Grupos municipais do PP do norte da provincia definen a súa estratexia con unidade de acción na tramitación dos proxectos eólicos para defender os intereses dos veciños

  • Os presidentes das agrupacións locais e alcaldes José López, Jorge Cubela e Carlos Costa, a voceira Belén Cachafeiro, o deputado nacional Juan Constenla e o coordinador do Deza e delegado territorial da Xunta, Luis López, unifican posturas nunha reunión na Estrada.
  • Valoran que a Xunta vaia presentar alegacións contra os parques de maior tamaño e afección e anuncian a súa oposición contra todos aqueles parques que prexudiquen os intereses económicos, sociais e ambientais da cidadanía
  • “A nosa postura dista do ‘non polo non’, pero non pode ser que a aposta polas renovables sexa a costa do sector agrogandeiro e de causar danos irreparables nos nosos territorios”, manifestan.

 Os grupos municipais do PP no norte da provincia de Pontevedra, moitos deles con responsabilidade nos gobernos locais dos seus municipios, veñen de manter un encontro na Estrada para definir a súa estratexia fronte á tramitación masiva de proxectos de parques eólicos e acordaron actuar con “absoluta unidade de acción” para “defender ata o límite” os intereses dos veciños e preservar os seus respectivos territorios.

 

A xuntanza contou coa presenza dos presidentes das agrupacións locais e alcaldes da Estrada, Cerdedo-Cotobade e Campo Lameiro, José López, Jorge Cubela e Carlos Costa; a voceira municipal de Forcarei, Belén Cachafeiro; o deputado nacional Juan Constenla; e o coordinador comarcal do partido no Deza e delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, que representou ás agrupacións desa bisbarra.

 

Os representantes populares unificaron as súas posturas, que son coincidentes, e decidiron actuar de xeito coordinado, xa que sosteñen que unha actuación conxunta ten moito máis peso á hora de conseguir o rexeitamento daqueles proxectos que se consideren prexudiciais para os territorios e os veciños.

 

“Imos presentar alegacións manifestando a nosa oposición contra todos aqueles parques eólicos que prexudiquen os intereses económicos e sociais dos cidadáns do norte da provincia e aqueles que causen danos irreversibles e importantes nos potentes valores medioambientais, naturais e paisaxísticos da nosa contorna”, explicaron dende o PP.

 

Así mesmo, valoraron moi positivamente a intención da Xunta de Galicia de presentar alegacións contra os proxectos de parques eólicos de maior tamaño e afección sobre o territorio, como se plasmou co recurso que presentou o Goberno galego fronte a estas iniciativas enerxéticas en Val do Folgos e Monte dos Porcallos, na bisbarra do Deza.

 

“A nosa postura, como partido serio, rigoroso e responsable e representativo da maioría social do norte da provincia, dista moito do ‘non polo non’, pero non pode ser que a aposta enerxética polas renovables sexa a costa de danar gravemente ao noso sector agrogandeiro, á xeración económica do noso rural, á vida social das parroquias ou a causar danos irreparables nos nosos territorios e que deixen de ser propios do noso xeito de vivir”, manifestaron.

 

Finalmente, os representantes do PP acordaron manter un contacto periódico sobre a evolución dos procesos de información pública dos proxectos dos parques eólicos na zona, a intercambiar a información dispoñible e a celebrar reunións informativas cando sexa necesario para tomar medidas orientadas a defender os intereses xerais dos veciños.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Xa están á venda as entradas para o espectáculo infantil The Show Moscón

Este vindeiro sábado ás 12.30 h, a compañía de teatro infantil e familiar Galitoon Producións traerá ao Principal o seu espectáculo de monicreques e novo circo The Show Moscón, un divertido espectáculo para nenos maiores de 2 anos que foi seleccionado días atrás para participar na presente edición do prestixioso Festival infantil FETÉN.

 

O espectáculo, protagonizado por un simpático moscón recolle as peripecias dun marabilloso circo que presenta os seus números protagonizados por unha diva da canción, horribles magos e mentalistas ou increíbles bebés equilibristas. Unha nómina de divertidas personaxes que ten coma denominador común a sorpresa e o humor.

 

As entradas, cun prezo de 3,00€, poderán recollerse no departamento de Cultura do Concello a partir deste luns ata completar a capacidade da sala, restrinxida por mor da COVID a unhas 75 localidades.

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

O BNG organiza un acto público para explicar as repercusións dos parques eólicos na Estrada

Susana Camba: «cremos necesario explicar aos veciños e veciñas da Estrada que hai detrás deste boom de parques eólicos que asolagan, non só A Estrada, senón Galiza enteira»
 
 O vindeiro venres 7 de maio, ás 20.30 horas, o BNG organiza un acto público sobre a instalación de parques eólicos no concello da Estrada. O acto, que se realizará na Praza do Mercado, contará coa participación de Susana Camba (concelleira) e Luís Bará (deputado no Parlamento Galego).
 
A concelleira do BNG explica que «a solicitude de permisos para instalar parques eólicos no noso concello está acadando límites preocupantes e por iso entendemos que é a nosa obriga explicar as causas políticas e as consecuencias económicas e sociais, que implica un desembarco deste calibre nos montes do noso concello».
 
«Se se materializan estes proxectos», afirma Susana Camba, «no horizonte dos catro puntos cardinais do noso concello só veremos muíños de vento, aeroxeradores de electricidades, cuxos beneficios económicos non repercutirán no noso concello, mais si os problemas». «Cremos que a veciñanza ten que coñecer o alcance deste proxectos», engade a concelleira, «e por iso cremos necesario explicar aos veciños e veciñas da Estrada que hai detrás deste boom de parques eólicos que asolagan, non só A Estrada, senón Galiza enteira».
 
O acto contará coas medidas de seguranza por mor da pandemia e tamén será retransmitido via streaming.
Publicado en Portada | Deja un comentario

IBUPROFENO TEATRO «O MEL NON CADUCA»

Acompáñanme hoxe Santi Cortegoso e Marián Bañobre, membros da compañía Ibuprofeno Teatro para presentar a obra o Mel no caduca que estará este venres no Teatro Principal.

 

Santi e Marián teñen unha relación moi estreita coa nosa vila; xa que ademais de estar empresarialmente radicados aquí, acostuman a colaborar asiduamente coa Escola de Artes Escénicas e a converter o escenario do Teatro Principal no escaparate no que mostran todos os seus traballos artísticos.

 

Despois do éxito de obras como Raclette ou Casa o Rei, a compañía presenta O mel non caduca, un texto escrito e dirixido por Santi e interpretado por Marián Bañobre e Avelino González que a bo seguro fará reflexionar, sorrir e concienciar ao espectador sobre un tema tan importante como o cambio climático.

 

Lémbrolle á veciñanza que a capacidade do Teatro verase reducida preto dun 30% polo que non serán moitas as butacas dispoñibles para o venres. Ademais, creo que xa levamos preto da metade despachadas, polo que animo desde aquí a todos os que queiran gozar dun espectáculo e dun elenco de luxo, a que se pasen polo departamento de Cultura para retirar a súa entrada.

 

Despois dunha fin de semana dedicada á danza contemporánea, cun grande éxito de aceptación e de público, o teatro volve tomar a alternativa, antes de meternos de cheo xa coa programación cultural do Salmón e das Letras Galegas.

Antes de cederlles a palabra aos dous protagonistas quero facer un anuncio.

 

Como ben sabedes, a relación de Santiago Cortegoso coa nosa vila comezou hai 8 anos cando acadou o III Premio de Teatro Varela Buxán. Será precisamente a montaxe deste texto, a cargo de Ibuprofeno Teatro, unha das grandes novas do teatro galego para o ano que vén. Unha estrea que xa podo anunciar que se fará na nosa vila a través da sinatura dun convenio de residencia que acabamos de formalizar coa compañía.

 

Énchenos de orgullo, ao igual que ocorreu esta fin de semana co Festival de Danza, que as compañías e os eventos máis importantes de Galicia volvan a súa ollada cara á nosa vila. É moita e ben vizosa a actividade teatral da que gozamos, así que a sinatura deste acordo de colaboración fala ás claras do compromiso que ten a nosa vila tanto cos creadores locais como cos profesionais galegos. Toda axuda é pouca para reactivar o sector das artes escénicas e das industrias culturais en Galicia.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O Concello da Estrada a través da Concelleria de Promoción Económica, Emprego Comercio ven de aprobar un decreto en relación á prórroga por un ano dos contratos das persoas que ocupan un espazo dentro do viveiro de empresas

O Concello da Estrada a través da Concelleria de Promoción Económica, Emprego e
Comercio ven de aprobar un decreto en relación á prórroga por un ano dos contratos das
persoas que ocupan un espazo dentro do viveiro de empresas como medida de política
activa de emprego que promova o asentamento no noso municipio de actividade
empresarial e máis concretamente a daquelas persoas emprendedoras.
O ano 2020 foi un ano marcado pola pandemia da covid-19 e a conseguinte crise
económica derivada do impacto directo das medidas de restricción aplicadas polo estado
para deter a propagación do virus. Entre elas, destacan o peche de toda a actividade non
esencial así como as prohibicións de desprazamentos. Estas medidas tiveron un impacto
directo no funcionamento diario do viveiro de empresas e polo tanto da actividade
económica que desenvolven as persoas viveiristas, sendo que durante a meirande parte
do ano non puderon facer uso do espazo que tiñan cedido.
Segundo o establecido nas bases que rexen o funcionamento do viveiro de empresas, o
tempo de ocupación dun espazo é de dous anos prorrogables por un ano máis, é dicir,
unha persoa viveirista pode desfrutar do seu espazo un total de 3 anos sen posibilidade
de prórroga.
Atendendo as especiais circunstancias que marcaron o ano 2020 e as conseguintes
consecuencias económico-sociais, o goberno municipal ven de aprobar deixar sen efectos
en termos de prazos o ano 2020, dandolle así a posibilidade aos nosos emprendedores e
emprendendoras de ocupar o seu espazo durante 12 meses máis, é dicir, catro anos en
lugar de tres.
Deste xeito desde o Concello da Estrada, prenténdese botarlles unha man ás persoas
viveiristas, todas ellas emprendedoras de diferentes sectores, para na medida do posible
axudarlle a sobrelevar estos tempos tan duros para todos e todas.
A proposta tivo unha gran acollida por parte de todas as persoas que ocupan un espazo.
O viveiro de empresas dispón dun total de 10 espazos dos cales na actualidade están
ocupados 6, polo cal calquera persoa que esté interesada en entrar no mesmo só ten que
cursar solicitude ou requerir máis información do departamento de emprego municipal. O
custe por espazo está establecido en 50 euros mensuais, nos que se inclúen todos os
conceptos.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O Concello de A Estrada inicia o desenvolvemento humano das avenidas de Pontevedra e Vigo.

O Concello da Estrada asinó a acta de replanteo cos promotores de desenvolvemento humano entre as avenidas de Pontevedra e Vigo, onde se combinará o uso residencial e comercial. Neste último apartado destaca a implantación na zona da empresa do sector da alimentación Mercadona, que xa solicitou a licencia municipal para construir unha nave na que acollera o seu centro comercial.

Trátase do primeiro desenvolvemento urbano de iniciativa privada que se leva a cabo na Estrada no marco do novo Plan de Ordenación Municipal. Despois de varios anos de trámites poden comezar cos desmontes e movementos de terra os traballos de urbanización de case 38.000 metros cadrados que poñen en marcha un proxecto no que A Estrada pretende xerar un novo urbanismo.

O alcalde, José López, mostro a sua satisfacción e calificou o día como «fantástico». «Despois de 6 anos moi duros de traballo e pelexa nun asunto que involucrou a varios organismos, conseguimos chegar a este momento no que iniciamos a materialización dun urbanismo que pensa máis nas persoas».

Son preto de 38.000 metros cadrados nos que se construirán 220 vivendas colectivas e unifamiliares, sendo un 45% das primeras de protección oficial. Tamén se instalará a citada nave de Mercadona para o centro comercial, previsto para o 2022. Zonas verdes, aparcamentos, novos viales, rotondas e beirarrúas completan un proxecto que tivo moitos escollos e que unirase ao ámbito urbano de forma peonil. Como sinalou o alcalde, «pasou algo que non é habitual cando falamos destes proxectos. Neste caso foi moi doada a xestión do solo e complicadísima a parte administrativa».

"O Concello actúa como supervisor das obras porque imos recibir os espazos comúns. Sempre houbo boa harmonía e cordialidade cos propietarios durante estes seis anos de tramitación. Foron momentos moi complexos. A integración deste desenvolvemento no Xeral O plan non foi doado porque o efecto que sempre xeramos Foment á hora de condicionar cal era a accesibilidade do desenvolvemento. O primeiro obstáculo importante foi encaixar a parte do desenvolvemento urbano dentro do que é a N-640. Pasaron varios meses loitando contra chegar ao Ministerio en Madrid e logo a Demarcación de Estradas do Estado en Galicia autorizounos un sistema de enlaces que era a rotonda cunha estrada de servizo. Punto clave para desbloquear a parte de Desenvolvemento. Xa tiñamos unha solución técnica. Tamén tivemos que dar outra volta a este desenvolvemento porque había unha pendente de case o 20% desde a avenida de Pontevedra ata a de Vigo. E non se permiten estradas con máis do 6% ".

"Entre o final da zona urbana e o Mercadona poderase acceder por vía peonil desde as avenidas e tamén en coche.

"Ampliarase a estrada avenida de Vigo e farase unha ampliación para facer estacionamentos e ampliar as beirarrúas. Abrirase unha nova estrada na avenida de Marín. Dotaranse de zonas verdes aos espazos entre casas, con equipamento e sistemas de ramplas para persoas con mobilidade reducida ".
"A parte máis importante será o movemento de terras, de aproximadamente 90.000 metros cúbicos. A urbanización non será moi complexa. Hai que prestar servizos como auga, saneamento, electricidade, gas e telecomunicacións".

"Hai promotores que estaban interesados ​​no proxecto e puxémolos en contacto cos propietarios. Espérase que se constrúan unhas 220 casas entre grupos e unifamiliares. Das primeiras haberá un 45% destinadas a protección oficial. "

"A diferenza do habitual, neste caso a parte máis sinxela foi a xestión do terreo. Houbo un acordo rápido cos propietarios e nestes seis anos mantívose. O máis difícil foi a parte administrativa".
"Despois de tanto tempo de duro traballo e loita con varias organizacións, conseguimos chegar ao momento presente con moita satisfacción. É un día fantástico. O máis importante é a materialización do novo urbanismo. Estrada tivo que xerar un urbanismo diferente , pensando máis nas persoas que están no volume do edificio. Esta é unha primeira mostra ".

"Mercadona xa ten licenza para a instalación da nave
".

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Xunta investirá preto de 900.000 € na rehabilitación integral do CEIP de Figueroa, na Estrada, cuxas obras comezarán no verán

A Xunta de Galicia vai investir preto de 900.000 euros na rehabilitación integral do colexio de Figueroa, na Estrada, que abrangue unha mellora do illamento do edificio así como da ventilación, “o que repercutirá de xeito directo no confort dos seus usuarios, os 445 alumnos de infantil e primaria e os 31 profesores que están día a día neste colexio”, sinalou o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, que esta tarde se achegou ao colexio para explicarlle o proxecto ao equipo directivo.

Na visita, na que estivo acompañado do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luís López, Román Rodríguez avanzou que a previsión é que, logo da adxudicación do proxecto, as obras dean comezo a principios de verán, “polo que antes de finais de ano A Estrada contará cun colexio totalmente renovado e aliñado coas esixencias de sustentabilidade que establece o Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica nos centros educativos e que suporá unha inxección de 191M€”.

Lembrou que este plan −agora mesmo en fase de presentación aos distintos colectivos para o seu enriquecemento− é unha iniciativa pioneira co que buscamos reforzar un novo modelo de colexios e institutos na etapa poscovid, con espazos máis amplos e saudables, máis accesibles e, sobre todo, onde arquitectura estea ao servizo dos proxectos educativos”. Así mesmo, no que atinxe á parte académica, o conselleiro explicou que neste plan vai ter un especial protagonismo a transformación dixital, coa dotación de polos creativos e espazos maker, para favorecer o desenvolvemento das competencias dixitais e cumprir cos retos STEM (competencias matemática, científica e tecnolóxica).

Así pois, o Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, que contempla un investimento de 191M€ para esta lexislatura, será a folla de ruta que rexerá para todas as obras educativas para os próximos anos, sexan de rehabilitación, de ampliación ou de nova construción.

Preto dun 73% de aforro enerxético e redución dun 80% de emisións de CO²

No que atinxe ao proxecto do CEIP de Figueroa, as actuacións dirixidas á mellora da eficiencia enerxética abranguen o illamento do edificio coa colocación de lá de roca no forxado, o illamento exterior das fachadas, e a substitución da parte da cuberta actual que quedaba pendente de renovar por outra de panel tipo sandwich. Así mesmo procederase á renovación das carpinterías exteriores coa instalación dunhas de aluminio con rotura de ponte térmica e vidro dobre baixo emisivo, e á instalación de iluminación LED con equipos de regulación e detección de movemento. Tamén se substituirá a actual caldeira de gasóleo por outra de biomasa.

Con todas estas medidas combinadas lograrase unha importante mellora da eficiencia enerxética do edificio ao tempo que se reducen as emisións de CO2. Deste xeito, as medidas suporán preto dun 73% de aforro no relativo ao consumo de enerxía non renovable e máis dun 80% nas emisións de CO².

Finalmente procederase ao pulido do pavimento e ao pintado de paramentos e portas en cores claros, que serán neutros no interior e brancos no exterior.

Esta obra engádese ás melloras que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade levou a cabo nos últimos anos neste centro educativo, que suman un investimento de case 222.000 euros en intervencións como a adaptación do espazo de comedor, a reforma das cubertas do edificio e do pavillón ou a reforma da instalación eléctrica entre outros.

Publicado en Portada | Deja un comentario