BNG mantén un encontro con persoas emprendoras que traballan no rural


Xoán Reices: » a idea deste encontro é contrastar con todas estas persoas, que traballan en distintos sectores, as limitacións que atopan cando poñen en marcha unha iniciativa no rural, mais tamén contrastar as partes positivas de traballar no medio rural, así como presentarlle as nosas propostas para o medio rural»

 Xoán Reices, Vanesa Iglesias e Ricardo Castro, membros da candidatura do BNG da Estrada, mantiveron esta mañá un encontro con diversas persoas emprendedoras e autónomas que traballan no rural, entre as houbo profesionais de distintos sectores como artesás, mestres de música, representantes do sector primario, da hostalaría, etc…

Segundo explicou o candidato do BNG, Xoán Reices, «a idea deste encontro é contrastar con todas estas persoas, que traballan en distintos sectores, as limitacións que atopan cando poñen en marcha unha iniciativa no rural, mais tamén contrastar as partes positivas de traballar no medio rural».

Por outra parte os membros da candidatura do BNG tamén explicaron as propostas que levará o BNG no seu programa electoral. Xoán Reices explicou que «o noso rural é extenso, pero na súa maior parte está abandonado; co noso programa buscamos promover a creación de postos de traballo no rural, facilitar o asentamento poboación neste eido, conseguir prezos rendíbeis dos produtos do agro e tamén dotar ao rural de servizos básicos para facilitar a accesibilidade a servizos en igualdade de condicións que os veciños e veciñas que viven na vila. Todos e todas pagamos impostos, polo tanto é lóxico que o rural teña os mesmos servizos que a vila».

Neste sentido, Reices explicou que «entre os nosos obxectivos está o de promover a creación de canais de comercialización directa dos produtos do agro e do rural, tendo como centro neurálxico a Praza de Abastos, un espazo que dinamizaremos coa realización de feiras sustentábeis ao longo de todo o ano; con isto buscamos que este espazo sexa referencia de produtos de calidade e de proximidade para os veciños e veciñas da Estrada».

«Por outra parte», engadiu o candidato á alcaldía, «entre os nosos obxectivos tamén está poñer en marcha a marca ‘Produto da Estrada’, e non só para produtos do agro, senón tamén para a artesanía e outros artigos».

Mellorar servizos

O BNG tamén pon o obxectivo en mellorar os servizos do rural. Vanesa Iglesias, número 2 da candidatura nacionalista, explicou que «un veciño ou unha veciña que vive no rural ten que ter os mesmos servizos que quen viven na vila, polo tanto, non se entende que mentres toda a vila está conectada por fibra óptica, o rural non o estea, non se entende que haxa núcleos aos que non chega nin o cable do teléfono». «Neste sentido», engade, «o noso obxectivo será levar a fibra a todo o rural, e se non o fan as operadoras privadas, farao A Estrada Dixital; no rural hai profesionais de todo tipo, desde gandeiros e gandeiras até artesás e profesionais técnicos que precisan tamén da banda ampla para o seu traballo».

«Tamén levaremos a recollida selectiva de residuos ao rural», engade Vanesa Iglesias, «non é normal que os veciños e veciñas do rural teñan que vir á vila para reciclar o papel ou o cartón».
 
 
Publicado en Portada | Deja un comentario

O popular José López repite ao equipo


O 'popular' José López repite ao equipo: "Se algo funciona, non o cambies"
O 'popular' José López aspira a revalidar a súa cuarta maioría absoluta á fronte do Concello estradense e completar así este ciclo de catro mandatos ou '4x4' -como reza o lema da súa campaña electoral- como alcalde da capital de Tabeirós. -Terra de montañas. E farao co mesmo equipo co que superou todas as expectativas nas anteriores eleccións municipais, chegando a 12 concelleiros 'populares' con representación na Corporación municipal. "Se algo funciona, non o cambies", afirmou o actual presidente, quen recoñeceu que afronta a súa campaña "máis especial", precisamente porque é a que o pode reelevar como presidente do Concello da Estrada conseguir así “completar un ciclo de 16 anos.
Despois de 12 anos á fronte da alcaldía, "a mochila está cargada de éxitos e tamén de algúns fracasos", sinalou López, quen resumiu a súa xestión neste período como "destacada". Fixo referencia, entre outras cuestións, á calidade da asistencia sanitaria no municipio, cun Centro de Saúde que é un referente en toda España; así como a consecución de proxectos tan importantes como o remate da estrada Santiago-A Estrada -que os 'populares' indicaron que non descansará ata que estea rematada- ou a construción do novo edificio xudicial. Ademais, informou de que en 2024 comezarán as obras na Estrada para "dobrar o chan industrial". E todo iso, concretou o 'popular', grazas á xestión dos últimos anos do PP.

Así, tras José López irán Alberto Manuel Blanco Carraceso, Amalia Goldar Cora, María Ángeles Pais Carbia, Juan Manuel Constenla Carbón, Miguel Oscar Rancaño Brañanova, María del Carmen Durán Lea, José Ismael Pena Villamor, Lucía Seoane Rosende, Gonzalo Louzao Dono, Alfonso Figueiras Rey, Oscar Alejandro Durán Barros, Manuel Magariños Maceiras, Jessica Rodríguez Calviño, Beatriz Pazos Alonso, José Conde Trasande, Nemesio Ignacio Rey Pazos, Rocío Blanco Mosquera, José Manuel Sueiro Loureiro, María Laura Baliño Gómez e María Request Dura Barcala. Como suplentes actuarán Valentín García Gómez, Luis Francisco Rey González e María del Carmen Gaspar Ayude.
Publicado en Portada | Deja un comentario

López resalta a “inminente” licitación da autovíaAG-59 como “a mellor nova dos últimos 12 anos”

o O presidente local do PP e candidato a revalidar a Alcaldía considera que “esta
infraestrutura fundamental potenciará A Estrada no centro estratéxico de Galicia
e axudará a loitar contra a tendenza poboacional regresiva”
o Destaca que o presidente da Xunta de Galicia “cumpriu escrupulosamente cos
compromisos e prazos anunciados en relación con esta obra”, que se prevé que
comece antes do remate de 2023

AUTOVIA AG-59 QUE SERA AMPLIADA HASTA A ESTRADA

O residente local do PP da Estrada e candidato
a revalidar a Alcaldía o vindeiro 28 de maio, José López Campos, valorou hoxe a nova
da “inminente” licitación das obras do primeiro tramo da autovía AG-59 como “a
mellor nova dos últimos 12 anos para A Estrada”.
López lembrou que “a autovía é un dos grandes proxectos que A Estrada levaba
máis de 20 anos reclamando”, porque “está chamada a converterse nunha
infraestrutura fundamental para o desenvolvemento e o progreso do concello,
xunto co PXOM e a ampliación do solo industrial, que xa está en tramitación”.
O candidato popular considera que “a AG-59 potenciará A Estrada no centro
estratéxico de Galicia e axudará a loitar contra a tendenza poboacional regresiva”.
Por tal motivo, agradeceu a “implicación directa” do presidente da Xunta de Galicia,
Alfonso Rueda, na decisión de impulsar esta autovía. “Alfonso Rueda cumpriu
escrupulosamente cos compromisos e prazos anunciados en relación con esta
obra”, resaltou, apuntando que os traballos comezarán antes de finais de 2023 e
terán un período de execución de 20 meses.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O Concello da Estrada acolle tanto hoxe, venres 21, como mañá, sábado 22 de abril, a Feira das Letras, con propostas culturais para todas as idades.

O Concello da Estrada acolle tanto hoxe, venres 21, como mañá, sábado 22 de abril, a Feira das Letras, con propostas culturais para todas as idades.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A XUNTA AUTORIZA A CONTRATACIÓN DO NOVO TREITO DAAUTOVÍA DE SANTIAGO-A ESTRADA, ENTRE A RAMALLOSAE PONTEVEA, QUE SUPORÁ UN INVESTIMENTO DE MÁIS DE33 M€

― O Goberno galego licitará de xeito inmediato as obras co fin de inicialas este ano
― É o 1º treito da prolongación da AG-59 como autovía libre de peaxe e discorrerá de
norte a sur e paralelo á AC-841 ao longo de 3,5 km, no termo municipal de Teo
― Construiranse dous enlaces: un de adecuación do existente na Ramallosa cara á estrada
AC-841 e outro de nova execución, sobre a AC-241, ao final do treito
― Esta actuación implica a execución de 6 novas estruturas: o viaduto de Santa Lucía, 3
pasos inferiores e 2 pasos superiores
― De xeito paralelo, avánzase no proxecto de construción da 2ª fase de prolongación da
autovía autonómica: outros 4 km entre Pontevea e O Rollo, xa na Estrada
― A prolongación da AG-59 suporá un investimento conxunto de máis de 65 M€ e reducirá
os tempos de viaxe entre Santiago e A Estrada a 10 minutos sen pagar peaxes

O Consello da Xunta deu hoxe o seu visto e prace á contratación das obras para
desenvolver o novo treito da autovía Santiago-A Estrada, entre A Ramallosa e o enlace
coa estrada AC-241, en Pontevea, no municipio de Teo.
Os traballos, cuxa licitación vén de autorizar hoxe o Goberno galego, correspóndense coas
actuacións para habilitar 3,5 novos quilómetros de prolongación da AG-59, que dá
continuidade ao treito da autovía libre de peaxe que xa se atopa en servizo.
O investimento total desta primeira intervención de prolongación do novo treito de
conexión por autovía do concello de Teo desde Santiago superará os 33,1 M€, tendo en
conta o importe da licitación dos traballos, máis de 32,3 M€, e o pagamento dos 291
predios necesarios para materializar a intervención.
O departamento de Infraestruturas da Xunta prevé licitar as obras de xeito inmediato e
convocará o levantamento de actas previas das expropiacións no segundo trimestre, co
obxectivo de comezar a execución este ano, cun prazo de 20 meses.
A contratación das obras autorizada hoxe correspóndese co primeiro treito de novo
trazado que discorrerá de norte a sur, cunha lixeira orientación cara ao oeste e paralelo á
estrada AC-841, atravesando o municipio de Teo.
En canto ás características deste novo tramo da autovía considérase unha velocidade de
proxecto de 100 km/h, con 4 carrís de 4 x 3,50 metros e mediana de 1 x 2 metros,
beiravías exteriores e interiores, e bermas exteriores.
A súa lonxitude acadará algo máis de 3,5 quilómetros, con dous enlaces, un consistente
na adecuación do actualmente existente na Ramallosa coa estrada AC-841 e outro denova construción, sobre a estrada AC-241, situado ao final do treito. A Actuación inclúe 6
novas estruturas: viaduto de Santa Lucía, 3 pasos inferiores e 2 pasos superiores.
No marco da intervención, redeseñarase o enlace existente na Ramallosa que comunica a
AG-59 coa estrada AC-841, que constará dun ramal dirección Santiago e un de saída á
AC-841. O novo enlace que se construirá na AC-241 disporá dunha vía de acceso á AG-59
en sentido Santiago e un de saída, que remata nunha glorieta de 20 metros de radio sobre
a estrada AC-241.
Ademais executaranse ao longo do trazado variantes das estradas actuais e camiños de
servizo.
As 6 estruturas de nova construción serán: o viaduto en Santa Lucía, de 150 metros de
lonxitude; os dous pasos superiores, un no enlace da Ramallosa de 56 metros de lonxitude
e outro no enlace coa AC-241 de algo máis de 39 metros de lonxitude; e os tres pasos
inferiores.
O proxecto de trazado conta tamén coa declaración de impacto ambiental favorable por
parte do organismo competente.
Froito deste proceso, o proxecto da Xunta, incorpora ao proxecto construtivo un novo
camiño de servizo entre os puntos quilométricos 106+300 ao 106+700, para dar
continuidade e posibilitar a comunicación entre ambas as marxes da autovía.
Ademais, executarase un novo camiño de servizo paralelo ao tronco da autovía
proxectada entre os puntos 107+120 ata o 107+320 coa finalidade de mellorar os accesos
e comunicacións entre ambas as marxes da nova infraestrutura, das leiras e explotacións
gandeiras existentes nesta contorna.
Tamén se realizará un cambio de trazado e a reposición do oleoduto Coruña-Vigo que
atravesa a traza da AG-59 en dous puntos: na zona do enlace da Ramallosa, no punto
100+240, e na zona previa ao viaduto de Santa Lucía, no 100+400.
Inclúese, tamén, a modificación da sección dos pasos inferiores dos eixos 11 e 19 (puntos
quilométricos 106+320 e 107+119) e do paso superior do eixo 17 (punto 104+789), co
obxectivo de dar continuidade ao Camiño da Geira e dos Arrieriros interceptados pola
actuación.
De xeito paralelo estase traballando no proxecto de construción das obras da segunda
fase de prolongación desta autovía autonómica: outros 4 quilómetros entre Pontevea e O
Rollo, xa no municipio da Estrada.
A prolongación da AG-59 suporá un investimento conxunto de máis de 65 M€ e reducirá os
tempos de viaxe entre Santiago e A Estrada a 10 minutos sen pagar peaxes.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Aberto o prazo para matricularse no curso da USC para maiores de 50 anos: Camiños de coñecemento e experiencia

Coma todos os anos, a Universidade de Santiago de Compostela convoca na Estrada o seu curso Camiños de coñecemento e experiencia dirixido a persoas maiores de 50 anos das comarcas da contorna de Santiago de Compostela.

O curso comezará o martes 2, 3, 5, 9, 10 e 11 de maio e levarase a cabo na sala Mome en sesións de 16.30h ata as 18.00h. Os seminarios previstos para este ano, son os seguintes: Enfrontándonos á soidade non desexada (impartido por Dna. Cristina Ruibal Barreira), Plantas medicinais: aplicacións e usos (impartido por Dna. Pilar Riveiro López) e A carta xeográfica de Galicia de Domingo Fontán (impartido por D. Anxo Rodríguez Lemos).

O curso é completamente gratuíto. A inscrición farase por rigorosa orde de chamada ata completar as prazas previstas. O prazo para inscribirse rematará o xoves 27 de abril. O teléfono de inscrición é o 986677795.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O DOMINGO 23, ROMARÍA DE SAN XORXE DE CEREIXO NA ESTRADA

Das romarías de sempre!
Ruta cabalar e bendición dos animais
Feira agroalimentaria, xantar popular e polbeiro!
Grandes Concertos!! Treixadura, Orquestra Los Satélites, Os Lóstregos con Marietta ou a Banda de Lalín con Paco Lodeiro, Rosa Cedrón e Miguel Ladrón de Guevara!
Misas toda a mañá, venda de carne das ofrendas e bendición das varas
Non podes faltar! domingo 23 Romaría de San Xorxe de Cereixo na Estrada
(máis info no Facebook Romaría de San Xorxe de Cereixo – A Estrada)

Publicado en Portada | Deja un comentario