
Os Bailaríns Estradenses
da escola de Sondodance
destacaron no Campeonato Galego
de Standar celebrado
o pasado domingo no
concello de Naron En concreto,
os pequenos,
bailaríns Enzo Mogo e
Aroa Nercellas conseguirón
o primeiro posto
na categoría Estándar, na competición,
e tamén no Open de Latinos.
Quedando como Campeóns Galegos
Standar 2023.
Con estos premios , Sondodance
engadiu novos
éxitos que os posicionan
como escola de referencia.
Aroa Nercellas é Enzo Mogo quedan Campeóns Galegos de Juvenil II Standar 2023
Couso acollerá unha andaina circularsolidaria a favor de APACAF
A cita solidaria constará dun percorrido de 12 quilómetros e terá lugar a
partir das 10.00 horas do vindeiro 7 de maio.
O prezo de cada inscrición será de 5 euros, aínda que as persoas que o
desexen poderán aportar unha contía maior, que irá destinada na súa
totalidade a APACAF.
A parroquia de Couso será escenario o
vindeiro 7 de maio dunha andaina solidaria a favor da Asociación de Pais de
Persoas con Trastorno do Espectro Autista de Centros de Apoio Familiar
(APACAF).
A concelleira de Servizos Sociais, Amalia Goldar, participou esta mañá na
presentación do evento acompañada por membros da Asociación de Veciños O
Rueiro, entidade organizadora, e por unha delegación de APACAF.
A xornada, dará comezo a partir das 10.00 horas da mañá coa saída desde a
casa escola. A continuación, o itinerario comprenderá un percorrido circular de
12 quilómetros a través dos seguintes puntos:
– Igrexa de Couso
– Ponte colgante
– Ladeira do castro de Couso
– Muíños de Couso
– A praíña e a ponte medieval
– Desembocadura do río Vea
– Ruta dos muíños.
Ao remate da andaina haberá avituallamento e pinchos habilitados na cantina
aberta.
O prezo de cada inscrición será de 5 euros, aínda que as persoas que así o
desexen poderán facer aportacións maiores. Do mesmo xeito, está habilitada
unha fila 0 para que todas as persoas que queiran poidan colaborar a través da
conta ES63 2080 0318 1130 4001 0804 ou a través de Bizum ao 660 007 568.
O prazo para anotarse manterase en vigor ata media hora antes do inicio da
actividade, polo que as persoas que desexen participar poderán facelo nese
prazo a través de asociacionorueiro@gmail.com ou no 660 007 568.
Máis de 400 estudantes estradensescelebran con deporte o Día daEducación Física na Rúa
O alumnado da Estrada encheu hoxe as rúas
do casco urbano do municipio de diversas actividades deportivas para
conmemorar o Día da Educación Física na Rúa.
Ao redor de 400 mozos e mozas de nove centros de primaria e secundaria de
todo o termo municipal déronse cita esta mañá na praza e nos xardíns Concello
e nas rúas Serafín Pazo e Calvo Sotelo para realizar diversas actividades nas
mesmas.
A xornada, organizada pola Agrupación Deportiva Escolar coa colaboración do
Concello da Estrada tivo por finalidade visibilizar en público a importancia do
deporte, non só a efectos de saúde, senón como un activo de gran importancia
á hora de promover a socialización.
Hockey, pano, rugby, brilé ou lanzamento de frisbee foron soamente algunhas
das propostas coas que os mozos e mozas estradenses encheron de deporte
as rúas durante esta xornada.
Ademais, o Concello da Estrada puxo a disposición de todos os participantes
avituallamento de auga e froita para repoñer forzas e servizo de autobús para o
alumnado dos centros que non pertencen ao casco urbano.
Desde o Concello da Estrada sinalan “a importancia de darlle un espazo na rúa
ao deporte, un dos mellores xeitos de manterse saudable”, e agradecen “poder
colaborar en que a mocidade estradense puidera gozar con esta xornada”.
O festival 6Coreógrafas regresa o 29de abril ao Concello da Estrada
Obradoiros e teatro serán os protagonistas da terceira edición dun
evento que porá en valor a danza e as artes escénicas.
Hoxe a Alameda acolleu a presentación do espectáculo O Salón dos
Pasos Perdidos, de Paula Quintas Cía, en primicia para o alumnado
estradense
O Teatro Principal da Estrada acolleu esta
mañá a presentación da terceira edición de ‘6Coreógrafas’, o Festival da
Estrada de Danzas e Artes do Movemento, unha cita de referencia levada a
cabo co apoio da Xunta de Galicia.
No acto de presentación participou o concelleiro de Cultura Juan Constenla
acompañado pola artista, Paula Quintas, o director da AGADIC, Jacobo Sutil e
a coordinadora de danza e música da AGADIC, Pilar Portela.
Na súa intervención, o responsable de Cultura, sinalou “a importancia de seguir
facendo da Estrada un ano máis un punto neurálxico para que a danza e as
artes escénicas poidan agromar, reivindicando a gran diversidade cultural do
noso municipio”.
A programación das actividades, desvelada no día de hoxe, inclúe dous
obradoiros para o alumnado da Escola Municipal de Artes Escénicas da
Estrada, ás 10.00 e ás 11.00 horas.
Pola súa parte, o Teatro Principal acollerá desde as 13.00 horas a
representación de Corpos de Abismo, a cargo de Duelirium, mentres que a
Alameda Municipal será o escenario, ás 19.30 horas, de Onde pousa a
humidade, de Marcia Vázquez.
O espectáculo Tabú, de Colectivo Globo porá o punto e final á xornada desde
as 20.00 horas no Teatro Principal.
Ademais, o estudantado estradense puido gozar este mediodía en primicia do
espectáculo O Salón dos Pasos Perdidos, da artista ourensá Paula Quintas,
antes da súa estrea no Festival Cervandantes de Alcalá de Henares no vindeiro
mes de maio.
San Xorxe de Cereixo 2023

Centos de devotos participaron onte na romaría de San Xorxe de Cereixo que se celebrou na parroquia estradense do mesmo nome. A misa solemne, que se celebrou ás 13.00 horas.
horas, foi oficiada polo arcebispo Julián Barrio. A Feira Multisectorial de Produtos Agroalimentarios e a Ruta do Cabalar completaron a xornada festiva
BNG da Estrada propón a creación dun aparcadoiro de autocaravanas
Xoán Reices: «É un sector moi dinámico, con experiencias moi positivas como por exemplo en Pontevedra, en cuxo aparcadoiro hai autocaravanas ao logo de todo o ano, mais alá da época estival»
En outubro de 2018 o BNG da Estrada instou ao goberno municipal do PP a habilitar unha zona especial para que puideran aparcar as autocaravanas. Segundo explicou o candidato do BNG á alcaldía, «o goberno nada fixo neste sentido, e non se agarda que o vaia facer nin a curto nin a medio prazo».
«Desde o BNG da Estrada pensamos que é moi importante contarmos cunha infraestrutura deste tipo no noso concello, porque é un novo xeito de facer turismo que está en auxe, e por iso decidimos incorporar esta medida o noso programa electoral», explica Reices. «É un sector moi dinámico, con experiencias moi positivas como por exemplo en Pontevedra, en cuxo aparcadoiro hai autocaravanas ao logo de todo o ano, mais alá da época estival», engade.
«Ter un aparcadoiro de autocaravanas traducirase, sen dúbida, en movemento económico para o noso concello, en especial para a hostalaría», afirma Reices, «xa que ter unha instalación deste tipo colocaría ao concello da Estrada en centos de webs, aplicacións de móbil e outros servizos que utilizan os e as autocaravanistas de todo o mundo». «Desde o BNG pensamos que isto son oportunidades que non se deben perder, ao tempo sitúa A Estarda no mapa e na ruta das autocaravanas», engade o candidato do BNG.
O candidato do BNG explica que este tipo de aparcadoiros non poden estar en calquera lugar. «Lamentabelmente en moi poucas parroquias hai saneamento, co cal só se podería facer o aparcadoiro de autocaravanas na vila, xa que este tipo de infraestruturas require unha serie de servizos como sumidoiros, auga, etc, que na maior parte do rural non hai», afirma Reices.
«Se contamos coa confianza dos veciños e veciñas», explica o candidato á alcaldía, «esta será unha das medidas que poñeremos en marcha na nova A Estrada que queremos poñer en marcha desde o BNG».
Feira das Letras A Estrada 2023

A Feira das Letras de A Estrada rematou onte nunha segunda xornada pasada por auga, pero grazas á carpa pechada desta edición, non impediu continuar co programa de actividades. Ás 12.30 horas abríanse os obradoiros de manualidades para os máis pequenos e comezaba o espectáculo “Little baby discover the Rolling Stones”, ás 17.00 horas actuaba Vero Rilo con “Cacho animalada” e unha hora máis tarde presentou a compañía estradense Bandullo Azul “ O ladrón de paraugas”, unha dramatización do conto infantil de Xosé Lueiro ilustrada pola tamén estradense Sara Valcárcel.
GALERÍA:




















































