NOVA EDICIÓN NA ESTRADA DO CURSO DA USC
CAMIÑOS DE COÑECEMENTO DIRIXIDO A MAIORES DE 50 anos

Un ano máis, o Servizo do Programa Universitario para Maiores
coorganizado coa Vicerreitoría de Igualdade, Cultura e Servizos da
Universidade de Santiago de Compostela (USC), en colaboración co
Concello da Estrada, organiza o IV Ciclo de Camiños de
Coñecemento, un programa dirixido a persoas maiores de 50 anos que
nace do intento de favorecer a democratización do coñecemento
potenciando o saber artístico e científico neste sector da poboación.
O programa específico que se desenvolverá na Estrada inclúe tres
ámbitos formativos ou seminarios:

27/28 DE ABRIL (16.30 h-18.00 h)
«O novo reto socioeconómico que xa está aquí» seminario sobre
economía circular impartido por D. Gumersindo Feijoo Costa,
catedrático de Enxeñería Química da Escola Técnica Superior de
Enxeñería da USC e vicerreitor de Planificación e Proxección
Estratéxica da USC.

26/29 DE ABRIL (16.30 h-18.00 h)
«Vermes da terra, ecoloxía e bioloxía» seminario sobre zooloxía
impartido por D. Javier Iglesias, profesor da facultade de Bioloxía da
USC
30 DE ABRIL E 3 DE MAIO (16.30 h-18.00 h)
«Simboloxía das cores» seminario que trata sobre a relación das
cores cos sentimentos, impartio por D.a Nerea Varela Castro,
colaboradora do Programa Universitario para Maiores.
Todos aquelas persoas da Estrada interesadas en acadar unha praza
nestes seminarios deberán achegarse ao departamento de Cultura do
Concello para reservar unha das 18 prazas dispoñibles. A inscrición é

totalmente gratuíta.

Publicado en Portada | Deja un comentario

PRESENTACIÓN DO
ESPECTÁCULO MESTRE MA NON TROPPO

Supón unha grande satisfacción para min como concelleira deste concello, presentarvos a
estrea dun espectáculo con marcado selo estradense.
MESTRE MA NON TROPPO é a nova produción da
compañía Bandullo Azul, compañía formada por Fran
Campos no papel de actor e por Fran Ameixeiras no de
director do espectáculo. Dous actores cunha longa
traxectoria nas distintas propostas teatrais nacidas na vila
e espalladas por toda a xeografía galega.

O espectáculo está fixado para o vindeiro sábado ás seis e
media da tarde no Teatro Principal, un teatro que verá
reducido o número de butacas debido ás restricións
sanitarias; e que a bo seguro se encherá para saudar a
estrea o novo espectáculo desta compañía.

Todo aquel que queira facerse cunha entrada deberá
recollela no departamento de Cultura do Concello. O seu
custo é de 3,00 euros. É unha oportunidade inmellorable
para acudir en familia a gozar deste espectáculo familiar.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O Camiño da Geira e dos Arrieiros quedará arrasado en Santa Cristina e Cora

Hoxe os medios de comunicación recollían a foto de dous concelleiros do goberno municipal do PP colaborando coa sinalización do Camiño da Geira e dos Arrieiros que discorre pola Estrada. A concelleira do BNG, Susana Camba, afirmou que «se a foto ten algo de positiva, é porque é a primeira vez que vemos traballar aos concelleiros do PP».

«Está claro que teñen boa intención», engade, «mais o que non contan, nin eles nin o alcalde, é que o Camiño da Geira quedará arrasado cando menos en tres puntos pola ampliación da AG-59 ao seu paso por Santa Cristina de Vea e Cora». «Neses tres puntos, un deles é no Rollo», engade, «a autovía pasará literalmente por enriba do Camiño da Geira e dos Arrieiros que vén de Braga».

«Estaría ben que o alcalde explicara como vai facer a Xunta para protexer un camiño histórico, que a propia administración non recoñece como tal de momento, e que tanto empeño poñen os seus concelleiros en sinalar», afirma.

«Por outra parte», indica a concelleira nacionalista, «o alcalde tamén terá que darlle explicacións á Asociación Codeseda Viva, que fixo un intenso e meritorio traballo de estudo e divulgación do camiño, que agora vai quedar sepultado en Santa Cristina e Cora pola ampliación da AG-59».

A concelleira nacionalista tamén reitera que o deseño deste proxecto de ampliación «é negativo para o noso concello, xa que liquida terras agrarias, arrasa patrimonio natural, cultural e etnográfico posto en valor con fondos europeos, divide parroquias… un despropósito». «É curioso, en 2009 a Xunta barallaba dúas alternativas para a ampliación da AG-59 á Estrada e goberno de Feijóo escolle o peor, coa complicidade do alcalde», afirma.
 
 
Publicado en Portada | Deja un comentario

DOUS CONTEDORES AMARELOS XIGANTES EN A ESTRADA EXPLICAN COMO SUPERAR O RETO SOLIDARIO “RECICLA E SUPÉRATE!”

Dous contedores amarelos xigantes estarán expostos en Ourense actuando de expositores efémero que lle aprenderá á cidadanía como reciclar adecuadamente no colector amarelo e así superar o reto “Recicla e Supérate” promovido dende a entidade sen ánimo de lucro dedicada á reciclaxe e economía circular,  Ecoembes en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

 

Esta acción de impacto na rúa desenvólvese de simultaneamente nos 15 concellos galegos convocados nesta segunda edición do reto que ten como obxectivo último incrementar a conciencia de reciclaxe e seguir afianzando o hábito continuado entre a poboación.

 

 

O Reto: Recicla, respira e supérate.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en colaboración con Ecoembes, propuxeron esta segunda edición do reto a 15 concellos galegos estratéxicos, que comezou o

 

pasado 1 de febreiro, polo que terán que superarse a si mesmos e mellorar a súa achega ao contedor amarelo.

Este reto ten unha premisa sinxela: os concellos participantes que melloren, cando menos un 10% a porcentaxe da achega que fixeron ao contedor amarelo (envases de plástico, latas e briks) no mesmo período do ano anterior, conseguirán un premio de 2.000 euros para dedicar a unha causa social local da súa elección.

O reto está convocado entre febreiro e abril nos 15 concellos que participan nesta primeira fase de carácter experimental. Concretamente, <<Recicla e supérate. Únete ao reto!>> desenvólvese en Ourense, Ferrol, Arteixo, Carballo, Ribeira, Ponteareas, Lalín, O Porriño, Boiro, Teo, A Estrada, Sanxenxo, Tui, Viveiro y Cambados, municipios escollidos tras analizar as zonas nas que esta campaña pode ter maior impacto e pola súa representatividade, sumando entre todas preto de 700.000 habitantes.

A primeira edición, en 2018, convocouse igualmente entre 15 concellos galegos e 10 de estes superaron amplamente os obxectivos establecidos.

 

 

Coa colaboración dos concellos para implicar á cidadanía

Para conseguir que os concellos superen o Reto, están programadas unha serie de accións de comunicación coas que preténdese comprometer aos concellos e á cidadanía na mellora das cifras de reciclado de envases de plástico, latas e briks, nos seus respectivos municipios.

É por isto que durante os 3 meses de duración do reto, desenvolveranse diferentes actividades de grande impacto e poder de comunicación como son a instalación de contedores amarelos xigantes e stands/colectores, a planificación de intensas campañas en medios de comunicación e redes sociais etc. que teñen como finalidade animar á cidadanía a participar á vez que se lles aprende como reciclar mellor.

En www.uneteaoreto.com atópase toda a información sobre como separar correctamente os residuos e será onde se publiquen os quilos recollidos cada mes de campaña en cada municipio.

 

Sobre Ecoembes

Ecoembes (www.ecoembes.com) é a entidade sen ánimo de lucro que xestiona a recuperación e a reciclaxe dos envases de plástico, as latas e os briks (contedor amarelo) e os envases de cartón e papel (contedor azul) en toda España.

En 2019, recicláronse máis de 1,5 millóns de toneladas de envases de plástico, latas e briks e envases de cartón en todo o territorio nacional. Grazas a esta porcentaxe, obtivéronse numerosos beneficios ambientais, como evitar a emisión de 1,67 millóns de toneladas de CO2 á atmosfera ou aforrar 6,36 millóns de MWh. Asemade, aforráronse 20,74 millóns de metros cúbicos de auga.

www.uneteaoreto.com

Publicado en Portada | Deja un comentario

Camiñando faise o camiño

Na mañá deste Sábado os cencelleiros Oscar Rancaño e Gonzalo Louzao acompañados por Daniel Horrea forón dos primeiros es ofrecerse para colaborar na colocación da sinalización do Camiño da Geira e dos Arrieiros. Entre as 8 e 12 da mañá intálaronse unhas 40 señais novas e retocáronse outras do ano anterior, no tramo entre A Estrada e Puentevea.

O próximo Venres 19 seguiremos coa sinalización con outras persoas que queren colaborar neste respondendo así o chamamento que fixemos a semana pasade dende Codeseda Viva.

Esta vez polas parroquias de Sabucedo, Codeseda, Nigoi, Tabeirós,e Guimarei.

En dous meses contase con ter rematados os últimos 100 km do Camiño.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O BNG insta á Comisión Europea a analizar o trazado de ampliación da AG-59, que dana a Rede Natura

Ana Miranda: “Semella que a Xunta pretende facer obras sen respectar o país, o medio e o patrimonio, arrasando os proxectos financiados con fondos europeos

 

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, defende que os proxectos de infraestruturas e viarios respecten o medio ambiente e o patrimonio, xa que ao seu xuízo semella que nos proxectos da Xunta pesa máis “unha terrible vocación destrutora en aras dun progreso mal entendido que o respecto polo país”, tal e como hoxe o puido comprobar na visita que realizou ao trazado de ampliación da AG-59 ao seu paso entre os concellos de A Estrada e Teo, que altera gravemente a Rede Natura 2000 desta zona.

“Semella que a Xunta pretende levar a cabo obras e proxectos sen respectar o país e arrasando proxectos financiados con fondos europeos”, denunciou Miranda tras o encontro que mantivo con diversos colectivos que se opoñen ao trazado de ampliación da AG-59 e representantes do BNG da Estrada, encabezados pola concelleira Susana Camba. Neste sentido avanzou que trasladará á Comisión Europea, unha pregunta sobre o proxecto de ampliación da AG-59 deseñado pola Xunta de Galiza e as súas consecuencias sobre a Rede Natura.

No concello da Estrada toda a ribeira do Ulla están inserido no sistema fluvial Ulla-Deza da Rede Natura 2000, e a maiores o río Vea, desde o lugar de Cardelle até a desembocadura no Ulla, así como río Liñares, desde Pina até o citado río. Porén, a Consellaría de Infraestruturas elaborou o proxecto de ampliación da AG-59 desde a Ramallosa (concello de Teo) até o Rollo (concello da Estrada), cunha autovía que atravesa o río Ulla cun viaduto de 40 metros e catro carrís, e o río Vea, con outro pequeno viaduto de menores dimensións, ambos incluídos na Rede Natura 2000.

Segundo explican os colectivos que se opoñen a este trazado, a ampliación da AG-59 discorre por un espazo no que se concentra vexetación autóctona como carballos, ameneiros e freixos, e tamén fauna como salmón, troita, lamprea, parrulos ou mexillón de río entre outras especies.  Por outra parte, o trazado tamén afecta gravemente a patrimonio etnográfico de enorme importancia cultural, como os Muíños do Vea e o castro de Vilacriste, así como a terreos agrarios, nunha das zonas do noso concello onde se concentran grandes explotacións agro-gandeiras.

Alegacións ao proxecto

Desde o BNG da Estrada presentáronse diversas alegacións contra este proxecto de ampliación da AG-59 entre A Ramallosa (Teo) e o Rollo (A Estrada). Segundo explicou a concelleira do BNG, Susana Camba, “en apenas tres quilómetros o trazado deseñado pola Consellaría de Infraestruturas atravesará un espazo protexido inserido na Rede Natura 2000, arrasará patrimonio cultural e etnográfico, así como terreos agrícolas nos que se ubican grandes explotacións agrogandeiras e dividirá en dous as parroquias de Cora e Santa Cristina, pasando moi preto das casas, especialmente no Rollo e na Cerqueira”

“Se queremos un rural vivo, arrasar fincas non é o mellor xeito de traballar polos nosos sectores produtivos”, sinala Camba, quen apunta que entre as alegacións figura a relacionada coa seguridade vial, en relación ao enlace coa PO-841 á altura do Rollo, “que non é o sitio máis acaído pola forte pendente que ten a recta de Baloira, que fai que os coches alcancen altas velocidades nesa zona”. A conexión da AG-59 co polígono industrial de Toedo e enlazar co que sería a Variante, é outro dos puntos considerados fundamentais, xa que permitirían ás empresas situadas nese polígono industrial, así como na Cidade do Moble, unha conexión áxil coas grandes vías de comunicación galegas, principalmente a AP-9 e a AG-53.

“Varios dos proxectos de recuperación do patrimonio desta zona foron financiados con fondos europeos, polo que semella que a Unión Europea financia proxectos, que logo son arrasados por obras da Xunta”, denuncian, como por exemplo unha fonte termal rehabilitada con fondos europeos. Pero tamén veranse en perigo o Camiño da Geira e dos Arrieiros que vén de Braga (Portugal) até Santiago Compostela, camiño que foi posto en valor pola asociación Codeseda Viva, que logo dun intenso traballo de documentación demostrou que ten a súa orixe no século IX. Do mesmo xeito urxe protexer, o castro en Vilacriste e a ruta dos muíños do Vea, posta en valor pola asociación A Xesteira de Couso, que se poden ver seriamente prexudicados; así como o valor paisaxístico e ecolóxico da zona.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A iniciativa do BNG de converter A Estrada Dixital en operador virtual someteuse a votación do padroado

O BNG da Estrada presentou en setembro de 2020 unha iniciativa para converter A Estrada Dixital en operador virtual de telecomunicacións para poder comercializar fibra e telefonía móbil. A iniciativa, que xa se analizara o pasado mes de novembro, someterase a votación na reunión do padroado prevista para hoxe luns 8 de marzo.

Segundo explicou a representante  nacionalista no padroado, Clara Iglesias, «a proposta foi ben acollida no seu momento, mais ficara enriba da mesa para que a xerencia de A Estrada Dixital analizara a situación para, de ser o caso, aprobala nunha das reunións do padroado; ese momento chegou».

«Desde o BNG viamos con preocupación a situación de A Estrada Dixital, xa que estaba nunha situación delicada, dado os cambios habidos nos últimos anos no sector das telecomunicacións, mais había que dar pasos e avanzar e non ficar no inmobilismo dos últimos anos», indicou Clara Iglesias. «Entendemos que este paso non será doado, xa que hai moita competencia no sector», engade, «mais era un paso necesario se queriamos manter o proxecto, que naceu en 2004 e que proporcionou e proporciona acceso a internet a través de wifi a moitos veciños e veciñas».

«Con todo», engade Clara Iglesias, «unha das fortalezas que ten A Estrada Dixital é ser unha entidade pública, sobradamente coñecida polos veciños e veciñas, que agora ofrecerá fibra e telefonía móbil a prezos asequibeis».

Por outra parte a representante do BNG no padroado da Fundación Cultural amosouse crítica co documento presentado. «Agardabamos algo máis elaborado, unha proposta económica con análises de custes e prezos, mais o único que temos son apenas unha folla coa proposta e pouco máis.» «En todo caso,» engade, «votaremos a favor, porque, como dixen antes, hai que dar pasos cara adiante, porque ficar paradas é desaparecer».

Publicado en Portada | Deja un comentario