Olaia Maneiro dará o pistoletazo desaída ás festas de San Paio que secelebrarán do 23 ao 27 de xuño

 A vocalista da agrupación Tanxugueiras, Olaia Maneiro, será a
encargada da lectura do pregón nas festas patronais.
 O Concello dará a coñecer a programación completa o vindeiro xoves,
día 4 de maio.

 

Olaia Maneiro, integrante da popular formación
musical ‘Tanxugueiras’ será a pregoeira das festas de San Paio da Estrada que
se desenvolverán desde o venres 23 de xuño ata o martes 27 de xuño.
A vocalista galega foi elixida segundo sinalan desde a organización “pola súa
implicación coa cultura galega e coa nosa lingua, sendo un exemplo para os
máis novos e novas”. “O papel que desenvolven tanto Olaia, como
Tanxugueiras por preservar o noso patrimonio musical e cultural fan que sexa
unha honra poder contar con ela para un acto tan sinalado como a lectura do
pregón”, sinalan.
Deste xeito, dáselle continuidade á liña establecida nos últimos anos de que a
persoa encargada da lectura do pregón manteña unha relación co municipio,
ben sexa por ter nacido nel ou por ser residente, tal como sucede no caso da
vocalista, veciña dende hai uns anos da parroquia de Cereixo.

Presentación da programación
O Concello da Estrada anunciou que este xoves, día 4 de maio, dará a coñecer
a programación completa dos festexos, dos cales adiantan que incluirán un
amplo ábaco de propostas de diversa índole para todo tipo de públicos e de
idades.

Publicado en Portada | Deja un comentario

José López Campos traballará para converter o velloambulatorio nun Centro Integral Socio-Asistencial

o Considera “inadmisible” que o Goberno central “prefira ter o edificio
deteriorándose que alcanzar un acordo co Concello da Estrada” e proponse para
o novo mandato “buscar a fórmula para lograr a cesión da súa titularidade”
o O candidato popular anticipa que o CISA albergará a Casa das Persoas Maiores,
reforzará o Centro de Atención Temperá e acollerá a sede do Banco de Alimentos
e unha Área de estimulación cognitiva, entre outras servizos sociais

O candidato do Partido Popular á Alcaldía da
Estrada avanzou hoxe outro dos puntos relevantes do programa para as Eleccións
Municipais do 28 de maio: a consecución da titularidade do antiguo ambulatorio
para convertelo nun Centro Integral Socio-Asistencial (CISA) que dea cabida a unha
parte importante dos servizos sociais municipais.
José López considera que, “aínda que o edificio precisa unha reforma profunda”, o
inmoble do antiguo centro de saúde é “o lugar idóneo para aglutinar espazos e
servizos fundamentalmente vinculados á atención ás persoas maiores, pero tamén
relacionados con outras prestación socioasistenciais”. Entre eles, apuntou a
intención do PP de integrar a futura Casa das Persoas Maiores, unha Área de
Estimulación Cognitiva, a sede do Banco de Alimentos e reforzar outros servizos
socioasistenciais, como por exemplo o Centro de Atención Temperá.
Ademais, José López considera que “a posta en marcha deste proxecto aportaría un
gran valor engadido na contorna do antiguo ambulatorio, xa que contribuiría a
darlle vida e dinamizar economicamente os negocios existentes nesa zona,
recuperando grande parte da actividade que tiñan cando funcionaba o centro de
saúde”.
O candidato popular sinala que o primeiro paso deste proxecto será “buscar a
fórmula para lograr do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións a
cesión da titularidade do inmoble e da parcela”, que “incomprensiblemente semella
que prefire ter o edificio deteriorándose que alcanzar un acordo co Concello da
Estrada”. López considera que “esa postura é ilóxica e inadmisible” e augura que “o
ministerio non poderá argumentar durante moito tempo por que prefire ter un
edificio morto e caendo que poñelo ao servizo da cidadanía”.

Publicado en Portada | Deja un comentario

López preséntase ás eleccións cos deberes sen facer

Temos un goberno inoperante que vive dos anuncios de investimentos que fan outras administracións como o da sinalización do rural que se iniciou esta semana.

López preséntase ás eleccións cos deberes sen facer. É completamente inadmisíbel que un goberno municipal que se presenta á reelección teña a día de hoxe os orzamentos de 2023 sen aprobar e non van estar listos polo menos até o mes de xullo.

O goberno de López podía aproveitar o último pleno para traer os orzamentos ao pleno, mais a día de hoxe coa convocatoria na man, nin están nin se lles espera. Teremos un pleno do mes maio con só dous puntos na orde do día, un coa aprobación da acta anterior e outro coa dación dos decretos da alcaldía, a parte de rogos e preguntas.

Desde o BNG xa levamos temos criticando a actitude pasota e incompetente do goberno de López, e terá neste pleno do mes de maio a guinda a un mandato desastroso para o noso concello. Podemos entender que en 2020 coa pandemia e o confinamento os orzamentos sufriran un retraso, mais en 2023 non, e demostra a incompetencia dun goberno do PP acabado.

Ter os orzamentos aprobados en tempo e forma é clave para definir os gastos e os investimentos dun concello. Temos un goberno inoperante que vive dos anuncios de investimentos que fan outras administracións como o da sinalización do rural que se iniciou esta semana.

Agardamos que a veciñanza da Estrada tome nota e castigue electoralmente ao goberno de López, apostando por unha forza como a do BNG, que xa demostrou que fai un traballo serio e rigoroso, en defensa dos intereses dos veciños e veciñas.

Publicado en Portada | Deja un comentario

José López presenta ó GRAN PARQUE EXTERIOR

Onte presentamos un dos ⭐️proxectos estrela⭐️ do noso programa para as eleccións do 28 de maio: a creación cun GRAN PARQUE EXTERIOR na zona que comprende entre a Rúa da Cultura e a Avenida de Pontevedra.

Estamos a falar dun gran pulmón verde de preto de 190.000 metros cadrados de superficie a carón do núcleo urbano, que converterá A Estrada nunha vila aínda máis apetecible para vivir.

Parte dos terreos necesarios xa son de titularidade municipal e a nosa proposta é seguir conseguindo máis superficie e, ao mesmo tempo, comezar o acondicionamento da contorna coa eliminación das especies invasoras, a plantación de árbores autóctonas e a creación de sendeiros e áreas de lecer para as persoas maiores e para os máis cativos.

A orixe desta proposta remóntase á visión de futuro que tivemos no ano 2013 coa aprobación do PXOM, que é a ferramenta que nos permite seguir construíndo A Estrada que gozarán os nosos fillos e netos: unha Estrada máis verde, máis humanizada e máis sostible.

A Estrada 4️⃣✖️4️⃣
#GranParqueExterior #zonasverdes #áreasdelecer #medioambiente

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Estrada será a capital do voleibolautonómico acollendo as finais dosCampionatos Galegos de voleibol

 O pavillón Manuel Coto Ferreiro acollerá a resolución da competición
durante as fins de semana do 29 e 30 de abril e o sábado 6 de maio.
 Ao redor de 300 participantes farán da Estrada a capital do voleibol
autonómico.

O Concello da Estrada converterase no epicentro do
voleibol autonómico ao albergar as Finais dos Campionatos Galegos de Voleibol, tanto
nesta fin de semana, días 29 e 30 de abril, como o sábado 6 de maio.
A Sala de Xuntas do concello acolleu hoxe a presentación das Finais dos
Campionatos Galegos de Voleibol, nun acto no que participou o alcalde, José López, o
deputado provincial, Manuel González Martínez e o presidente da Federación Galega
de Voleibol, José Ángel Luna.
Durante a súa intervención, o rexedor estradense mostrouse agradecido coa
Federación pola súa aposta para que A Estrada acolla un novo evento deportivo que
sitúe o municipio como “un dos principais núcleos do deporte autonómico”. Pola súa
parte, González Martinez, fixo fincapé na importancia da cooperación institucional para
levar a cabo este tipo de iniciativas e a importancia “de promocionar o deporte para
promocionar tamén deste xeito a provincia e neste caso concreto o Concello da
Estrada”, sinalou o deputado.
O presidente da Federación Galega de Voleibol, José Ángel Luna, avanzou a
programación da competición e agradeceu “a estreita liña de colaboración que o ente
leva mantendo co Concello desde hai anos”. Ademais, tamén fixo un convite á
veciñanza da Estrada “a achegarse a gozar dun evento que congregará na Estrada ao
mellor do voleibol galego”.
En total, a redor de 300 persoas participantes daranse cita ao longo destas fins de
semana, e a previsión e que a asistencia se sitúe en torno ao milleiro de persoas para
asistir aos encontros programados nas categorías infantil, xuvenil, junior, cadete e
senior nas modalidades feminina e masculina.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Xunta impulsa coa empresa Ozona Tecnologías de la Información o ciclo de FP Dual de Administración de Sistemas Informáticos en Rede no Instituto Losada Diéguez da Estrada

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez acompañado polo alcalde estradense José López , e o director de negocio da empresa Ozona Tecnologías de la Información, Vicente Saborido, asinaron hoxe a renovación do convenio para impartir o ciclo de Formación Profesional Dual de Sistemas informáticos en rede no instituto IES Antón Losada Diéguez da Estrada, con formación práctica nesta compañía tecnolóxica.  

Refórzase así a colaboración iniciada con esta empresa no ano 2021, a través da cal se implantou por primeira vez no instituto estradense este ciclo dual para a obtención do título de Técnico superior en Administración de sistemas informáticos en rede. Precisamente este ano rematan o ciclo os 12 alumnos que iniciaron os seus estudos no curso 2021-22. 

O titular de Educación do Goberno galego aproveitou para subliñar a importancia desta modalidade formativa, onde os alumnos poden compaxinar a adquisición de coñecementos académicos coas competencias prácticas nunha empresa líder no seu sector. “Con este acordo avanzamos na liña de cooperación coas empresas e blindámoslles aos estudantes novas oportunidades para que completen a súa cualificación”, abondou Román Rodríguez, que aproveitou para agradecer a confianza de Ozona na FP galega.  

Dous anos de duración e un proxecto final

O curso, que terá dous anos de duración e un proxecto final e comezará a impartirse o vindeiro mes de setembro, suporá a obtención do título de técnico superior en Administración de sistemas informáticos en rede.  

En total serán 12 os alumnos que poderán cursar esta titulación na modalidade de dual, cuxo currículo abrangue 2.106 horas formativas, das que o 61 % se desenvolverán no centro educativo e o 39 % restante nas instalacións de Ozona, tanto con formación complementaria deseñada pola propia empresa como a través de actividade profesionalizadora práctica.

 

Ademais, de xeito complementario á formación curricular, inclúese un módulo de idiomas ao longo dos dous cursos, adaptado ás necesidades da empresa. Isto vai na liña do establecido na Estratexia de Formación Profesional Galicia 2030 que, entre outras accións, fixa o fomento do plurilingüismo nos ciclos formativos.  

Fundada en 2002, Ozona é unha compañía de servizos e solucións de tecnoloxías da información cun alto nivel de especialización que se atopa en plena expansión derivada pola forte demanda de transformación dixital nos mercados. Neste grupo están integrados Ozona Tech e Ozona Consulting, así como as súas respectivas filiais en Portugal.  

Instalacións axeitadas para dar servizo á oferta formativa

No caso do IES Losada Diéguez, con preto de 300 alumnos matriculados en Formación Profesional, é un dos institutos de referencia neste ámbito formativo, xa que actualmente ofrece a modalidade dual nos ciclos superiores de Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma (tamén en colaboración coa empresa Ozona) e Deseño e amoblamento.  

Neste centro tamén se imparten os ciclos de grao básico de Informática de oficina, Carpintería e moble e Mantemento de vehículos; os de grao medio de Sistemas microinformáticos e redes, Carpintaría e moble e Electromecánica de vehículos automóbiles, e os ciclos de grao superior de Administración e finanzas e Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma.  

Para dar servizo á oferta formativa, no portal de contratación da Xunta publicouse a formalización do contrato para a ampliación das instalacións deste instituto, por un importe de preto de 3 millóns de euros. Logo de que se formalice a acta de replanteo, e dado que xa se conta coa licencia municipal, está previsto que as obras comecen a principios do vindeiro mes de maio.

Publicado en Portada | Deja un comentario

BNG propón a «Semana da Ciencia Ramón Verea»

 «A Estrada non pode deixar pasar a oportunidade de reivindicar o legado deste veciño extraordinario, cuxa figura queremos que sexa inspiradora para as xeracións máis novas da poboación estradense»

 Poucos veciños e veciñas saben que o inventor da calculadora foi un veciño de Curantes, que se chamaba Ramón Vera. O BNG propón reivindicar a súa persoa. Xoán Reices explicou que «no BNG cremos que temos que sentirnos orgullosos e orgullosas de que un veciño do noso concello pasara a historia da ciencia como o inventor da calculadora en 1878, un aparello de case 26 kilos, que era capaz de facer operacións básicas de matemáticas con até 9 cifras, e hoxe está nas instalacións de IBM»

«Neste sentido», engade Reices, «no noso programa electoral levamos a proposta de que cada ano o concello da Estrada organice unha semana da ciencia con exposicións, conferencias, talleres e demostracións prácticas, e mesmo se podía convocar un premio para que nenos e nenas puideran participar expoñendo os seus inventos ou experimentos científicos». «Ao noso entender isto pode ser unha oportunidade extraordinaria para divulgar e achegar a ciencia a toda a sociedade, e especialmente entre a infancia e mocidade», afirma.

«Por outra parte», explica Reices, «cremos que tamén é unha oportunidade para dar a coñecer este veciño que naceu en Curantes en 1858, que emigrou a Cuba e Estados Unidos, e que non só foi un gran inventor, divulgador, xornalista e emprendedor, senón unha persoa de valores e principios humanos que hoxe consideramos normais, como a igualdade entre homes e mulleres, mais a finais do século XIX non o era, lamentabelmente».

O candidato do BNG cre que «A Estrada non pode deixar pasar a oportunidade de reivindicar o legado deste veciño extraordinario, como fixo no seu día o mestre Olimpio Arca; cremos que Ramón Verea pode ser unha figura inspiradora para as xeracións máis novas da poboación estradense».

Publicado en Portada | Deja un comentario