I Encontro Internacional de Amigos e Socios do Centro Galego de Maracaibo-Venezuela.

O Concello da Estrada foi escenario hoxe do II Encontro Internacional de Amigos e Socios do Centro Galego de Maracaibo-Venezuela. Celebrouse hoxe no restaurante Samaná, co obxectivo principal de manter e reforzar os vínculos de amizade creados durante a permanencia en Venezuela. Participaron 120 persoas, mesmo algúns dos socios fundadores da institución. 

Tamén estivo presente o alcalde, José López Campos, e o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García Gómez.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Campionato de España e Galego de Enduro en A Estrada

O Concello da Estrada acolle esta fin de semana o Campionato de España e Galego de Enduro, que se clausurará mañá, domingo 17 de setembro. A cita reúne a uns 120 pilotos de toda Galicia e do resto de España, de idades que van desde os 18 ós 65 anos. 

Publicado en Portada | Deja un comentario

Lorenzana destaca na Estrada o efecto dinamizador da Feira do Moble

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, visitou esta mañá a 35ª edición da Feira do Moble de Galicia que se celebra ata o domingo na Estrada coa participación de ao redor de 50 expositores.

Lorenzana destacou o efecto dinamizador que este evento ten na economía da zona e subliñou que se trata dunha importante oportunidade tanto de negocio como para dar visibilidade a este sector estratéxico.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O goberno local presentará aspróximas obras de humanización daEstrada na Mesa de Mobilidade

O Concello celebrará hoxe, xoves 14 de
setembro, unha nova reunión da Mesa de Mobilidade. Con este encontro, o
goberno local buscará cumprir un dobre obxectivo: por un lado, presentarase o
documento base da axenda urbana da Estrada e, polo outro, daranse a
coñecer as obras que se levarán a cabo no municipio para mellorar a
mobilidade peonil, a seguridade e a accesibilidade.
Como avanza o concelleiro de Urbanismo, Gonzalo Louzao, presentaranse as
iniciativas e propostas de humanización e peonalización de praza Galicia (co
primeiro tramo de Don Nicolás) e o treito de Justo Martínez entre San Antón e
Calvo Sotelo. Durante a Mesa de Mobilidade explicarase, ademais, que
medidas e actuacións vinculadas a esta materia se van sufragar cos fondos
europeos.
O encontro contará coa participación dos concelleiros do goberno local, pero
tamén do resto de grupos da corporación municipal e con representantes de
diferentes asociacións e tamén persoal técnico.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O obradoiro de música modernaCarlos Barruso encara unha novaedición asinando un éxito en cifras de inscripcións

O obradoiro de música moderna Carlos
Barruso da Estrada encara unha nova edición asinando un auténtico éxito en
cifras de inscrición. O Teatro Principal acolleu, esta mañá, a presentación oficial
desta convocatoria, que correu a cargo de Juan Núñez e Manuel Castedo,
responsables do taller, así como de Ramón Bermejo, que se sumará ao equipo
docente como profesor de coro, e Rubén Servide, o director da big band.
As sesións lectivas comezarán o 2 de outubro. Como novidade, dada a elevada
afluencia de persoas inscritas, as clases dos luns dedicaranse a coro e os
mércores á big band. Máis aló da propia formación, esta prevista a realización
de varios concertos ao longo do curso: o primeiro terá lugar na época de Nadal
e o segundo coincidirá coa finalización do curso. Con todo, a maiores destes
recitais, na presentación avanzouse que se planea a realización de jam
sessions (encontro de improvisación musical) na rúa.
Ata o de agora, o coro conta cun total de 21 inscritos. En canto ao apartado de
big band, aínda quedan unhas poucas prazas dispoñibles. A matrícula para o
obradoiro continúa aberta na páxina web da Fundación Cultural da Estrada.
Este taller naceu da demanda do colectivo de músicos estradenses por acadar
unha formación en música moderna que dese continuidade ao traballo iniciado,
no 2009, polo mestre Carlos Barruso. O obxectivo é, precisamente, reivindicar
e manter o legado musical que Barruso deixou entre o seu alumnado.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Xunta resalta o papel da Feira do Moble de Galicia como escaparate de referencia do sector

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, e a directora xeral de Formación Profesional, Eugenia Pérez acompañados do tenente alcalde Juán Constenla e a coorporación Estradense, participaron esta mañá na inauguración da 35ª edición da Feira do Moble de Galicia, que se celebra na Estrada ata o domingo consolidada como o escaparate de referencia do sector, tanto para o público xeral como para os profesionais deste ámbito.

Durante as catro xornadas de duración da feira o horario de visita será de 11 a 20 horas. Ademais de mobles, hai exposición e venda de de complementos, artigos de decoración e outros equipamentos para o fogar nun amplo espazo de exposición distribuído en catro pavillóns

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Estrada acollerá o Campionato deEspaña e Galego de Enduro, reafirmando o seu papel como capital do deporte.

 O alcalde, José López Campos, presentou a proba xunto ao
secretario xeral para o Deporte da Xunta, José Ramón Lete Lasa, e
o presidente da Federación Galega de Motociclismo, José Canda
Rodríguez.
 A cita levarase a cabo entre o venres, 15 de setembro, e o domingo,
día 17.

A Estrada continúa sendo unha potencia
para o deporte galego. Así o confirmou, hoxe, o alcalde, José López Campos,
durante a presentación do Campionato de España e Galego de Enduro. O acto
correu a cargo do rexedor, así como do secretario xeral para o Deporte da
Xunta, José Ramón Lete Lasa, e do presidente da Federación Galega de
Motociclismo, José Canda Rodríguez. A cita comezará este venres, 15 de
setembro, e prolongarase ata o domingo, día 17.
Durante a súa intervención, o rexedor sinalou o “orgullo” que supón para A
Estrada acoller un evento desta envergadura. López Campos apuntou que o
obxectivo é seguir apostando por esta liña, reforzando o papel da Estrada
como “capital do deporte en Galicia”. O primeiro edil explicou que, na
actualidade, o municipio é sede de numerosas competicións, contando, así
mesmo, con varios equipos federados de diversas disciplinas deportivas: “isto
debémosllo, en gran medida, ao convenio que asinamos no seu momento coa
Xunta de Galicia e que permite á Estrada singularizarse no mapa galego e
nacional”. Pola súa parte, o secretario xeral para o Deporte referendou a
importancia da Estrada no panorama deportivo e destacou, así mesmo, “a
importancia que están gañando os deportes de motor en Galicia”.
Desenvolvemento da proba
A proba reunirá a uns 120 pilotos de toda Galicia e do resto de España de entre
18 e 65 anos. O campionato arrincará o venres, arredor das 12.00 horas, coa
realización das verificacións técnicas nas inmediacións do campo de fútbol do
municipio. Ás 19.30 horas dese mesmo día está prevista a realización da
primeira especial da xornada desde a avenida de Pontevedra.

 

O sábado, a cita deportiva comezará ás 9.00 horas, cando os
primeiros pilotos sairán do parque pechado (situado na praza do Concello) en
dirección ao monte Cabalar. Alí someteranse á Enduro Test, na que terán que
demostrar a súa destreza enriba da moto. Tras realizar un percorrido de rally
duns 18 km, someteranse a outra proba especial, a Enduro Test – Cross Test. A
mecánica será idéntica durante a xornada do domingo, 17 de setembro. Ao
remate da xornada do sábado e o domingo terá lugar a entrega de premios aos
pilotos que obtiveran os mellores resultados de cada categoría.
Á presentación asistiron, así mesmo, o alcalde do Concello de Cuntis, Manuel
Campos, municipio por onde tamén pasa a proba, o presidente da Asociación
Maceira e Sidra (patrocinador oficial da proba), José Antonio López Pampín, o
dobre campión do mundo de enduro, Josep García i Montaña, e o piloto
estrandense, Javier Campos, que participará no Rally París Dakar.

Publicado en Portada | Deja un comentario