total de 1.270 m².

Esta actuación súmase á reforma dos talleres para estes ciclos acometida no instituto Antón Losada Diéguez no ano 2020, que supuxo un investimento de máis de 220.000€. Enmárcase, ademais, no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, a folla de ruta coa que o Goberno galego está a modernizar os centros educativos e que ten entre os seus obxectivos principais o de acadar uns centros educativos preparados para afrontar os novos retos do ensino do século XXI.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O Concello da Estrada convoca a XXVIIIedición do Premio Xornalístico “Manuel Reimóndes Portela»

A presentación, celebrouse esta mañá na sala de xuntas da Casa
do Concello e contou coa presenza do concelleiro de Cultura, Juan
Constenla.

O Concello da Estrada vén de convocar a
XXVIII edición do Premio “Manuel Reimóndez Portela” para traballos
xornalísticos en galego.
Poden participar no concurso todos aqueles traballos ou serie de traballos
escritos en lingua galega e publicados en calquera medio de comunicación
antes do 31 de setembro de 2023. A data máxima de recepción dos traballos
será o 1 de novembro de 2023.
O xurado cualificador, que estará integrado por membros do Comité de
Seguimento do Premio, será o encargado de elixir o mellor traballo entre todos
os candidatos, que recibirá unha dotación económica de 1.000 euros.
O concelleiro de cultura Juan Constenla destacou “a importancia que teñen
este tipo de concursos para o recoñecemento da labor xornalística na nosa
lingua, destacando o papel dos Premios Manuel Reimóndez Portela, que
galardoan os mellores traballos desde hai xa case trinta anos”.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O dezaseis veces medallista paralímpico, Chano Rodríguez, impartirá unha charla no Teatro Principal o vindeiro Martes

O Teatro Principal da Estrada acollerá o vindeiro
 martes día 10 de outubro, a partir das 19:30 horas, unha charla do
deportista a cargo do nadador paralímpico Sebastián ‘Chano’ Rodríguez que
versará sobre a súa traxectoria deportiva e a súa historia de vida.
Rodríguez á o nadador con máis ouros da natación paralímpica española
sumando ao seu medalleiro particular dezaseis metais repartidos en 4 bronces,
4 pratas e 8 ouros.
Ademais, previamente a iniciar a súa carreira na natación practicou disciplinas
como o baloncesto en cadeira de rodas, militando nas filas do Club Amfiv.
O acto, que está aberto a toda a veciñanza e á comunidade deportiva, na cal
están incluídos pais, nais, titores legais, deportistas e directivos, é con aforo
limitado e entrada de balde e tanto as entidades como as persoas particulares
que desexen participar poderán anotarse tanto no departamento de Cultura
como no de Deportes.

Publicado en Portada | Deja un comentario

ACTUACIÓN LEO BASSI

Índa quedan entradas á venda para asistir ao espectáculo +70 do cómico italiano Leo Bassi. Un espectáculo onde fai un repaso aos máis de 50 anos sobre o escenario. As entradas poderán retirarse no departamento de Cultura do Concello da Estrada en horario de 9.00 a 14.00 ou no portelo do Teatro Principal da Estrada a partir das 20.30h da tarde. Por outra banda, sinalar que o luns día 9 comezaranse a despachar as entradas para o espectáculo Son no berce da compañía A cova das Letras, dirixido a cativos e cativas de 0 a 3 anos. Unha función que terá lugar o sábado 14 de outubro ás 12.30h no escenario do Teatro Principal.

 

—

Publicado en Portada | Deja un comentario

Diego Calvo reafirma o compromiso da Xunta na loita contra o narcotráfico nunha xornada sobre a materia celebrada na Academia Galega de Seguridade Pública

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado polo director xeral de Xustiza, José Tronchoni, e o alcalde de a Estrada José Lçopez Campos visitou hoxe a Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) con motivo da celebración da Xornada sobre narcotráfico, violencia e crime organizado. Situación actual en Europa, España e Galicia. O encontro organizado en colaboración coa Fundación Galga contra o Narcotráfico xunta preto de 250 profesionais das forzas e corpos de seguridade, do Ministerio Fiscal, a xudicatura e vixilancia aduaneira, entre outros, aos que Diego Calvo manifestou o compromiso do Goberno galego co seu labor.

 

O vicepresidente primeiro agradeceu a implicación do persoal destas áreas na loita contra uns delitos que supoñen ”unha gran preocupación social, un problema de seguridade de primeira orde e poñen en risco o benestar social”. Diego Calvo referiuse tamén ao apoio da Xunta á Fundación Galega contra o Narcotráfico a través dos convenios para o funcionamento do Servizo de Xestión de Bens Intervidos ao Narcotráfico ou para o desenvolvemento de actividades formativas e divulgativas como a de hoxe, entre outras medidas.

 
Publicado en Portada | Deja un comentario

A sinatura da acta de replanteo, darápaso ao inicio das obras de construcióndo novo edificio xudicial da Estrada

 Logo da concesión da licencia, hoxe tivo lugar a sinatura da acta de
replanteo previa ao inmediato inicio das obras na Baiuca, que terán
un prazo de execución de 11 meses.
 No acto estivo presente o alcalde, José López Campos, xunto co
vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes da
Xunta de Galicia, Diego Calvo.
 A intervención, valorada nun importe de 2.283.520 euros máis IVE,
suporá a unificación dos dous órganos xudiciais existentes na
actualidade nun único inmoble.

O novo edificio xudicial da Estrada está
cada vez máis preto de converterse unha realidade logo da sinatura da acta de
replanteo previa ao inminente comezo das obras para a edificación do inmoble,
as cales terán un prazo de execución de once meses.
A intervención, dotada cun orzamento de 2.283.250 euros, máis IVE, foi licitada
pola Xunta de Galicia no pasado mes de maio e permitirá dispor dunha
superficie útil de 1.445 metros cadrados que contará con dúas salas de vistas,
decanato, sala de videoconferencias e de informática, sala de atención ás
vítimas, rexistro civil, despacho e sala de espera para o Instituto de Medicina
Legal de Galicia, despacho para a Fiscalía e unha área para os profesionais da
avogacía e procuradores.
Deste xeito, a través desta histórica actuación, adecuada á futura Lei de
Eficiencia Organizativa e acorde ao cumprimento do Plan de Xustiza de 2030
promóvese un maior aproveitamento das funcionalidades da edificación e
unhas mellores condicións de accesibilidade e sustentabilidade.

A Baiuca segue a aumentar a súa oferta de edificios de servizo público
Coa edificación deste novo inmoble a zona da Baiuca consolídase como un dos
núcleos dos servizos públicos tanto no ámbito municipal como comarcal,
sumándose o novo edificio xudicial ao centro de saúde, unha instalación de
referencia no panorama nacional galardoada por seis ocasión co distintivo Best
in Class como o mellor centro de saúde de Atención Primaria de España, e a

escola infantil ‘A Baiuca’ que este ano volveu completar inscricións, sendo un
dos centros referentes na ensinanza local.

Publicado en Portada | Deja un comentario