PRESENTACIÓN DA PROGRAMACIÓN CULTURAL

A ESTRADA ESCENA PRIMAVERA 2021

 

Presentación da programación cultural de
primavera, o ciclo de exhibición cultural que o Concello levará a cabo
entre os meses de marzo e maio. Como sabedes todos, este semestre a
actividade cultural volve estar marcada polos efectos da pandemia;
polo que calquera previsión que fagamos estará sempre supeditada a
que a situación sanitaria nos permita levala a cabo.
Seguiremos a implantar o protocolo de seguridade, que nos permita
abrir o Teatro Principal, minimizando ao máximo, o risco de contaxio.
Un protocolo que, polo de agora, e en opinión do público deu un gran
resultado. Partindo da base de que o risco cero non existe, o
departamento de Cultura porá en marcha unha serie de medidas e
recomendacións arbitradas polas autoridades sanitarias entre as que se
inclúen a limitación da capacidade da sala, o uso de máscara e
distintas medidas de hixiene e distanciamento social tendentes a
garantir a seguridade de todos. Tanto na web do Concello, coma na
propia cartelería e no reverso das entradas aos eventos, aparecerá esta
xeira de medidas que poderá lerse, física ou dixitalmente, a través dun
código QR.
Neste senso, e debido á pandemia, foi preciso tamén redefinir o
formato dos eventos a programar; xa que eventos escolares ou
espectáculos integrados por elencos numerosos tiveron que ser
desbotados ou modificados para poder adaptarse ás novas esixencias
sanitarias.

Tamén, por un tema de seguridade, reducirase tanto o número de
eventos programados como a capacidade da sala que se verá mermada
entre un 70% e 80% das butacas dispoñibles. Recoméndase mercar a
entrada por adiantado en dependencias do Concello e asistir aos
espectáculos con certa marxe de tempo para evitar aglomeracións no
hall do Teatro.

Dicir por último, que debido ao toque de queda das 10 da noite, os
espectáculos do venres adiantarán media hora o seu comezo ás 20.30
h, para que os espectadores poidan chegar a casa antes do toque de queda.
Se vos parece ben, iremos debullando a carteleira por disciplinas
artísticas:
MÚSICA / DANZA

Neste apartado destaca a celebración no mes de abril dun Festival de
Danza Contemporánea que incluirá, se as restricións o permiten, algún
evento na rúa. Unha aposta, a da danza, que como vedes, cada ano ten
maior presenza na programación e un grande respaldo por parte do
público.
Precisamente, no apartado de danza, o vindeiro venres 5 de marzo a
compañía Traspediante presentará unha versión moderna da Cincenta
titulado NINA NINETTE coa que abriremos a programación.

Pola súa banda, o sábado 10 de abril será a compañía mallorquina
Baal Dans a que poña en escena MIRAMIRÓ, un espectáculo de
vídeo mapping que xoga coa obra do pintor Joan Miró e que está a
xirar con grande éxito por toda a xeografía española.
Por último, no apartado musical contaremos, o 16 de maio, coa
presenza da Coral Polifónica Estradense e o seu tradicional concerto
do Salmón.

Dicir que o programa do Festival de Danza farase público a finais do
mes de marzo e irá acompañado por un par de obradoiros de iniciación
á danza xestionados pola Escola Municipal de Artes Escénicas.
TEATRO
No eido teatral, volvemos incidir na captación de público infantil e
familiar con espectáculos de gran formato e calidade. Temos, ademais
dos dous espectáculos de danza xa citados antes, a presenza da
compañía estradense Bandullo Azul co seu novo espectáculo:
MESTRE MA NON TROPPO, e un espectáculo de novo circo

titulado THE SHOW MOSCÓN da compañía Galitoon.
No apartado de teatro para adultos contamos cun programa de grande
calidade. O día 13 de marzo a compañía estremeña La Escalera de
Tijera traerá unha versión clown da CELESTINA que está a tiunfar
por todos os teatros españois e que ninguén debería perderse.

O 26 de marzo volveremos recibir a visita do cómico e imitador
oscense Rafa Maza, que nos achegará a segunda parte de FABIOLO
CONECTION, unha comedia moi divertida que xa visitou o Teatro
Principal fai dous anos.
En abril serán MANUEL MANQUIÑA e IBUPROFENO TEATRO,
a compañía de Santi Cortegoso a que nos acheguen os seus novos
espectáculos. E o 21 de maio recibiremos un dos mellores
espectáculos galegos do último ano: LIBERTO da compañía
Rebordelos.

Deixo para o final, o segundo pase do espectáculo da Escola
Municipal de Artes Escénicas OS MALES DO TABACO, unha peza
adaptada e dirixida por Santiago Cortegoso, que interpreta Gonzalo
Valcárcel e tres compoñentes do Obradoiro de Música Moderna
Carlos Barruso. Como xa sabedes, a estrea en outubro resultou un
grande éxito, polo que volveremos a reprogramala a petición popular.
Nada máis. Comentarvos, tras este pequeno resumo, que todas as
entradas poderán adquirirse anticipadamente no departamento de
Cultura e que todos os detalles de cada evento publicaranse a partir de
mañá na APP de Cultura. Loxicamente, as entradas dispoñibles
estarán condicionadas á capacidade que poidamos establecer na sala.
Neste senso, dicirvos que a partir do luns xa se poderán recoller no
departamento de Cultura os convites do espectáculo Nina Ninette do
próximo venres.

Seguiremos a facer un esforzo na promoción e comunicación aos

veciños, activando as canles de wattsapp e redes sociais e procurando
que todos coñezan, polo miúdo, os horarios e características de cada
actividade programada.
E xa remato dicindo, que mentres a situación sanitaria nolo permita, é
intención deste Concello seguir apostando forte pola Cultura, porque é
un dereito e unha esixencia da cidadanía; pero tamén o medio de vida
de miles de artistas e profesionais galegos.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A hostalería Estradense busca apoio nas rúas


Os hostaleiros expresaron o seu rexeitamento. Reclaman "un rescate sectorial e indemnizacións que nos permitan manter vivos os nosos negocios e as nosas unidades familiares". Piden diálogo e apoio ás administracións estatal, autonómica e municipal. Reclaman do goberno do Estado a unificación dos diferentes ERTE e a prórroga indefinida ata a recuperación e normalización da actividade, a exención do 85% da parte da cotización empresarial á Seguridade Social, a exención da cota de autónomos para o peche de duración ou limitacións de actividade e o reembolso total do pago por conta propia desde o inicio das restricións e un tipo de IVE reducido, entre outras medidas.
Publicado en Portada | Deja un comentario

A Estrada rinde homenaxe a Rosalía

O Concello lanzou o vídeo Mais ti vas indo, protagonizado por persoas pertencentes ao ámbito da medicina e as emerxencias sanitarias, incidindo na capacidade de resistencia e resiliencia que a autora e os profesionais amosan ante a adversidade.E no Ceip o Foxo os nenos e nenas rendirón homenaxe a Rosalía lendo poemas e palabras.

Publicado en Portada | Deja un comentario

DÍA DE ROSALÍA 2021

 

Un ano máis, o Concello e a veciñanza da Estrada renden a súa homenaxe particular á figura de Rosalía de Castro a través dun video clip gravado por unha selección de persoas pertencentes ao ámbito da mediciña e das emerxencias sanitarias. Esta escolla, realizada entre un longo abano de profesionais que protagonizou con valentía a loita contra a pandemia, serve, pois, para poñer en valor a heroicidade de dous baluartes da nosa historia pasada e presente. O lema desta proposta videográfica Mais ti vas indo incide nesa capacidade de resistencia e resiliencia que escritora e profesionais do sector sanitario amosaron fronte as moitas adversidades que lles tocou afrontar. Se a saúde é cultura; ben podería afirmarse que a cultura é a mediciña da alma. Aquilo que nos impulsa, logo de caermos, a erguernos do chan e seguir camiñando con paso firme. Coma en entregas anteriores, da coordinación do proxecto encargouse o departamento de Cultura do Concello e da súa dirección e realización, o estradense Lucas Terceiro.

👉 https://youtu.be/6RJ56sp3Z-E

Feliz Día de Rosalía

Publicado en Portada | Deja un comentario

Presentación Vídeo Homenaxe a Rosalía de Castro

 

O Mércores día 24 de febreiro data sinalada no que Galicia celebra o día de Rosalía de Castro dende o Concello colgará na súa páxina web e nas redes sociais o vídeo co que todos os anos homenaxease á poetisa padronesa.

Este ano por mor da Covid, cancelouse o acto que acompaña esta presentación donde se recitaban poemas de Rosalía.

Malia todo, o Concello quere renderlle homenaxe á escritora coa difusión deste video institucional filmado polo realizador estradense Lucas Terceiro, e gravado por una selección de veciños da vila pertencentes ao ámbito da mediciña e das emerxencias sanitarias.

O lema desta próposta videográfica é» Máis ti vas indo», e incide nesa capacidade de resistencia e resiliencia que escritora e profesionais do sector sanitario amosaron e amosan fronte as moitas adversidades que lles tocou afrontar.

O traballo videográfico poderá visionarse na Canle de You Tube do Concello a partires de mañá.

Agradecer como non, a participación desinteresada de todos os profesionais sanitarios que colaborán no vídeo así coma o Centro de Saúde da Estrada, Emerxencias A Estrada e 061.

Tamén agradecer a colaboración musical da Fundación Sondeseu que nos achegou xentilmente os fragmentos musicais que enmarcan o traballo.

Nos vindeiros días procederemos a presentar a programación cultural deseñada polo departamento de cultura para esta vindeira primavera.

Agardando que a situación sanitaria nos permita desfrutar novamente da cultura .

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

«As historias teñen novos heroes» logra o primeiro posto no Entroido Virtual A Estrada


O xurado do concurso virtual de disfraces da Estrada entregan na mañá de hoxe os premios do Entroido Virtual o primeiro dotado con 300 euros, a As stories dye novos heroes. O segundo (200 euros) foi para As garotas labregas, o terceiro (100 euros) para A avoíña de Anselmo e o cuarto (50 euros) por ¿Viva la hostelería! 23 persoas e grupos participaron no concurso, dando ilusión a un Entroido para todos e todas.
Publicado en Portada | Deja un comentario

PLAN MELLORA INFRAESTRUCTURAS DEPORTIVAS.
CONCELLO DA ESTRADA

Con motivo do paro das competicións oficiais no ano 2020 motivado pola COVID,
AEstradaDeporte deseñou un Plan Local de mellora de infrastruturas deportivas, para executar
no último semestre do ano 2020 e no primeiro trimestre do 2021. A finalidade é ofrecerlles un
mellor servizo aos nosos usuarios, mellorando as instalacións e a súa contorna, así como a
sinalización das áreas deportivas do Concello da Estrada para os nosos veciños, e para todo
aquel cidadán doutras localidades que poida visitarnos.
Vimos de finalizar a colocación dos elementos que forman parte da sinaléctica das
instalacións deportivas municipais, que forma parte deste Plan Local de mellora de infrastruturas
deportivas.
A actuación consistiu na colocación dun totem informativo no acceso de cada instalación,
así como tres mapas ca localización das instalacións, que están ubicados no campo de fútbol
Novo Municipal, no pavillón polideportivo Manuel Coto Ferreiro e nas pistas de tenis.
Os totems están compostos por unha base de aceiro inoxidable na que se inserta
verticalmente un poste de madeira de abeto con tratamento específico antihumidade para
exteriores, e sobre as que de coloca a información de cada instalación deportiva.
Esta sinalizacíon, faise a maiores dos traballos realizados nas instalacións no seu
momento pola situación do COVID19.

Publicado en Portada | Deja un comentario