A XUNTA INFORMA ÁS ASOCIACIÓNS DE DEZA E TABEIRÓS DA ACTIVACIÓN DAS AXUDAS DO SEGUNDO PLAN DE RESCATE DIRIXIDAS A AUTÓNOMOS E MICROEMPRESAS, QUE PODERÁN SOLICITARSE A PARTIRES DE MAÑÁ

 

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria da liña xenérica de axudas -a dirixida a persoas traballadoras autónomas e microempresas-  do 2º Plan de Rescate co que a Xunta quere acompañar aos empresarios nesta nova fase da pandemia. A orde de axudas dirixida especificamente aos establecementos hostaleiros e outros negocios pechados polas medidas sanitarias desde xaneiro -como ximnasios ou parques infantís-, publicarase no DOG o próximo luns.

 

Ante esta convocatoria, os delegados territoriais da Xunta de Galicia en Pontevedra e Vigo, Luis López e Marta Fernández-Tapias, mantiveron esta mañá un encontro telemático informativo con preto dun cento de asociacións de toda a provincia, entre as que figuraban a Asociación de Empresarios de Deza (AED), a Asociación Comarcal de Empresarios (ACE), a Asociación de Comerciantes da Estrada (ACOE) e autónomos e pequenos empresarios de Lalín, A Estrada e Silleda, aos que se animou a que concorreran a estas novas axudas para garantir a subsistencia dos negocios e do emprego polos efectos das necesarias medidas de prevención fronte á covid-19.

 

En canto ao segundo Plan de Rescate da Xunta, está dotado con 75 millóns de euros, dos que 60 millóns corresponden á convocatoria publicada hoxe, e 15 millóns á liña específica destinada á hostalaría e negocios pechados. Desde novembro, a Xunta de Galicia leva destinados máis de 160 millóns de euros a apoios directos ao tecido empresarial, posto que o primeiro Plan de Rescate estivo dotado con 86 millóns de euros.

 

Todas as axudas do segundo Plan de Rescate son complementarias e acumulables ata un máximo de 15.700  euros por negocio, e compatibles cos importes recibidos no primeiro plan. Deste xeito, un negocio que se beneficie de ambos programas poderá percibir en catro meses axudas que van dun mínimo de 3.400 euros ata un un máximo de 24.200 euros.

 

As persoas traballadoras autónomas e microempresas poderán solicitar os apoios desde mañá, e durante o prazo dun mes. Para acceder ás axudas deberán acreditar baixadas de facturación en 2020 de polo menos o 45% fronte aos datos de 2019.

 

Autónomos

Para os autónomos establécese unha escala que vai dos 1.200 aos 3.000 euros de axuda directa. As contías serán máis elevadas para os empresarios que teñan máis caídas na facturación. Así, establécese un baremo a partir de 1.200 euros para baixas na facturación de entre o 45% e 60%; 2.000 euros (entre o 60% e o 70%) e de 3.000 euros nos casos máis graves (caída do 70% ou máis).

 

Microempresas

Para microempresas e persoas traballadoras autónomas con persoal ao seu cargo, os apoios irán dos 4.000 aos 9.000 euros. Tamén neste caso adáptanse as contías en función das perdas: 4.000 euros (de -45% a -60%), 5.000 euros (entre -60% e -70%) e 6.000 euros (-70% ou máis). Estas cantidades incrementaranse de acordo co número de persoas traballadoras ao cargo, percibindo os empresarios 1.000 euros a maiores se contan de 4 a 9 empregados; 2.000 euros máis en negocios entre 10 e 20 empregados; e 3.000 euros con cadros de persoal de 21 a 25 persoas.

 

Novidades

Como novidade, o Goberno galego, por mor da situación económica da covid-19, permitirá que poidan acceder ás axudas as empresarias e empresarios que teñan contraído pequenas débedas coas administracións públicas (tributarias ou coa Seguridade Social). Nestes casos, a débeda non poderá superar o 80% da axuda a percibir e as persoas beneficiarias deben comprometerse a saldalas e comunicalo no prazo de quince días. Os empresarios que estean ao corrente, percibirán a totalidade da axuda nun único pago.

 

Deste xeito, a Xunta responde ás peticións formuladas polos diferentes sectores afectados. Trátase dunha medida excepcional tendo en conta a situación actual, que facilita o acceso ás axudas públicas a negocios con pequenas débedas coa Administración, sen prexuízo de que teñan que cumprir coas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

 

O Goberno galego segue a acompañar con axudas directas aos empresarios que enfrontan con maiores dificultades esta fase da pandemia.  Cos apoios preténdese contribuír ao mantemento da súa actividade económica e do emprego. Por este motivo elimináronse requisitos respecto do primeiro plan. Aos autónomos non se lles pedirá acreditar prestación por cese de actividade e, no caso das microempresas non terán que ter ou ter tido ERTE desde o inicio da pandemia.

 

Dúbidas

A Xunta, ademais, para resolver calquera dúbida sobre este programa de axudas e outros plans da Consellería de Emprego e Igualdade ten activa a aplicación móbil (app) Gohu, a liña de teléfono 900 815 600 e a conta de correo electrónico hola@gohu.es para informar en todo momento das novidades. A App pódese descargar para teléfonos con iOS na ligazón https://apps.apple.com/es/app/gohu/id1458130660 e para Android en https://play.google.com/store/apps/details?id=com.nedaware.postall. Ambas as dúas ligazóns están dispoñibles na páxina web: www.gohu.es.

 

A tramitación dos novos apoios realizarase unha vez máis de xeito áxil, con pouca burocracia, o que permitirá que os primeiros pagos cheguen en cuestión de días, antes incluso de que remate o prazo de solicitude, como ocorreu co primeiro plan.

 

O luns a Xunta completará a activación do 2º Plan de rescate, coa convocatoria no DOG da nova liña de axudas automáticas ao sector da hostalaría e outras actividades pechadas polas medidas sanitarias (ximnasios, parques infantís, feirantes…), dotada con outros 15 millóns de euros. Ao ser compatible coas de autónomos e microempresas, a contía máxima a percibir polos negocios no segundo plan poderá elevarse ata os 15.700 euros.

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

BNG insta ao goberno municipal a retirar da vía pública os coches abandonados

 A concelleira do BNG, Susana Camba, levará ao vindeiro pleno do mes de marzo unha petición ao goberno municipal do PP para que se retiren os coches abandonados situados nas rúas da vila e no rural do noso concello.

A concelleira nacionalista afirma que «no BNG temos localizado cando menos catro vehículos que están aparcados nas beiravías da N-640 en Matalobos e Guimarei, e tamén no centro da vila». «Entendemos que o goberno municipal tiña que ser máis dilixente e retiralos», explica, «porque aínda que estean parados e algúns xa nin rodas teñen, temos que lembrar que hai uns catro ou cinco anos una muller de Guimarei morreu atropelada por un destes vehículos ao que, o deterioro sufrido ao longo de anos, fixo que se lle soltaran os freos».

Susana Camba explica que «o goberno municipal do PP non pode mirar para outro lado e deixar que eses coches formen parte da paisaxe, xa que algúns deses coches levan anos, moitos anos aparcados ante a pasividade do goberno». «Son un evidente perigo e compre retiralos, e ademais en algún caso ocupan prazas públicas de aparcamento», engade a concelleira nacionalista.

«Por outra parte», engade a concelleira do BNG, «os coches abandonados é outro exemplo da política medioambiental do PP e de como ten en estado de abandono as rúas da vila e o rural do concello; para o PP só existen un par de rúas, sobre as que actúa unha e outra vez, o resto está completamente abandonado como xa denunciamos en máis dunha ocasión».

Publicado en Portada | Deja un comentario

A XUNTA REFORZA A ATENCIÓN Á MULLER E AS ACCIÓNS DE PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO, CONCILIACIÓN E SENSIBILIZACIÓN EN IGUALDADE NAS BISBARRAS DE DEZA E TABEIRÓS-MONTES

A Xunta de Galicia vai reforzar a atención á muller e o desenvolvemento de accións de prevención da violencia de xénero, fomento da conciliación e sensibilización na igualdade ao longo do presente exercicio nas bisbarras de Pontevedra e Caldas.

Estas iniciativas foron abordadas nunha xuntanza telemática celebrada esta mañá entre a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, coas responsables dos 17 centros de información á muller (CIM) da área territorial, na que se abordou o seu funcionamento e a posta a disposición de diferentes recursos por parte do Goberno galego para o presente ano.

 

Así, a Xunta seguirá sostendo axudas e recursos para a atención a vítimas de violencia de xénero, como as prestacións económicas, asistencia psicolóxica e xurídica, a través dos CIMs, así como a Rede de Casas de Acollida de Galicia entre outros recursos. Neste punto, concretáronse as novas iniciativas para previr e invervir ante a violencia machista, como consecuencia da covid-19.

 

Ademais, tamén vanse reforzar os programas de conciliación da vida familiar e laboral e ábrese a posibilidade de establecer vías de colaboración nesta materia cos concellos ao tempo que se manteñen operativos os centros de acollida e se potencia a colaboración coa Rede Galega contra a Trata para atender situacións de especial vulnerabilidade.

 

O Plan de Reforzo tamén inclúe a ampliación do bono de alugueiro social para vítimas de violencia de xénero, chegando a Xunta a asumir o 100% do seu custo, e a actividade, as 24 horas do día, da atención telefónica a través do número 900 400 273. Tamén permanecerá operativo o asesoramento xurídico en liña e as terapias de apoio piscolóxico, nas modalidades presencial, telemática e telefónica, para todas as mulleres, con especial relevancia para as vítimas de violencia sexual.

 

A Xunta destinou o pasado ano case 190.000€ ao mantemento de tres centros de información á muller, que atenden a cinco concellos -o de Lalín é compartido con Rodeiro e Agolada-, nas bisbarras de Deza e Tabeirós-Montes e tamén ao desenvolvemento de cinco programas de equidade, conciliación e sensibilización e de loita e prevención contra a violencia de xénero.

 

 

 

Axudas de Igualdade e Prevención da Violencia de Xénero

DEZA-TABEIRÓS-MONTES

Entidade

CIM

Conciliacion

Prevención

Sensibilización

TOTAL

A Estrada

38.843€

12.000€

 

 

50.843€

Forcarei

 

12.000€

 

 

12.000€

Lalín

52.000€

 

 

 

52.000€

Rodeiro

(Lalín)

 

 

7.986€

7.986€

Silleda

45.000€

12.000€

 

8.000€

65.000€

TOTAL

187.829€

Publicado en Portada | Deja un comentario

ENTROIDO VIRTUAL A ESTRADA

 

 

 

1.- PRAZOS PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES E DAS FOTOGRAFÍAS

Dende o día 10 de febreiro ata o día 15 de febreiro ás 15.00h os interesados poderán enviar as fotografías ou vídeos ao perfil de facebook habilitado ó efecto

O día 16 de febreiro ás 20:00 h subiráse un vídeo editado con tódalas fotografías e vídeos participantes ao facebook do concurso.

O día 17 de febreiro as 20:00 h comunicaranse a través do facebook do concurso os gañadores do Entroido Virtual 2021

2.- ESTABLÉCENSE AS SEGUINTES CATEGORÍAS:

A.-FAMILIAS ou UNIDADES CONVIVENTES
3. INSCRIPCIÓN CONCURSO

Aquelas familias ou unidades conviventes e pertencentes ó Concello de A Estrada, que desexen participar neste concurso, deberán publicar a súa fotografía ou video disfrazados, no perfil de facebook que se habilitará para dito concurso especificando o nome do disfraz que se atribúen, asimesmo deberán enviar cuberto o modelo de instancia de participación normalizado do concello de A Estrada ó enderezo de mail que se habilitará para tal fin, a partires da publicación destas bases e ata o 15 de febreiro ás 15.00h, momento no que rematará o prazo e non se aceptarán máis participantes.
4. PREMIOS

Primeiro premio: 300 euros
Segundo premio: 200 euros
Terceiro premio: 100 euros
Cuarto premio: 50 euros
5.-XURADO

O xurado estará formado por : D. Juan Pedro Pérez; Dª Sally Torres;D.Gonzalo Louzao e Dª Lucia Seoane
Valorarase elaboración e orixinalidade do disfraz e da presentación.


6.- ENTREGA DE PREMIOS
Dende o Concello poñeranse en contacto cos premiados, para que un representante de cada familia gañadora acuda a recoller o premio

 

 


FOLLA DE INSCRICIÓN

D/ Dª ……………………………………………………………………………………………….. con DNI ………………..………………
E domicilio en ………………………………………………………………………………………………. Teléfono ……………………
Nome do disfraz que publican no facebook……………………………………………………………………………………..
SOLICITA:
A súa inscrición no concurso ENTROIDO VIRTUAL DO CONCELLO DE A ESTRADA e autoriza ao Concello de A Estrada a publicar nas redes sociais as fotografías e vídeos remitidos.
A Estrada, a …….. de febreiro de 2021

Asdo:

 

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

VACINACIÓN DO PERSOAL DE SERVIZO NO FOGAR EN A ESTRADA

DESDE O DEPARTAMENTNO DE SERVIZOS SOCIAIS INFORMAMOS QUE DENDE O DIA DE ONTE COMEZOUSE CO PROCESO DE VACINACIÓN DO PERSOAL DE SERVIZO NO FOGAR, A FIN DE GARANTIR A SAÚDE E SEGURIDADE DESTE PERSOAL DE CARACTER
ESENCIAL NA ATENCIÓN A PERSOAS DEPENDIDENTES, E ASI
GARANTIR TAMBÍEN A SEGURIDADE SANITARIA DOS USUARIOS DO SERVIZO.
ASI MESMO TAMBIEN VAISE APROCEDER DE MODO INMEDIATO Á VACUNACION DO PERSOAL DEDICADO A SERVIZOS DE ATENCION A COLECTIVOS ESPECIALMENTE VULNERABLES,COMO É O CASO DO PERSOAL DOS CENTROS DE DÍA  ASI ELCENTRO DE DIA MUNICIPAL, SITUADO NAS INSTALACIÓNS DO NOVO MERCADO, CONTARÁ CO PERSOAL VACINADO, XA QUE O CENTRO ESTA ́TRABALLANDO A MOI BO RITMO, XA QUE CONTAMOS CON 15 USARIOS, ENTRE Os DE XORNADA COMPLETA E MEDIA XORNADA, ADEMAIS DE SER UN CENTRO QUE CONTA
CON SERVIZO DE TRANSPORTE.
NA SITUACION ACTUAL O CENTRO FUNCIONA DE 10.00 A 19.00, CONTANDO POLA MAÑÁ CON DÚAS FRANXAS DE MEDIA XORNADA, ASI O USUARIO PODE IR DE 10.00 A 13.00 ou DE 10.00 A 14.00 SEGUN DESEXE COMER Ou NON . A MEDIA XORNADA DE TARDE ENCÁDRASE NO HORARIO DE 15.00 A19.00.
NO CENTRO TÓMANSE TOMAS As MEDIDAS DE SEGURIDADE E SÉGUENSE O PROTOCOLOA ANTI COVID DUN MODO EXAHUSTIVO, A FIN DE GARANTIR Ao 100%
A SAÚDE TANTO DOS USUARIOS COMO DOS TRABALLADORES 
Os USUARIOS DO CENTRO SON ATENDIDOS POR PERSOAL ESPECIALIZADO, E CONTAN CON SERVIZO DE FISIOTERAPIA , ADEMAS ESTEA a TRABALLARSE DESDE O CONCELLO PARA SOLICITAR A CATALOGACION DO CENTRO COMO CENTRO SANITARIO PARA PODER AMPLIAR Os SERVIZOS E ASI PODER PRESTAR SERVIZOS COMPLEMENTARIOS COMO PODOLOGIA, TERAPIA OCUPACIONAL ,ENTRE OUTROS.
NESTE CENTRO ADEMAS DA ATENCION DIARIA Aos USUARIOS TRABÁLLASE EN TENTAR EVITAR UNHA DETERIORACIÓN TANTO A NIVEL FISICO COMO COGNITIVO , REALIZANDO DIVERSAS TERAPIAS E ACTIVIDADES ENCAMIÑADAS A LESTES OBXECTIVOS,
E NON SÓ COS USARIOS, DESDE AGADEA, ASOCICAION QUE GESTIONAL O
CENTRO, TAMBIEN HAI ACTIVIDADE E TERAPIAS PARA As FAMILIAS E Os
COIDADORES FAMILIARES, TENTANDO QUE O APOIO QUE SE PRESTA SEXA O MAIS COMPLETO POSIBLE, TENTANDO MELLORAR O COIDADO DOS MAIORES Ou PERSOAS QUE O NECESITEN, EN CONXUNTO COA CONTORNA FAMILIAR. CREEMOS, DESDE ESTE GRUPO DE GOBERNO, QUE DEBEMOS APOSTAR POR SERVIZOS DE PROXIMIDADE QUE TEÑAN COMO FIN PRIMORDIAL A ATENCION E COIDADO DOS nosos MAIORES E DOS DEPENDENTES, ADEMAS DE GARANTIR UNS SERVIZOS QUE VAN MAIS ALÁ DA PRESTACIÓN DE COIDADOS, SENÓN QUE TAMBIEN
SE TANSMITA A SENSACIÓN DE CERCANIA E CONFIANZA, DE TAL MANEIRA QUE UNHA FAMILIA POIDA DELEGAR O COIDADO DO seu MAIOR Ou DEPENDENTE NUN SERVIZO
PÚBLICO CON TODAS As GARANTIAS.

Publicado en Portada | Deja un comentario

BNG da Estrada fai campaña para baixar ao 10% o IVE dos salóns de peiteado e barberías

BNG da Estrada está explicando entre os salóns de peiteado e barberías a súa proposta de baixar do 21% ao 10% IVE que pagan este tipo de estabelecementos. Segundo explicou a concelleira do BNG, Susana Camba, «este iniciativa foi unha das máis de 200 emendas que presentou a nosa organización aos orzamentos do Estado de 2021 e que lamentabelmente foi rexeitada polos votos de PSOE e Podemos».

«A pesar de todo», engade «seguimos insistindo nesta iniciativa a través dunha proposición non de lei rexistrada no Congreso, porque entendemos que as perruqueiras e perruqueiros cumpren unha importante función social, pois, ademais da estética, encárganse de atender as necesidades de moitas persoas dependentes ou de avanzada idade para as que o lavado de cabelo e peitado non é unha cuestión de vaidade, senón de hixiene persoal».

«Temos que recordar que o sector paga neste momento as consecuencias dunha decisión
inxusta», afirma Susana Camba, «no 2012, en plena crise económica, o Goberno do PP aprobou unha suba do IVE para algunhas actividades de 8 a 21%, de modo que os salóns de peiteado e estética tiveron que facer fronte a un incremento de 13 puntos dun día para outro.»

«Debido precisamente á baixada do consumo naquel momento de inestabilidade económica o sector decidiu manter os prezos estábeis, isto é, non trasladaron a suba á clientela, pois tal e como prometera daquela o Goberno de Rajoy, a suba do IVE neste sector ía ser temporal. Porén, outras actividades viron cumprido o compromiso e xa teñen de novo o IVE en 10%, mais os salóns de peiteado, barberías e estéticas continúan a padecer o tipo máis alto do imposto», indica a concelleira nacionalista.

«No BNG cremos que é de xustiza baixar o IVE aos salóns de peiteado e barberías, e así o estamos explicando aos estabelecementos que visitamos dando a coñecer a iniciativa do BNG», afirma, «a baixada sería de axuda directa ao sector e permitiría manter abertos moitos negocios e os empregos que, doutro xeito, van verse na obriga de fechar».

Publicado en Portada | Deja un comentario

PLAN MELLORA INFRAESTRUCTURAS DEPORTIVAS.
CONCELLO DA ESTRADA.

Con motivo do paro das competicións oficiais no ano 2020 motivado pola COVID, AEstradaDeporte deseñou un Plan Local de mellora de infrastruturas deportivas, para executar no último semestre do ano 2020 e no primeiro trimestre do 2021. A finalidade é ofrecerlles un
mellor servizo aos nosos usuarios, mellorando as instalacións e a súa contorna, así como a sinalización das áreas deportivas do Concello da Estrada para os nosos veciños, e para todo aquel cidadán doutras localidades que poida visitarnos.
Os traballos de mantemento de maior calado prodúcense no pavillón Manuel Coto Ferreiro, e veñen motivados pola antigüidade que ten a instalación. A realización de obra civil e melloras céntranse no campo de fútbol Manuel Regueiro.
A reforma do campo de fútbol Manuel Regueiro, consistiu na substitución da superficie de xogo, así como a ampliación dos almacéns, construcción de servizo adaptado para minusválidos, revisión da instalación de fontanería e rego, revisión da instalación eléctrica, traballos de pintura
no exterior e interior de vestiarios e almacens, sinaléctica de todas as dependencias e axuste da rede parabalóns perimetral.
Ampliase esta actuación ca sinalización horizontal e vertical do vial entre as piscinas municipais e o campo de fútbol Manuel Regueiro co pavillón Manuel Coto Ferreiro para reforzar a seguridade vial nunha zona con moito tránsito, tanto de tráfico rodado coma de peóns.
Outra actuación que se levou a cabo foi a sinaléctica de todas as instalacións deportivas municipais, ca colocación dun totem informativo no acceso de cada instalación, así como un mapa ca localización das instalacións que estará visible en cada centro deportivo, todo elo, a
maiores da sinalización xa realizada pola situación do COVID19.
Despois de realizar un estudo de cada unha das instalacións deportivas existentes, expoñendo as diferentes características e actuacións de mantemento realizadas en cada unha delas, aplicáronse unha serie de medidas e investimentos en cada unha estas instalacións co fin
de facilitar a práctica deportiva dos usuarios, creando e mantendo unha infraestrutura deportiva
adecuada, tales como:
 Construir arquetas e instalación de drenaxes para evacuación de augas pluviais no aparcadoiro traseiro do pavillón Coto Ferreiro.
 Instalar novo marcador en pavillón Coto Ferreiro (convenio S.X para o deporte)
 Pintar muros e tabiques en exterior e interior o pavillón Manuel Coto Ferreiro.
 Colocar mobiliario urbano (bancos e papeleiras) no entorno do pavillón Manuel Coto Ferreiro, campos de fútbol e pistas de tenis.
 Colocar novas canastras de teito no pavillón Coto Ferreiro (convenio FEGABA)
 Colocar varanda perimetral e cambiar tarima palco TV+soldar reixas perimetrais terreo de xogo+soldar e pintar piares entrada principal no pavillón Coto Ferreiro.
 Colocar mostrador novo na cantina no pavillón Coto Ferreiro.
 Acondicionar accesos e cepillar superficie de xogo nas pistas de tenis municipais.

Publicado en Portada | Deja un comentario