Presentación do programa Goza do Ulla

Presentación do programa Goza do Ulla

En representación do Concello da Estrada acudiu a concelleira Mari Carmen Durán Lea.

Publicado en Portada | Deja un comentario

TOUROPERADORES E AXENTES LOCAIS ANALIZAN O POTENCIAL DAESTRADA PARA MEDRAR COMO DESTINO TURÍSTICO

 Empresas turísticas como Interrias, Grupo Airmet, Asociación Galega
de Axencias de Viaxes (Agavi), Amextrem-Agetan, Federación Galega
de Turismo Rural (Fegatur) ou a Asociación Profesional de Guías de
Turismo de Galicia (APIT) compartiron este Workshop con axentes
turísticos do municipio

A Estrada acolle esta semana o Fam Trip (abreviatura
de Familiarization Trip) dirixido a touroperadores e axencias de viaxe, co obxectivo de
que coñezan de primeira man o potencial turístico deste municipio. A iniciativa está
impulsada pola Deputación de Pontevedra, o Concello e o sector da sidra, que esta mañá
abriu tres dos seus lagares á visita de todos os participantes.
Logo de coñecer esta tarde atractivos turísticos tan representativos da Estrada como o
Pazo de Oca, déronse cita no Restaurante Samaná para participar nun Workshop ou, o
que vén sendo o mesmo, nun foro de intercambio de impresións no que os
touroperadores e axentes locais analizaron o potencial que ten A Estrada para medrar
como destino turístico. A pretensión final desta experiencia é que estas empresas
turísticas rematen por ofertar A Estrada aos seus clientes.
Empresas turísticas como Interrias, Grupo Airmet, a Asociación Galega de Axencias de
Viaxes (Agavi), Amextrem-Agetan, Federación Galega de Turismo Rural (Fegatur) ou a
Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia (APIT) compartiron este
Workshop con axentes turísticos do municipio, caso de restauradores, hoteis, casas de
turismo rural, empresas de servizos ou locais hostaleiros. Con eles estiveron o alcalde
da Estrada, Gonzalo Louzao, a directora de Turismo en Pontevedra, Romina Fernández,
o presidente do Cluster Turismo de Galicia, Cesáreo González Pardal, o director da Área
Territorial de Turismo de Pontevedra, Felipe Ferreiro, ou o concelleiro estradense de
Turismo, Óscar Rancaño, entre outros.
No acto fíxose un repaso dos recursos turísticos que pode ofrecer a Estrada, dende as
paisaxes fluviais, principalmente pintadas polos cursos do Ulla e o Umia, ás rutas de
sendeirismo, pasando por iconas como o Pazo de Oca, a Rapa das Bestas de Sabucedo,
a Festa do Salmón ou a Feira da Sidra, sen esquecer que A Estrada atesoura a maior
“fábrica” de arte románica de Galicia.

O encargado de abrir o acto foi o xerente de Simply Travel, Juan Rivadulla, como
organizador deste Fam Trip. Puxo o acento na importancia de aproveitar o encontro
para intercambiar impresións e pulsar a opinión dos expertos para analaizar como se
podería potenciar o atractivo turístico local.
“Esta experiencia está pensada para que descubrades un municipio que é a nosa casa,
pero que tamén mantén sempre as súas portas abertas para quen queira achegarse”,
sinalou o alcalde da Estrada. Gonzalo Louzao xogou co lema da campaña “A Estrada é
camiño”, remarcando que é un slogan que se repite “nun sentido tan amplo como
simbólico”. “O noso municipio leva no nome a idea de camiño e non é algo casual. A
Estrada foi paso de viaxeiros, de arrieiros e de peregrinos, e por aquí seguen pasando
hoxe varias rutas xacobeas. Pero A Estrada tamén é camiño no sentido de oportunidade:
o camiño que pode seguir calquera viaxeiro para descubrir un patrimonio rico e
diverso,que vai da etnografía á gastronomía, da exuberancia da natureza á beleza do
construído polo ser humano”, manifestou o rexedor.
Destino por descubrir
“Son un estradense orgulloso, algo que me vén especialmente ben como alcalde. E coido
sinceramente que A Estrada ten motivos de sobra para sentirse fachendosa”, continuou
o mandatario. Fixo despois alusión a moitos atractivos locais, entre os que non esqueceu
citar a gastronomía, a artesanía ou tradicións tan propias como os Xenerais da Ulla.
“Somos un destino auténtico. Un destino aínda por descubrir para moitos viaxeiros. E
estamos convencidos de que A Estrada pode formar parte desas novas rutas, desas
novas propostas e desas novas experiencias que buscades ofrecer”, concluíu o alcalde.
Presentación da Festa da Sidra
O programa da Fam Trip continúa mañá con visitas desta delegación a Sabucedo, onde
coñecerán o curro que cada ano alberga a Rapa das Bestas, Festa de Interese Turístico
Internacional. Ás 11.30 horas celebrarase a presentación da Feira da Sidra, que este ano
se acompañará dun showcooking.

Publicado en Portada | Deja un comentario

ABERTO O TRÁMITE PARA CONTRATAR A OBRA QUE AMPLIARÁ ASUPERFICIE E OS XOGOS NO PARQUE INFANTIL DE FIGUEIROA

 A Xunta de Goberno Local dá luz verde ao inicio do expediente de
licitación.
 O proxecto contempla a expansión da soleira existente, a renovación das
lousas da zona de recreo infantil e a incorporación de novos xogos na
superficie de ampliación.
 O recinto do parque pasará dos 116 metros cadrados actuais a situarse
preto dos 180.

A Xunta de Goberno Local (XGL) deu na súa sesión de
hoxe luz verde ao inicio do procedemento para a adxudicación do contrato para a
execución das obras previstas no proxecto de ampliación e mellora do parque infantil
de Figueiroa, no tramo final da Avenida de Santiago. Trátase dunha dotación encadrada
nunha zona que gañou moita poboación nos últimos anos e que ten un carácter
estratéxico para o ocio dos máis pequenos, na medida en que é un espazo situado a
carón do CEIP Figueiroa e moi próximo á Escola Infantil Municipal.
A infraestrutura existente foise quedando pequena co paso dos anos e o goberno local
aposta pola súa ampliación, dentro das posibilidades que ofrece o solar no que se
encadra. Con este fin, destinaranse algo máis de 52.000 euros, obtidos a través dunha
baixa do plan +Provincia.
O parque ten actualmente unha superficie de xogo de 116 metros cadrados. Con este
proxecto, a intención do Concello e engadirlle outros 60 metros, de xeito que a área
destinada ao ocio infantil se achegue aos 180 metros cadrados.
A iniciativa contempla a ampliación da soleira existente e a instalación de novas lousas
homologadas na totalidade da superficie que se empregará para instalación de
elementos de xogo. Ademais de conservar as pezas existentes que se atopen en bo
estado ou de realizar algunha mellora que estes elementos poidan precisar,
incorporaranse novas estruturas para a diversión dos usuarios deste parque. Estes novos
elementos colocaranse na zona de ampliación.

O acordo da Xunta de Goberno abre agora o trámite administrativo necesario para a
adxudicación das obras. Cando se coñeza xa a empresa que executará os traballos, o
prazo recollido no proxecto para realizalos é de dous meses.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O ÉXITO DO NOVO FORMATO DA FESTA DO SALMÓN LEVA A PENSAREN APLICAR UN NOVO INCREMENTO NA DEGUSTACIÓN POPULAR

 O regreso da degustación á Praza da Constitución e a aposta por manter
o ambiente festivo durante toda a xornada consolidáronse como grandes
acertos, capaces de ateigar as rúas durante toda a xornada.
 Coas racións esgotadas, un balance inicial fai que se valore un salto
cuantitativo que achegue a degustación ás 7.000 racións.

O Concello da Estrada fixo hoxe un balance moi positivo
da 52ª edición da Festa do Salmón, que veu confirmar o renacer que está
experimentando a celebración gastronómica por excelencia do municipio, con máis de
medio século de historia. O éxito do novo formato aplicado a esta festa leva ao Concello
a pensar xa en propoñer á hostalería a necesidade de aplicar un novo salto cuantitativo
que incremente a degustación popular, eixo central da celebración.
Dende o goberno local estímase que o cambio de formato iniciado en 2025, coincidindo
co primeiro ano da segunda metade de século da festa, supuxo un auténtico punto de
inflexión para a Festa do Salmón. A edición deste ano ratifica que a celebración avanza
polo bo camiño, reforzando un modelo pensado para adaptar a festa ás novas demandas
de veciñanza e visitantes sen perder a súa esencia.
Neste contexto, o regreso da degustación á Praza da Constitución e a aposta por manter
o ambiente festivo durante toda a xornada consolidáronse como grandes acertos. A
degustación popular prolongouse onte cun animado tardeo e coa posterior actuación
da orquestra París de Noia, facendo que a vila gozara dun gran ambiente mantido
durante todo o día. “O novo formato conecta co que o público agarda da Festa do
Salmón”, sinalou o concelleiro de Promoción Económica, Óscar Durán.
O éxito da edición quedou reflectido tamén na histórica implicación do sector hostaleiro,
que acadou, con 18 participantes, a cifra máis alta de participación rexistrada ata o
momento. Este forte compromiso traduciuse nun incremento notable da capacidade da
degustación popular pero, aínda así, as racións remataron por esgotarse.
Neste senso, Durán explicou que na edición anterior fixéronse 5.500 racións, que non
chegaron a esgotarse. Valorando xa este incremento, este ano contábase con case
6.000, pero a boa resposta do público fixo que arredor das 14.00 horas moitos
restauradores quedaran xa sen existencias. “Isto fainos pensar, nunha primeira

valoración, na necesidade de incrementar aínda máis e achegarnos o ano que vén á cifra
das 7.000 racións”, sinalou Durán.
Os horarios da distribución das racións e o funcionamento da venda anticipada serán
cuestións que terán que estar sobre da mesa nas valoracións máis detidas e na
programación cos hostaleiros. “Estamos ante unha cifra récord que evidencia o
crecemento sostido da celebración, ao que teremos que dar resposta”, apuntou o
concelleiro.
“A resposta do público durante todo o día demostra que a Festa do Salmón é unha
celebración viva, que medra e evoluciona sen perder a súa identidade”, declarou o
alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao Dono. O rexedor quixo sumarse ao primeiro balance
desta edición para agradecer a elevada participación cidadá e o compromiso amosado
pola hostalería, considerando que o éxito do modelo iniciado en 2025 senta as bases
para continuar traballado na consolidación dunha celebración “que mira ao futuro con
ilusión e ambición”.
Acerto no pregón e nos recoñecementos
Tanto o alcalde como o concelleiro de Promoción Económica coincidiron en sinalar
tamén a resposta cidadá que houbo na parte máis institucional da festa, cun Teatro
Principal cheo para escoitar o pregón e asistir á imposición das insignias Salmón de Ouro.
Sinalaron a emotividade e o sentido do humor que houbo tamén nesta vertente da festa,
estimando o acerto na elección de Fernando Romay como pregoeiro. “Protagonizou un
pregón próximo, emotivo e con moitas pinceladas de humor, que penso que conectou
moi ben co público e que deixou imaxes para o recordo”, apuntou o alcalde, aludindo
tamén neste punto ao sentido do humor do que fixo gala o conselleiro de Educación,
Román Rodríguez.

Publicado en Portada | Deja un comentario

DOUS MURAIS DE GRAN FORMATO FARÁN UN TRIBUTO NO ESPAZOURBANO Á RAPA DAS BESTAS E AO ESCRITOR MANUEL GARCÍABARROS

 Serán obra do artista Pablo Loyola e executaranse nunha fachada da
Rúa 56 e no lateral do Teatro Principal.
 O mural da Rapa das Bestas comezará a pintarse xa o vindeiro luns.
 O traballo que lembrará a García Barros elabórase nun 2026 no que se
conmemora o 150 aniversario do nacemento do célebre escritor de
Berres, inmortalizado no teatro no que cada ano se entrega o premio
literario que leva o seu nome.

O alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao Dono, desvelou
hoxe que o Concello promoverá a creación de dous grandes murais artísticos en espazos
estratéxicos do casco urbano, co obxectivo de poñer en valor dous importantes
emblemas culturais do municipio a través da arte urbana. A primeira destas obras
comezará a executarse xa o luns e os dous serán traballos asinados polo recoñecido
grafitero, muralista e ilustrador Pablo Loyola.
O primeiro dos murais situarase na Rúa 56, chegando xa á contorna da Praza de Galicia
e unha das vías de acceso ao centro da capital estradense. Estará dedicado á Rapa das
Bestas, Festa de Interese Turístico Internacional e un dos grandes símbolos culturais e
patrimoniais da Estrada. A obra buscará render homenaxe a esta tradición única,
profundamente vencellada á historia e á identidade colectiva do municipio.
“Quero agradecerlle publicamente á comunidade de veciños deste edificio que nos
cedera a fachada (que queda subindo á man esquerda) para facerlle esta homenaxe á
nosa Rapa das Bestas. Será un mural a tamaño completo que representará aos cabalos
no curro cun dos aloitadores”, avanzou.
O segundo dos murais, tamén de gran formato, realizarase nunha das fachadas do
Teatro Principal e estará dedicado ao escritor Manuel García Barros, coincidindo nun
ano no que se conmemora o 150 aniversario do seu nacemento. “Este ilustre estradense
da parroquia de Berres merecía estar representado no lugar no que, dende hai máis de
tres décadas, se entrega o prestixioso galardón literario que leva o seu nome”, sinalou
o alcalde.



Esta segunda creación incluirá tamén diversos emblemas locais que reforzan o vínculo
coa historia e o patrimonio estradense, como a igrexa de San Paio, o Pazo de Oca, a
ponte medieval de Pontevea ou o propio consistorio. Como sinalou o xefe do executivo
local, a intervención artística incorporará a imaxe do autor no propio teatro no que cada
ano se entrega o premio de novela que leva o seu nome.
Gonzalo Louzao explicou tamén que estas dúas obras, que agarda teñan o impacto
desexado para homenaxear estes dous referentes culturais, contan coa implicación
económica da Deputación de Pontevedra, a través do contrato con Turismo Rías Baixas.
Con esta iniciativa, o Concello aposta pola arte urbana como ferramenta de
dinamización cultural, mellora da paisaxe urbana e posta en valor dos que, sen dúbida,
son dous representativos emblemas locais.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O CONCELLO DA ESTRADA ABRE O LUNS O PRAZO DE INSCRICIÓNPARA UNHA NOVA EDICIÓN DO CAMPUS DEPORTIVO DE VERÁN

 Busca favorecer a conciliación laboral e familiar durante a tempada
estival e está dirixido a nenos e nenas de entre 5 e 15 anos.
 Os participantes poderán solicitar quendas ou quincenas en xullo e
agosto, pechándose o prazo o 31 de maio.
 Custará 40 euros por quincena, con bonificacións para familias
monoparentais e numerosas ou para aquelas nas que haxa varios
irmáns matriculados.
 As solicitudes que incumpran o prazo, por anticipación ou atraso,
quedarán fóra.
 Este campamento está dirixido especificamente a empadroados no
Concello da Estrada.

O Departamento de Deportes do Concello da Estrada
abrirá o luns o Campus Deportivo de Verán, unha actividade que buscará favorecer a
conciliación de vida laboral e familiar dos estradenses durante os meses de xullo e
agosto. O responsable desta área municipal, Ismael Pena, presentou a 17ª edición do
programa, que está dirixido a nenos e nenas de entre 5 e 15 anos (nos dous casos
cumpridos a 1 de xullo de 2026). Compre sinalar tamén que este campamento está
especificamente dirixido a empadroados no Concello da Estrada.
Como vén sendo habitual, a inscrición realizarase por quincenas, cun prezo de 40 euros
por participante e quincena. O Concello reserva bonificacións sobre esta tarifa. Deste
xeito, as familias monoparentais terán un desconto do 20% sobre o prezo (pagarán 32),
ao igual que as familias numerosas, que terán un desconto do 20% en cada membro.
Ademais, as familias con dous irmáns matriculados no Campus Deportivo de Verán terán
unha redución do prezo orixinal do 10% para cada membro (pagarán 36 euros cada un).
Os participantes poderán solicitar as quendas/quincenas que consideren necesarias ata
un máximo de 4, cubrindo na folla de inscrición a orde de prioridade. Poderán entrar
nas quendas non preferenciais sempre e cando existan prazas vacantes.
Todas as actividades do Campus Deportivo están especialmente dirixidas ás idades e
desenvolvemento psíquico-físico das persoas participantes e todas elas desenvolven

tamén, de xeito transversal, valores de disciplina, esforzo, perspectiva de xénero,
integración, hixiene e respecto ás normas en base as idades e características individuais
dos inscritos.
Deste xeito, o programa deportivo que fiará esta convocatoria está orientado a crear
hábitos saudables e activos, priorizando as actividades ao aire libre. Os horarios e a
programación de cada quenda faranse en función das idades. En xeral, a oferta do
Campus inclúe fútbol, baloncesto, atletismo, bádminton, actividades acuáticas, tenis,
atletismo e xogos predeportivos de iniciación para os máis pequenos. A maiores
realizarase unha excursión en cada mes ao parque acuático de Cerceda, nunha data por
determinar.
As quendas deste ano serán as seguintes:
• 1ª QUENDA: do mércores 1 de xullo ao mércores 15 de xullo.
• 2ª QUENDA: do xoves 16 de xullo ao venres 31.
• 3ª QUENDA: do luns 3 de agosto ao venres 14.
• 4ª QUENDA: do luns 17 de agosto ao luns 31.
As solicitudes de inscrición deberán presentarse obrigatoriamente a través da sede
electrónica do Concello da Estrada (https://aestrada.sedeelectronica.gal) ou, en casos
excepcionais, no Rexistro Xeral do Concello da Estrada, en horario de 9.00 a 14.00 horas
de luns a venres. O prazo de inscrición arranca o luns 18 de maio e irá ata o domingo 31
deste mesmo mes. As solicitudes que incumpran o prazo, por anticipación ou atraso,
quedarán automaticamente fóra.
Unha vez confirmada pola organización a participación do neno/a, deberase realizar o
pagamento, de maneira presencial na oficina do Banco Sabadell ou de xeito telemático,
para achegar despois ou enviar o xustificante de pago ao departamento de Deportes (no
4º andar do Concello ou entregarllo o primeiro día da actividade entregarllo ao monitor).
Este é o número de conta para o pago (BANCO SABADELL): ES78 0081 2208
230001012603
No tocante á documentación que é preciso presentar: ficha de inscrición coa foto do
neno/a; DNI do menor; DNI do nai, pai ou titor, tarxeta sanitaria do menor, libro de
familia ou documento que acredite a situación de familia numerosa ou monoparental e
certificado médico no caso de enfermidades crónicas ou outras afeccións.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A ESTRADA INAUGURA ESTE SÁBADO A SÚA PEONIL PRAZA DE GALICIA

 Ultiman os detalles nas zonas axardinadas e na fonte que recupera este
emblemático cruce de camiños, xerme urbanístico da Estrada.
 Veciños deste enclave e comerciantes da contorna serán convidados
especiais na apertura despois de varios meses de obras

A Praza de Galicia e a súa contorna quedará este sábado
completamente aberta á cidadanía, que poderá comezar a desfrutar dun espazo no que
o peón fará seu un espazo emblemático que foi xerme urbanístico da capital estradense.
Ás 10.00 horas haberá un pequeno e simbólico acto de inauguración, aberto a toda a
veciñanza, pero no que o goberno que encabeza Gonzalo Louzao quere dar especial
protagonismo aos veciños da Praza de Galicia e aos comerciantes da contorna.
“Poremos de longo o fin destas obras. Tentamos que a actuación fora o menos molesta
posible, pero sabemos que houbo cortes de tráfico e certas molestias ante as que
queremos recoñecer, nova e publicamente, a sensibilidade que amosaron veciños e
comerciantes. A todos eles convidarémolos expresamente, a través dunha carta que
recibirán estes días, a participar nesta inauguración”, explicou hoxe o alcalde
estradense.
“Este espazo público volve a recobrar o seu protagonismo como naceu, como ese cruce
de camiños que propiciou o desenvolvemento da nosa vila e faino tamén como a guinda
dun proceso de peonalización que comezou en rúas como Ulla e Calvo Sotelo. Esta nova
Praza de Galicia é máis dos estradenses que nunca”, destacou o mandatario.
Sobre o terreo están xa ultimándose as obras, concentradas nesta recta final nas zonas
axardinadas e tamén na nova fonte. Neste elemento quíxose exaltar o carácter histórico
deste enclave recuperando elementos da fonte orixinal que naceu nesta praza e que
logo foi trasladada ata a alameda municipal.
Atrás quedan meses de obras, postas en marcha no outono, para reformar e humanizar
a Praza de Galicia e a súa contorna. Os traballos, executados pola firma Taboada y
Ramos, puxeron tamén a peonalización do primeiro tramo da Rúa Don Nicolás,dende o
cruce coa Calvo Sotelo ata a súa intersección con Marqués de la Vega de Armijo.

As obras, cun investimento de máis dun millón de euros, foron financiadas no marco do
convenio asinado entre o Concello da Estrada e a Deputación de Pontevedra, que
aportou 807.000 euros a esta actuación a través do Plan Extra.

Publicado en Portada | Deja un comentario