Feira de Pascua organizada pola Sociedade Cabalar da Estrada

Estes foron os resultados de Pura Raza Española ⤵


🐴 En poldras de 2 anos:

🎖 Villa Arieiro, de Juan Touceda
🎖 Coco MR, de Manuel Rosende Rodríguez
🎖 Alegría Na, de Yeguada O Piorno

🐴 En poldros de 2 anos:

🎖 Cambados R, da gandaría Ganadería Canicoba
🎖 Scala VM, da gandaría Yeguada O Piorno
🎖 Manacor Tou, da gandaría Ganadería Touceda

🐴 En poldras de 3 e 4 anos:

🎖 Caprichosa de Noya, de Manuel Rosende Rodríguez
🎖 Orgullosa de Sinde, da gandaría Bustelo
🎖 Condesa da Cabaña, de Yeguada O Piorno

🐴 En cabalos de 3 e 4 anos:

🎖 Caldes SP, da gandaría Santos Pereira
🎖 Artista de Blanco, da Yeguada O Piorno
🎖 Victorino PG, da gandaría Patiño Guillán

🐴 En eguas de 5 e máis anos:

🎖 Gala CH, da gandaría CS
🎖 Talaverana RJ, de Yeguada O Piorno
🎖 Quemadora FC, da gandaría Varcia

🐴 En cabalos de 5 e máis anos:

🎖 Salvador RJ, da gandaría Santos Pereira
🎖 Quirico PG, da gandaría Patiño Guillán
🎖 ALD Defensor, da gandaría Neira García

🏇 Con respecto ao concurso de enganche:

👉 Na proba limoeira ⤵

🏅 Diego Souto e Tamara Abilleira con Centurion
🏅 Sara Castiñeira e Carlos Castiñeira con Princesa
🏅 Carlos Castiñeiras e L. Miguel García con Puksis

👉 Na proba tronco ⤵

🏅 Diego Souto e Tamara Abilleira con Centurion e Lisonero
🏅 Carlos Otero e José Navas con Aquí Jem e Invictus
🏅 Manuel Magdaleno e José Navas con Yango e Pinturillas

👏 Moitos parabéns a todos e todas!


Publicado en Portada | Deja un comentario

II edición do Campionato de Rastro sobre Xabaril Salvaxe

 Na xornada de onte entregáronse en Ribela os premios da II edición do Campionato de Rastro sobre Xabaril Salvaxe, previsto en montes de Condeseda.

👉 A proba, organizada pola peña O Colmillo, é puntuable para a copa autonómica.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Feira de Sementes & PlantónTradicionais da Fundación GALICIA VERDE

Esta 10ª edición supón o regreso da Feira despois de tres anos sen podela celebrar por mor da pandemia e as súas consecuencias directas (imposibilidade de darlle continuidade aos cultivos que tiñamos en marcha, coa conseguinte perda de colleitas e a demora en poder recuperar produción e zonas de cultivo).

Postos.- Nesta ocasión contaremos con arredor de 30 postos. Coma sempre, non queremos ampliar excesivamente o nº de participantes para poder garantir as mellores condicións posibles para cada posto; este ano con maior motivo, xa que se trata case de empezar de novo  e preferimos ir ‘crecendo’ de maneira gradual.

O contido dos postos divídese, coma sempre, en Alimentación e bebidas, con todo tipo de preparados a base de froitas e hortalizas, pans, biscoitos, tortas, galletas, cafés, infusións, cervexas artesás, deshidratados, conservas vexetais, zumes, bebidas fermentadas, mexilóns en conserva, filloas …  Este ano contaremos con dous vagóns de comidas (o que se coñece como ‘foodtruck’, pero que eu creo que ten forma de dicirse na nosa língua, non é?), un dos cales inicia a súa actividade na nosa Feira: desexámoslle unha magnífica estrea!

No apartado de Produción contamos con varios postos de mel e os seus derivados (xelea real, própole, pole, hidromel …); meles mono e multiflorais, vinagre de mel, licores, cremas e ungüentos obtidos do mel; plantón de horta e de aromáticas e medicinais; bulbos de flores; froitas e verduras de horta propia e de tempada; cremas e tinturas derivadas de plantón medicinal; viveiros de planta perenne comestible …

E no apartado de Varios, teremos sombreiros e outros obxectos elaborados con palla de centeo; xabóns e produtos cosméticos a partir de plantas de horta biodinámica; aceites esenciais de procedencia rural sostible; bálsamos, aceites para masaxes, pasta de dentes, chanpús; todo tipo de produtos de hixiene persoal e limpeza ecosostible vendidos a granel, reutilizando os envases plásticos; ambientadores naturais, velas, maquillaxes botánicas; impresións con tintas sobre algodón orgánico …

Publicado en Portada | Deja un comentario

JUAN CARLOS GONZÁLEZ BARCIA REPETIRÁ O NÚMERO 5 DACANDIDATURA SOCIALISTA

Belén Louzao, Patricia Carracedo e Luis Rendo ocuparán as últimas posicións da
lista. López Bueno agradeceulles o seu traballo durante estes anos e considéraos
activos imprescindibles do PSOE da Estrada.
Luis López Bueno continúa desvelando os integrantes da candidatura do PSOE
para as eleccións municipais. O voceiro anunciou que Juan Carlos González Barcia
repetirá posto.
Juan Carlos é licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais, funcionario de
Hacienda na Estrada e forma parte do equipo actual do Grupo Municipal Socialista.
Reside no casco urbano.
Manifestou que nos últimos 4 anos só se ven melloras estéticas na vila, mentres que
as parroquias continúan no olvido e os problemas reais e estratéxicos para A
Estrada continúan sen atender. “Estamos moito peor que hai 4 anos, sen solo
industrial, cun descenso de poboación preocupante e con 8 millóns de euros de
débeda municipal”.
López Bueno tamén avanzou que Patricia Carracedo, Belén Louzao e Luis Rendo
ocuparán os postos 18, 20 e 21 da candidatura. Agradeceulles o seu traballo nos
últimos anos e recoñece que sen eles sería imposible encarar estas eleccións
dende a posición de líderes indiscutidos da oposición. “Fomos líderes da oposición
non só por ter máis concelleiros, se non porque o grupo funcionou unido e
marcamos a axenda política co traballo dos nosos concelleiros e concelleiras”.
López Bueno manifestou que Patricia, Belén e Rendo seguirán participando
activamente na vida do partido, seguirán traballando da man dos veciños e veciñas
e considéraos activos imprescindibles do PSOE da Estrada.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Estrada acolle durante esta fin a tradicional Feira de Pascua que  organiza a Sociedade Cabalar de A Estrada xunto co Concello.

Na categoría de poldros de 2 a 3 anos
🥇 Medalla de ouro: FP Zafir de María Teresa Ferreiro Veiga de Santiago
Medalla de prata: Jilani (IL) de Dakhlallah Sanallah de Cataluña
Medalla de bronce: Daa Benicio de Yeguada Gemelos de Lugo

🏆 Na categoría de poldros yearling de 1 ano:
🥇 Medalla de ouro: DLM Keops de Santiago Martinez de Bertamirans
Medalla de prata: Lakhan AL Zubi de Zubialdea Arabians de Navarra

🏆Na categoría eguas:
🥇 Medalla de ouro: FH Shababy Rose de Al Joo Stud de Palestina
Medalla de prata: Qamara Al Jood de Al Joo Stud de Palestina
Medalla de bronce: LG Saila de Ganadería Cabaleiro de Galicia

🏆 Na categoría de potras yearling:
🥇Medalla de ouro: Estonia Al Jood de Tolra Training Center de Cataluña
Medalla de prata: Afrodita PF de Yeguada Pedra Furada de Campo Lameiro
Medalla de bronce: Artemisa PF de Yeguada Pedra Furada de Campo Lameiro

🏆Na categoría poldras:
🥇Medalla de ouro:  Myt Arezu de Bernat Tolra de Tolra training Center de Cataluña Medalla de prata: Juliana Lembarak de Al Jood Stud de Palestina
Medalla de bronce: LG Julieta de Yeguada Gemelos de Lugo

Publicado en Portada | Deja un comentario

Hoxe tivo lugar o terceiro encontro dos membros da Comisión Transfronteiriza de Apoio ao Camiño da Geira.

Hoxe tivo lugar o terceiro encontro dos membros da Comisión Transfronteiriza de Apoio ao Camiño da Geira.

🥾 Un grupo de investigadores e promotores desta ruta de peregrinación traballan na súa oficialización.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O PP non atende as prioridades nin xestiona ben os cartos nin as infraestruturas

Xoán Reices: «Os veciños e veciñas da Estrada teñen que saber que o goberno de López vai gastar 421.000 euros nun campo de fútbol nunha parroquia que non ten saneamento, en realidade ningunha parroquia de Vea o ten, e 1.000.000 de euros para facer outro pavillón nunha zona, onde xa hai tres instalacións deste tipo. O saneamento do rural debería ser a prioridade do goberno municipal.»

O BNG da Estrada, a través da súa concelleira Susana Camba, votou en contra da construción dun novo pavillón para eventos deportivos, que se situará ao lado das pistas de atletismo.

Segundo explicou o candidato do BNG, Xoán Reices, «votamos en contra porque entendemos que tanto os cartos públicos como as instalacións municipais hai que xestionalas mellor, evitando o mal gasto e aproveitando uso das infraestruturas existentes». «Entendemos que gastar máis de 1.000.000 euros (máis outro millón que pon a Xunta) nun novo pavillón tendo dous moi preto, así como as instalacións da Feira do Moble, non nos parece de recibo», explicou o candidato nacionalista. «Estes cartos saen dos fondos propios do concello», engade, «un concello que veu incrementada a súa débeda con préstamos innecesarios, que a fin de contas pagaremos entre todos e todas as veciñas da Estrada».

«Por outra parte», recalcou o candidato do BNG, «hai poucos días o goberno de López tamén anunciaba que ía gastar outros 421.000 euros para arranxar o campo de Nogueira, en Santa Cristina de Vea». «No seu momento tamén votamos en contra», explica, «entre outras cousas, porque se trata dunha infraestrutura privada, non é un campo municipal, pero ademais entendemos que hai outras prioridades que atender con máis urxencia».

«Neste sentido», explica Reices, «e bo que todos os veciños e veciñas da Estrada saiban que o concello vai gastar 421.000 euros nun campo de fútbol nunha parroquia que non ten saneamento, en realidade ningunha parroquia de Vea o ten, o cal parécenos moi grave e entendemos que esa debería ser a prioridade do goberno municipal».

«Así o entendemos nós», recalca Reices, «no BNG cremos que se hai unha necesidade importante que atender no rural é o saneamento; sabemos perfectamente que un concello tan extenso como o noso iso non se remata nun mandato, seguramente precisaría varios mandatos para sanear todo o rural estradense, pero é que López leva tres mandatos consecutivos e non foi quen de facer nin un só saneamento no rural».

O candidato do BNG, Xoán Reices, dubida do compromiso de López co rural e co seu saneamento. «En 2019 López encargoulle a IDOM un plan director sobre o saneamento do rural estradense do que nada se sabe», explica, «para o BNG isto é non é unha prioridade, é a prioridade de termos responsabilidades de goberno a partir do 28 de maio, porque entendemos que o rural merece máis».

Publicado en Portada | Deja un comentario