O PSOE ADVIRTE DE QUE OS FONDOS EDUSI NON CHEGARÁN ÁS PARROQUIAS E QUE O PP ANTEPÓN OS SEUS INTERESES DE PARTIDO ÁS NECESIDADES DOS VECIÑOS

O PSOE local advirte de que o PP non executará os Fondos
Edusi que se ían destinar ao rural da Estrada. Luis López Bueno afirma que
López Campos leva dous anos sen executar un só euro dos fondos europeos
e que xa non queda tempo nin recursos para cumprir coa planificación nas
parroquias.
As únicas obras en marcha actualmente están financiadas pola Deputación,
ou son de iniciativa privada como a Residencia de Maiores ou proxecto de
Bogaris na avenida de Pontevedra. Mentres tanto o PP non foi capaz de
executar nin un só proxecto da Edusi nestes dous anos de mandato. A ese
respecto, Bueno considera que “é evidente que López Campos está xogando
co tempo. Os investimentos da Edusi vanse executar a partir de agora para
que o PP intente sacar rendemento electoral en 2023”, vaticina.
López Bueno deixa claro que “o PP está poñendo os cartos de todos ao
servizo dos seus propios intereses” e remarca que é “inadmisible” que os
fondos europeos para as parroquias “queden sen executar”. Para
comprobalo abonda con comparar a memoria da estratexia co que
efectivamente hai feito, “unicamente se executaron as actuacións para o
casco urbano, e nos vindeiros meses continuará esta tónica”.
En calquera caso, existen cuestións básicas que continúan presentando
deficiencias graves. É o caso do mantemento nas rúas do casco urbano.
“Temos unha vila que está sucia e o PP non fai nada por evitalo, iso é así”
sentencia López Bueno. “O mellor exemplo é o Salmón da Porta do Sol, hai
anos que non se limpa. E iso acontece en moitos puntos do casco urbano”,
cita.
Tamén valora negativamente que o PP prometera unha reorganización dos
fondos Edusi e que “non se saiba nada dese asunto máis dun ano despois”.
Entende que nesa reorganización todas as forzas políticas deben ter voz e
que “a proposta socialista está feita e pasa por centros de día no rural e
máis de 1,1 millóns de euros de investimento nas parroquias”.
A falta de sensibilidade do PP co rural contrasta coa firme aposta da
Deputación, demostrada cos máis de 4 millóns de euros que porá a
Deputación durante o presente mandato, e que son os únicos que se están
investindo no rural.
López Bueno observa que “é evidente que hai que executar obras na vila”
pero critica as prioridades do goberno local, “o primeiro son as súas grandes
______________________________________________________________________
Agrupación Socialista da Estrada
______________________________________________________________________
Prolongación da R/ Castelao 16, baixo
obras e refacer o que xa hai feito (Rúa Serafín Pazo, Calvo Sotelo…), e
despois están as necesidades reais dos veciños e veciñas”. Cita como
exemplo a Avenida de Santiago, que leva anos precisando melloras “sen
que ninguén recibira aos veciños ata hai uns meses”, pero ve problemas
semellantes en varias rúas do centro.
Reforma da Praza da Feira
López Bueno asegura que “a mala xestión do PP está provocando atrasos
nesta obra, que xa debería estar máis que comezada” e ante a
preocupación dos feirantes, ve necesario que o goberno explique “se o
mercado dos mércores se seguirá celebrando alí unha vez remate a obra”.
Sobre a reforma en si, opina que “se quedará bonita ou fea é para gustos”
pero ve “falta de ambición”, por exemplo en cuestións como os
aparcamentos subterráneos que prometeu López Campos unha e outra vez
e que agora son “leira-parkings en superficie”.
Fondos ReacPon
A Deputación de Pontevedra publicou recentemente un Plan de
Investimentos que podería traer para A Estrada en torno a 1 millón de
euros. López Bueno considera que o Concello carece dunha biblioteca de
proxectos e que a pesar de que solicitou información no Pleno, o PP non
quixo desvelar “que proxecto van a presentar para conseguir ese
financiamento”.
López Bueno tamén lamentou as negativas iniciais do PP a iniciar o trámite
para a desadscrición do vello centro médico, e que tardaran meses en
atender a proposta do Grupo Municipal Socialista. Para o líder da oposición
“sería perfectamente viable presentar un proxecto de reforma do edificio
aos fondos ReacPon, pero a falta de iniciativa do PP faino imposible”.
De todas as maneiras, considera “fundamental para A Estrada” que o
procedemento que se abriu “continúe o seu trámite” para que o Concello
poida ter cando menos a cesión das instalacións á espera de atopar
financiamento para a reforma: “Non podemos permitir que o vello centro de
saúde quede baleiro coma o INEM ou o Matadoiro”.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Asociación da Rapa das Bestas de Sabucedo
leva a cabo unha campaña de sensibilización
para a defensa e protección das bestas

A Asociación da Rapa das Bestas de Sabucedo convoca para o próximo sábado 10 de
xullo a todos aqueles que estean interesados en facer un percorrido polo monte onde
viven durante todo o ano as bestas que, en situación de normalidade, serían as
protagonistas, o fin de semana pasado, da ancestral Festa Declarada de Interese
Turístico Internacional.
A andaina sairá do teleclube de Sabucedo ás 9h.
Proponse para esta actividade, o recoñecemento visual das greas, dende distancia, iso
si, para o que se recomenda o uso de prismáticos. Visitaránse tamén os diferentes
petróglifos , mámoas,… camiñando entre fermosas carballeiras que conforman o noso
monte. Propónse dende a Asociación, que a xente acuda con roupa cómoda, de
sendeirismo; auga e algo para coller forzas a media mañá.
Durante a ruta, os integrantes da Asociación falarán das diversas problemáticas que
rodean ás bestas, como son o estado de abandono de boa parte do monte ou a
instalación de parques eólicos que van modificar profundamente o hábitat dos
cabalos.
Ao chegar de novo a Sabucedo, haberá pulpeiro no Campo do Medio e a xornada
rematará coa actuación de Mofa e Befa ás 18h, enmarcada dentro da campaña de
sensibilización proposta pola Asociación.
Recoméndase reserva previa no correo electrónico rapadesabucedo@gmail.com
Paulo Vicente Monteagudo, Presidente da Rapa das Bestas de Sabucedo, tlf:665602142

Publicado en Portada | Deja un comentario

As restricións poderían volver na Estrada ante o aumento dos casos


O número de casos activos rexistrados no concello da Estrada non parou de aumentar ao longo desta semana. O luns, ao día seguinte das festas de San Paio, o número de positivos foi de tres, mentres que neste momento hai polo menos unha ducia de infectados, un aumento do 300% en só unha semana, o que podería traer consecuencias en forma de restricións nas próximas datas. Nestes momentos o municipio estradense sitúase no nivel medio-baixo, como a maioría de Galicia, con interiores de hoteis e restaurantes ao 50% e 100% en terrazas.

Segundo a información facilitada polo servizo de Atención Primaria da Estrada, o incremento respecto ao venres son catro casos máis. Ao redor de seis infeccións corresponden a un brote relacionado cunha comida con amigos que se celebrou nas festas, así como ao contaxio do camareiro dun bar pechado para evitar unha maior propagación do virus. Ningún dos dous infectados está hospitalizado.


A idade media dos infectados é de 29 anos, sendo unha parte da poboación que aínda non foi vacinada e cun maior número de actividades sociais. A multitude, festas privadas sen control e grandes botellas poderían ser un elemento crucial á hora de analizar o aumento dos casos en aumento na Estrada. No municipio, o 67% da poboación xa está arredor con polo menos unha dose e o 52% xa completou o calendario de vacinación.

Juan Sánchez, xefe do servizo de Atención Primaria da Estrada, asegurou onte que de momento non se realizarán proxeccións, pero advirte que o número de casos seguirá aumentando nos próximos días, incluso provocando un aumento do nivel de restricións. Polo momento, os indicadores de incidencia acumulados aos catorce días están por debaixo da media galega con 59 casos por cada 100.000 habitantes, con todo, a incidencia aos sete días, e especialmente aos tres, é moi alta. Neste último caso, trátase de 39 casos, o que está a elevar a taxa de positividade da Estrada ao redor do 6,43%, sendo a peor cifra desde xaneiro, cunha ratio do 7,47%.

Sánchez considera que esta situación é "un toque de atención que aínda non rematou", e sinalou que o máis importante é "que as autoridades axilicen a vacinación e que a poboación siga mantendo as medidas de restrición".
Publicado en Portada | Deja un comentario

A Xunta impulsa unha reforma da residencia de maiores da Estrada cun investimento de 127.000€

A Xunta de Galicia impulsa unha reforma da Residencia de Maiores da Estrada que contará cun investimento de 127.000 euros e que se executará ao longo do presente verán. O director xeral de Atención Integral Sociosanitaria, Antón Acevedo, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, anunciaron esta actuación hoxe nunha visita ao centro público da terceira idade da localidade estradense na compaña do alcalde, José López.

A mellora proxectada pola Consellería de Política Social consiste, por unha banda, na substitución das carpintarías exteriores do segundo andar co obxectivo de incrementar o illamento térmico e a comodidade destas instalacións. Esta obra conta cun orzamento de 36.000 euros e xa está adxudicada á empresa Calicanto Obras y Proyectos, que dispón dun mes de prazo de execución.

Así mesmo, tamén está previsto que se renove o pavimento existente nas zonas comúns da planta baixa, se cambie o sistema de climatización nas dependencias de enfermaría, comedor, lavandaría e cociña e se repoña o montacargas. Esta segunda actuación xa ten redactado o seu proxecto básico de execución, que contempla un investimento de 91.000€, e só está pendente de saír a licitación pública para proceder á súa contratación. Igualmente, o prazo previsto para os traballos é dun mes.

Mellora de infraestruturas

O director xeral de Atención Integral Sociosanitaria salientou que “a Xunta segue apostando polas melloras na calidade das residencias de Galicia” e puxo este investimento como “exemplo claro da nosa aposta por mellorar o confort e a calidade de vida dos nosos maiores que viven en residencias”. “Este é”, engadiu, “o camiño no que seguiremos avanzando nos vindeiros meses e anos”.

“A rede pública de atención aos nosos maiores é unha absoluta prioridade para a Xunta de Galicia e, tras demostrar o seu bo funcionamento durante a parte máis dura da pandemia, queremos que siga sendo unha referencia e que se atope nas mellores condicións, polo que imos seguir investindo nas súas infraestruturas e implementando os seus recursos”, sinalou, pola súa banda, o delegado territorial, que calificou estas obras de “necesarias, posto que o edificio ten máis de trinta anos de antigüidade, cun elevada nivel de uso, e queremos seguilo modernizando no que sexa preciso”.

A Residencia de Maiores da Estrada, integrada na rede pública autonómica da provincia de Pontevedra, recibiu ao longo dos últimos anos máis de 180.000 euros de investimentos por parte da Xunta de Galicia para a realización de obras, como a instalación de caldeiras de biomasa ou a substitución das fiestras, e para a dotación de diversos equipamentos, como mobiliario, electrodomésticos ou maquinaria.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Estrada exemplo a seguir

Xa finalizadas as festas acudimos ao seu máximo responsable para coñecer a súa impresión.
Gonzalo Louzao mostrounos a súa satisfacción, xa non sólo polo resultado das festas senón tamén polas facilidades e boa vontade de todos os que as fixeron posible. Policía local, servizos de emerxencia, operarios do concello, os propios artistas, o público asistente e un longo equipo humano conseguiron levar a cabo unhas festas seguras cumplindo cós protocolos de seguridade vixentes.
Ademáis estas festas serviron de mostra para outros moitos concellos e para volver a reactivar sectores moi maltratados pola pandemia cómo as atraccións de feira, grupos culturais e hostalería entre outros.

 

GALERÍA FOTOGRÁFICA FOGOS FIN SAN PAIO:

Publicado en Portada | Deja un comentario

¡VÍVA SAN PAIO!

A Estrada retoma as festas patronais tras un ano de transición pola pandemia.

A vila recuperou onte as súas tradicionais festas coa celebración do San Paio cun programa á altura doutros anos antes da chegada do COVID19, iso si, sen esquecer as medidas de seguridade.

A climatoloxía propiciou a asistencia de público as diversas actividades programadas que volveron encher de vida, luz e son as rúas da vila.

A música chegou da man de Musikenos, a charanga os Atrevidos, o Grupo de Acordeóns Os Lóstregos, a banda de gaitas de Barbude, Mamá Cabra, a banda Cultural de A Estrada, a Banda Militar da Brilat (que acompañou a procesión de realizou posteriormente un concerto) e pecharon a xornada a orquestra Os Satélites e Susana Seivane.

A procesión de San Paio percorreu de novo as rúas do pobo tras a misa, cantada pola Coral Polifónica estradense, na que decenas de mozos e mozas recibiron o sacramento da confirmación.

A nota de luz e cor chegou da man do club de bonsais de Pontevedra cunha fermosa exposición, tamén realizou a asociación xuvenil a súa festa XFest 2021 cun Retrogaming e realidade virtual e por suposto as atraccións volveron a Praza da Feira poñéndolle o broche de ouro as festas.

GALERÍA DE IMAXES:

Publicado en Portada | Deja un comentario

O San Paio vive as súas festas Patronais cun amplo programa


Os estradenses viven dende onte as súas festas patronais de San Paio cun denso programa de actividades e ofertas culturais e recreativas que serven de ensaio para o ansiado retorno á normalidade e como exemplo para outras festas que celébrase na rexión. Así, este ano o San Paio da Estrada recuperou o pregón de apertura, permitiu unha vez máis colocar as atraccións e celebrará as procesións, festas e o espectáculo pirotécnico co que se pecharon as festas todos os anos, agás en 2020. Por suposto: man aberta ás festas sen deixar de lado as medias de seguridade, xa que se manteñen as distancias e a obriga de usar unha máscara, ademais de limitar o aforo e o horario, xa que as actividades rematarán á unha da mañá.

As Festas de San Paio 2021, que se celebran ata o domingo, abriron na mañá deste xoves na Praza do Mercado co divertido e improvisado pregón do dúo cómico As Lerchas, acompañado polo alcalde estradense, José López Campos, e polas notas do Obradoiro de Música de Carlos Barruso. Antes, nas xanelas da rúa Calvo Sotelo fora inaugurada a exposición fotográfica Memorias da troula, no San Paio

O prato forte deste San Paio 2021 serán os concertos. Ademais do de Guadi Galego, este venres será a quenda de A Banda da Loba e Fredi de Leis; Susana Seivane actuará o sábado e Regatos e Manoele de Felisa o domingo. Divídense en tres espazos definidos para a celebración dos concertos: a Praza da Constitución, que terá un aforo máximo de 600 persoas sentadas; a Praza do Mercado, con 150 persoas sentadas; e o centro comercial, para 250 persoas de pé. As bandas de ouro Os Atrevidos, BB +, Os_Xirimbaos e Lume na Lareira animarán as rúas da vila estradense durante os catro días festivos.
 
Publicado en Portada | Deja un comentario