O PSOE ADVIRTE DE QUE AS OBRAS DA TRAÍDA DE NIGOI E TABEIRÓS NON COMEZARÁN ATA 2022

O PSOE local advirte de que as obras de desdobre da traída
do Umia tardarán cando menos 8 meses en iniciarse. Luis López Bueno
indica que á vista do estado do procedemento é “imposible” que o goberno
cumpra as promesas de inicio das obras que lles está a facer aos veciños e
veciñas de Tabeirós e Nigoi.
O líder socialista indica que o procedemento de licitación está sen iniciar e
manifesta que será imposible que se inicien as obras antes de final de ano.
De feito, o líder socialista advirte de que o goberno anunciara que este
asunto subiría a pleno en febreiro, cuestión que aínda non se votou ante a
ausencia de informe xurídico.
López Bueno lamenta a actitude do PP respecto deste asunto, e é que leva
dous anos mentíndolle aos veciños e veciñas con anuncios que nunca se
cumpren. De feito, ve inexplicable a fuxida cara adiante na que están
embarcados Juan Constenla, López Campos e outros afíns ao PP, que
continúan prometendo brevidade pero “saben que as obras non comezarán
ata 2022, non é posible dende o punto de vista administrativo”.
Hai que recordar que esta situación de parálise por parte do concello é
especialmente gravosa en lugares como Sandán, onde os preparativos para
o asfaltado das pistas, que financia a Deputación de Pontevedra, deixaron o
asfalto impracticable para o tránsito xa que a idea deses preparativos é que
se proceda a aglomerar o vial inmediatamente.
López Bueno recorda que o propio Juan Constenla, lles prometeu aos
veciños e veciñas que o asfaltado da pista de Sandán se produciría
inmediatamente despois de colocar as canalizacións do propio desdobre, e
advirte de que “ou non haberá canalización, ou non haberá asfaltado”
durante o 2021.
O líder socialista tamén considera que o goberno intenta facer “peripecias”
para dar imaxe de xestión seria sobre este asunto, pero explica que as
follas de solicitude que se lle repartiron aos veciños “carecen de ningunha
validez legal” e unicamente son “follas orientativas” que lle servirán ao
goberno e á empresa construtora para “adaptar un proxecto que xa está
pechado” ás demandas dos veciños.
López Bueno indica que esas follas “funcionan ben para estimar a demanda
real do servizo” pero tamén confirma que “non se rexistran en ningures” e
unicamente se depositan no concello para que se modifique un proxecto que
xa está exposto ao público.

Polo tanto pídelles aos concelleiros do grupo de goberno que deixen de
“confundir” aos veciños e veciñas, xa que “non se trata de solicitudes
formais” nin moito menos, se non que “os trámites da alta no servizo
haberá que facelos cando toque”.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Xa se poden recoller as entradas para asistir á presentación do best seller de terror La puerta de Manel Loureiro

Na mañá de hoxe , comezáronse a repartir as entradas para a presentación do libro de terror LA PUERTA, editado por Planeta, que está a arrasar nas librarías de toda España durante os últimos meses.

 

Escrito polo pontevedrés Manel Loureiro, ao que algún medios xa alcuman o Sthepen King español, o libro chegou a estar entre os 5 máis vendidos durante o último ano en España, algo que fala ás claras da repercusión que ten este autor a nivel nacional e internacional.

 

A presentación terá lugar o vindeiro mércores ás 20.00 h no Teatro Principal da Estrada. Todo o que queira asistir deberá recoller un convite no Concello da Estrada ou na Libraría Marxe. Poderá achegarse co libro, ou mesmo mercalo durante o propio acto para que llo asine o autor unha vez rematada a presentación.

 

Por outra banda, mañá ás 11.00 h, terá lugar a segunda entrega de cine de terror do Festival Panic nos Minicines Central coas películas Noche de bodas e La casa del terror. Todo aquel que queira asistir poderá recoller as entradas no cine de forma gratuíta.

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

A XUNTA OFERTA 489 PRAZAS PÚBLICAS EN ESCOLAS INFANTÍS PARA O CURSO 2021/2022 NAS BISBARRAS DE DEZA E TABEIRÓS-MONTES E ABRE O PRAZO DE SOLICITUDE ATA O 12 DE ABRIL

A Xunta de Galicia vai ofertar 489 prazas públicas autonómicas na rede de escolas infantís A Galiña Azul na bisbarra do Salnés para o vindeiro curso 2021/2022 tras a correspondente publicación da planificación de centros.

 

Ademais, a Consellería de Política Social acaba de abrir o período de solicitude de praza ata o 12 de abril e informa de que a mesma pode formalizarse por medios telemáticos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia. En caso de dúbida, os usuarios poden recabar información nos propios centros infantís.

 

Por este motivo, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, realizou esta mañá unha visita á escola infantil do Edificio Administrativo de Pontevedra para explicar a planificación desta prestación en toda a provincia e confirmou que, para o vindeiro curso, manteranse as oito escolas infantís nas comarcas de Deza e Tabeirós-Terra de Montes, das que a dúas corresponden ao Concello de Lalín.

 

A relación de centros e as súas prazas é a seguinte:

 

Escolas infantís nas bisbarras de Deza e Tabeirós-Terra de Montes

Centro

Prazas

Centro

Prazas

Pontiñas | Lalín

74

Lalín 2000 | Lalín

74

A Estrada

74

Silleda

82

Vila de Cruces

61

Forcarei

20

Cerdedo | Cerdedo-Cotobade

30

Tenorio | Cerdedo-Cotobade

74

 

Deste xeito, na bisbarra haberá un total de 33 unidades -de 0 a 3 anos de idade- de atención infantil en funcionamento que comezarán a súa actividade o 6 de setembro de 2021 cun tempo máximo de ata once meses e oito horas diarias por cativo.

 

Ademais, a Consellería de Política Social mantén, por segundo curso consecutivo, a gratuidade total de matrícula e servizos nas escolas infantís de Galicia –incluíndo as municipais, de iniciativa social e privadas– dos segundos fillos e consecutivos tras a súa implantación hai un ano co obxectivo de facilitar a conciliación e axudar ás economías familiares.

 

“Temos unha gran rede de escolas infantís que, ademais de atender axeitadamente aos nosos cativos e contribuír a que comecen paseniñamente coa súa formación, amosáronse como un lugar seguro fronte á covid-19”, explicou o delegado territorial, que tamén puxo en valor a gratuidade para os segundos fillos e sucesivos, “xa que se trata dunha medida pioneira e única en España que amosa o compromiso que temos coas familias, coa súa calidade de vida e co favorecemento da conciliación”. “Creo que é unha medida que apoia de xeito real e práctico ás familias e ademais é máis necesaria ca nunca polos adversos efectos socioeconómicos da pandemia”, indicou o delegado.

 

Deste xeito, Galicia afrontará o vindeiro curso 2021/2022 de atención infantil cun total de 173 escolas públicas de titularidade autonómica cunha oferta de 10.383 prazas, das que 1.132 pertencen a Pontevedra e a súa contorna, e complementa este servizo de conciliación, nos concellos menos poboados, con case 80 casas niño que roldarán o cento ao longo deste ano coa apertura prevista dunha vintena máis.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O Peregrino anónimo e comprado polo concello de A Estrada


O tenente de alcalde explicou que a escultura de metal custará 3.000 euros para as arcas municipais, aínda que non todos eses cartos serán para o escultor. A familia Lago decidiu doar 2.000 euros á asociación de hostaleiros da Estrada, representada nesta rolda de prensa polo seu presidente, Manuel Bascuas, e a xunta directiva Adriana Abelleiro. "Pode parecer pouco, pero agradécese toda a axuda que nos dan", dixo Bascuas, que espera dar "un bo final" a esta doazón especial. "Xa estamos organizando algunhas cousas para o verán e esa axuda será moi útil", explicou. Manuel Lago, pola súa banda, mostrouse feliz pola boa acollida que tivo o seu traballo por parte dos veciños e que o Concello decidiu deixalo no lugar onde os ladróns o deixaron. Neste sentido, anunciaron que nos próximos días a escultura desaparecerá, aínda que volverá en breve unha vez que se fagan algunhas melloras, xa que cando a levaron aínda non estaba rematada. Lago lembrou que esta afección por facer esculturas metálicas comezou despois da súa xubilación. Despois de varias pezas, algunhas delas grandes, decidiu peregrinar que serviría de recoñecemento ao Camiño da Geira e dos Arrieiros que pasa por A Estrada cara a Santiago. Finalmente, e como último detalle, decidiu incorporar unha impresionante máscara. A idea era colocar a estatua no seu salón, pero o seu fillo tiña outra diferente. “A idea xurdiu un domingo tomando unha copa cuns amigos. Roubámolo e cargámolo no camión. Ás seis da mañá fomos deixala no concello. A idea era poñela no centro da praza pero había que deixala a un lado porque no centro había as árbores de Nadal ”, lembrou Xoán.
Publicado en Portada | Deja un comentario

O PSOE INSTARÁ AO GOBERNO MUNICIPAL A INICIAR AS XESTIÓNS
POLO CENTRO MÉDICO DA AVENIDA DE SANTIAGO

O PSOE da Estrada instará ao goberno municipal a iniciar as
xestións para lograr a cesión do centro médico antigo ao Concello. Luis
López Bueno asegura que López Campos aínda non iniciou xestións oficiais
co SERGAS, que debe renunciar á adscrición do edificio, nin coa Dirección
Xeral de Patrimonio, que é a competente para cedelo.
O voceiro socialista considera que o traballo do alcalde sobre este tema é
“moi escaso” e afirma que “unicamente se fixeron chamadas telefónicas”
para tantear a situación, pero que utilizan as canles equivocadas. Ademais
considera “ridículo” que o alcalde se aferre a ese argumento para non
traballar sobre este asunto.
López Bueno considera que o alcalde pon “escusas de mal pagador” porque
“para gastar 4,5 millóns de euros na alameda si que tiña cartos e ganas”.
Tamén considera que a pouca intención de López Campos se debe á “falta
de ideas” sobre como explotar ese edificio sen considerar as propostas do
PSOE porque “só lle interesa se a idea é súa, que sexa boa para os veciños
tanto lle ten”.
O socialista tamén opina que o alcalde “só reforma rúas xa reformadas” e
“volve a facer o que xa estaba feito”. Critica que “para López Campos só
existe aquilo que está entre a Porta do Sol e a Farola, só hai que o estado
lamentable no que se atopan as zonas da Avenida de Pontevedra e da
Avenida de Santiago” indica López Bueno.
Sobre a cesión do centro de saúde vello, o líder socialista opina que o
primeiro trámite debe darse por parte da Xunta de Galicia, que ten o dereito
de utilizar o edificio para fins sanitarias, “como figura no Inventario Xeral do
Estado e no da propia Xunta”. Mentres o SERGAS manteña a adscrición do
inmoble, o Concello ten as mans atadas, explica.
Así, o primeiro paso para darlle un uso municipal ás instalacións pasa
porque a Xunta renuncie ao seu dereito e o inmoble revirta no patrimonio
do Estado. “Unha vez que se produza esa renuncia, o edificio pasará a ser
un ben patrimonial do Estado porque quedará desafectado do uso
sanitario”.
O procedemento continuaría coa solicitude por parte do Concello para a
cesión do dereito de propiedade do ben, que tería que cursar diante da
Dirección Xeral de Patrimonio xustificando o interese público dos usos que

se pretenderían facer del. A este respecto, as consultas de López Bueno na
Subdelegación do Goberno indican que Patrimonio é “especialmente
sensible” con usos sociais.
Así, toma forza a proposta socialista de crear un Centro Integral de
Atención Social onde se concentren os servizos municipais como o Centro
de Día, Alzheimer, Atención Temperá, Banco de Alimentos e Espazo
Concilia.
Para o líder socialista é importante que o procedemento remate coa cesión
da propiedade ao Concello, e asegura que a Subdelegación do Goberno
prestará o “todo o apoio” para conseguila, pero tamén valora outras
fórmulas que resolvan o problema.
Entre esas fórmulas está a posible adquisición do ben, porque o prezo
anunciado polo alcalde “é unha suposición súa. Dixo 700.000 euros como
podía dicir 300.000 ou 3 millóns. Se non é un invento del, que amose o
informe de valoración”. Ademais, López Bueno tamén considera que o prezo
do inmoble e a reforma sería perfectamente asumible, “todos os anos
perdemos millóns de euros que van a remanentes, e esta é unha das
poucas actuacións que se pode financiar con eles”.
López Bueno tampouco desbota outras opcións como mercar o edificio e que
a Xunta financie a reforma, ou ao revés, e incluso obter a adscrición do
Estado ao Concello para fins sociais. “Calquera destas alternativas é válida”
indica, pero segundo o seu punto de vista o ideal é adquirir a propiedade,
ben sexa por cesión ou por compra”.
Aínda que hai un amplo abano de posibilidades, López Bueno considera que
as declaracións do alcalde son “unha xerra de auga fría” para os veciños e
veciñas da zona e que “con tan pouca vontade por parte do alcalde, vai ser
imposible conseguir nada”.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O PP apoia as reivindicacións dos peluqueros e centros de estética

O deputado nacional do PP de Pontevedra, Juan Constenla, xunto á deputada provincial Pepa Pardo e o concelleiro local, Gerardo Puga, asistiron esta mañá á concentración convocada por salóns de peiteado e centros de estética para reclamar unha redución do IVE ao 10%, unha reivindicación que os populares apoian e defenden.

 

Constenla explicou que os populares presentaron dúas PNL no Congreso dos Deputados, unha delas para reclamar o IVE reducido para este sector e outra para que as peluquerías e os centros de estética se inclúan no listado de actividades susceptibles de recibir axudas directas por parte do Goberno central.

 

Nesta liña, Constenla recorda que a pandemia tivo un gran impacto no sector, provocando a destrución de empregos e o peche de moitas peluquerías e centros de estética, e os que sobreviven o fan con moitas dificultades. Incide, ademais, que a maior parte do sector son persoas autónomas, e na súa meirande parte emprego feminino e mozo. Por iso considera que é fundamental que ante esta situación se adopten medidas necesarias, como a redución do IVE e tamén axudas directas.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A tempada de pesca comeza nos ríos galegos con novidades como a exención das taxas por licenza para uns 11.000 afeccionados

A nova tempada de pesca comezou hoxe oficialmente na meirande parte dos ríos galegos para os preto de 37.000 afeccionados galegos que contan con licenza en vigor.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, visitou esta mañá o couto de Rubín, na Estrada acompañada polo alcalde José LóPez e o deputado provincial Juán Constenla, un tramo de 7,2 km no río Curantes desde onde avanzou algunhas das principais novidades da campaña 2021.

Tras lembrar que o pasado 4 de febreiro entraba en vigor a Lei de pesca continental, a responsable autonómica explicou que un dos obxectivos da nova norma é procurar a remuda xeracional dun sector no que a idade media se sitúa entre os 50 e os 70 anos. En concreto, referiuse á creación das escolas de río para garantir a remuda xeracional pola vía da formación e da sensibilización ou ao feito de que os menores de 14 anos non necesiten licenza para poder practicar a pesca, sempre que os acompañe un adulto que si a teña.

Na mesma liña, a conselleira subliñou tamén que, a raíz da entrada en vigor da nova lei, todos os menores de idade, así como os maiores de 65 anos, quedan exentos do pago das taxas correspondentes á obtención da licenza, unha medida que, segundo estimou, beneficiará a uns 11.000 pescadores galegos. Ademais, para axilizar a tramitación e en aras da simplificación administrativa, as licenzas destes dous colectivos (C e C1) manterán ampliada automaticamente a súa vixencia polo prazo dun ano.

Precisamente, co fin de reforzar e facilitar a aplicación efectiva e inmediata desta novidade, a Consellería emitiu unha circular dirixida tanto aos axentes medioambientais como ao persoal dos servizos provinciais responsables da tramitación das licenzas.

A conselleira resaltou a importancia da aplicación desta exención para un sector que conta en Galicia a día de hoxe cun total de 36.919 pescadores con licenzas activas, unha cifra que dá conta da importancia e da tradición que ten esta práctica deportiva na Comunidade.

Neste sentido, Ángeles Vázquez salientou o “labor fundamental” que realizan os pescadores para o coidado e posta en valor dos ríos, agradecendo tamén á Federación Galega de Pesca e ás máis de 60 sociedades que xa adquiriron este ano o compromiso de darlle continuidade aos seus convenios de colaboración coa Consellería.

Con carácter xeral, a campaña rematará o próximo 31 de xullo, estendéndose ata o 30 de setembro na modalidade de pesca sen morte nos coutos con convenio de colaboración.

Aínda que hoxe comeza a tempada de pesca na maior parte dos ríos no que respecta á troita, nalgunhas cabeceiras de montaña e en augas salmoeiras —pesca de salmón e reo— haberá que esperar un pouco máis, xa que a apertura se realizará o 1 de maio.

Nova orde de axudas para as entidades colaboradoras

Para facilitarlles o desenvolvemento dese traballo, precisamente, a conselleira avanzou que mañá sairá publicada no DOG unha nova orde de axudas dirixida ás entidades colaboradores de pesca fluvial de Galicia para actividades e investimentos de fomento da riqueza piscícola.

Entre as actuacións que se poderán subvencionar grazas a este programa, dotado cun orzamento de 80.000 euros, cómpre mencionar a vixilancia dos tramos de pesca fluvial así como a realización de actividades divulgativas ou formativas, tanto presenciais como telemáticas. As entidades interesadas, segundo explicou a conselleira, terán de prazo un mes para poder presentar as súas solicitudes.

A oferta pesqueira para este ano en Galicia inclúe arredor de 30.000 quilómetros de ríos e unha ampla rede de encoros. Deses 30.000 quilómetros, 27.000 correspóndense con zonas libres (un 89,7% do total) e 1.183 km con vedados.

Ademais, os tramos libres de pesca sen morte pasan dos 99 da campaña pasada aos 102 da actual, o que supón 46 quilómetros máis que en 2020. En concreto, dispóñense cinco novos tramos libres sen morte: un de 7,3 km no río Tambre e catro en Lugo (ríos Lóuzara, Mao, Ouro e Valiñadares).

Cómpre subliñar tamén que se amplía o tramo libre de pesca sen morte do río Ourille e está aberto á pesca o tramo 3 do couto de Mondariz.

Publicado en Portada | Deja un comentario