A CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO EVIVENDA E ECOEMBES, VOLTAN CONVOCAR A 15 CONCELLOS GALEGOS PARA QUE AUMENTEN A SÚA TAXA DE RECICLADO COA CAMPAÑA «ÚNETE AO RETO»

  • Volve a campaña de fomento da reciclaxe de envases de plástico latas e briks que se suspendeu en marzo de 2020 por mor do confinamento obrigado pola pandemia.

 

  • O obxectivo deste reto, que se desenvolverá do 1 de febreiro ao 30 de abril, é que cada un dos 15 municipios participantes melloren nun 10% a súa achega ao contedor amarelo (envases de plástico, latas e briks), comparado co mesmo período do ano anterior.

 

  • Superado este reto, cada concello recibirá un premio de 2.000 euros para doar a unha causa social da súa elección.

 

  • Ourense, Ferrol, Arteixo, Carballo, Ribeira, Ponteareas, Lalín, O Porriño, Boiro, Teo, A Estrada, Sanxenxo, Tui, Viveiro e Cambados son os 15 concellos que participarán nesta segunda edición do Reto.

 A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en colaboración con Ecoembes, a organización ambiental sen ánimo de lucro que coordina a reciclaxe de envases en España, retoman en 15 concellos galegos a campaña de incentivo da reciclaxe “Únete ao reto”, logo de suspendela en 2020 por mor do confinamento.

 

Unha mellora do 10% e un premio de 2.000 euros.

Este reto, convocado do 1 de febreiro ao 30 de abril, parte dunha premisa moi sinxela: os concellos participantes que melloren, cando menos, nun 10% a súa achega ao contedor amarelo (envases de plástico, latas e briks) respecto ao mesmo período do ano pasado, conseguirán un premio dotado con 2.000 euros que terán doar a unha causa social local da súa elección.

 

 

 

 

Fotos: (esquerda a dereita) Hoxe pola maña durante a presentación da campaña que nesta ocasión foi na Estrada, Bruno de Llano delegado en Galicia de Ecoembes,  Sagrario Perez Castellanos Directora Xeral de Calidade Ambiental e Jose Lopez Campos, Aacalde de A Estrada, durante a presentación da campaña e durante a visita posterior ao stand da reciclaxe na feira da Estrada  acompañados tamén de Juan Manuel Constenla Carbón, Concelleiro de Medio Ambiente de A Estrada.. 

 

 

Segunda edición, 15 concellos

Ourense, Ferrol, Arteixo, Carballo, Ribeira, Ponteareas, Lalín, O Porriño, Boiro, Teo, A Estrada, Sanxenxo, Tui, Viveiro y Cambados son os 15 concellos que participarán nesta segunda edición do Reto.

A primeira edición, en 2018, convocouse igualmente entre 15 concellos galegos e 10 de estes superaron amplamente os obxectivos establecidos.

 

Coa colaboración dos concellos para implicar á cidadanía

Para conseguir que os concellos superen o Reto, están programadas unha serie de accións de comunicación coas que preténdese comprometer aos concellos e á cidadanía na mellora das cifras de reciclado de envases de plástico, latas e briks, nos seus respectivos municipios.

É por isto que durante os 3 meses de duración do reto, desenvolveranse diferentes actividades de grande impacto e poder de comunicación como son a instalación de contedores amarelos xigantes e stands/colectores, a planificación de intensas campañas en medios de comunicación e redes sociais etc. que teñen como finalidade animar á cidadanía a participar á vez que se lles aprende como reciclar mellor.

En www.uneteaoreto.com atópase toda a información sobre como separar correctamente os residuos e será onde se publiquen os quilos recollidos cada mes de campaña en cada municipio.

 

 

Sobre Ecoembes

Ecoembes (www.ecoembes.com) é a entidade sen ánimo de lucro que xestiona a recuperación e a reciclaxe dos envases de plástico, as latas e os briks (contedor amarelo) e os envases de cartón e papel (contedor azul) en toda España.

En 2019, recicláronse máis de 1,5 millóns de toneladas de envases de plástico, latas e briks e envases de cartón en todo o territorio nacional. Grazas a esta porcentaxe, obtivéronse numerosos beneficios ambientais, como evitar a emisión de 1,67 millóns de toneladas de CO2 á atmosfera ou aforrar 6,36 millóns de MWh. Asemade, aforráronse 20,74 millóns de metros cúbicos de auga.

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

ENTROIDO VIRTUAL A ESTRADA

 

1.- PRAZOS PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES E DAS FOTOGRAFÍAS

 

Dende o día 10 de febreiro ata o día 15 de febreiro ás 15.00h os interesados poderán enviar as fotografías ou vídeos ao perfil de facebook habilitado ó efecto

 

O día 16 de febreiro ás 20:00 h subiráse un vídeo editado con tódalas fotografías e  vídeos  participantes ao facebook do concurso.

 

O día 17 de febreiro as 20:00 h comunicaranse  a través do facebook do concurso os gañadores do Entroido Virtual 2021

 

2.- ESTABLÉCENSE AS SEGUINTES CATEGORÍAS:

 

A.-FAMILIAS ou UNIDADES CONVIVENTES

  1. INSCRIPCIÓN CONCURSO

 

Aquelas familias ou unidades conviventes e pertencentes ó Concello de A Estrada, que desexen participar neste concurso, deberán publicar a súa fotografía ou video disfrazados, no perfil de facebook que se habilitará para dito concurso especificando o nome do disfraz que se atribúen, asimesmo deberán enviar  cuberto o modelo de instancia de participación normalizado do concello de A Estrada ó enderezo de mail que se habilitará para tal fin,  a partires da publicación destas bases e ata o 15 de febreiro ás 15.00h, momento no que rematará o prazo e non se aceptarán máis participantes.

  1. PREMIOS

 

Primeiro premio:  300 euros

Segundo premio: 200 euros

Terceiro premio:  100 euros

Cuarto premio:      50 euros

5.-XURADO

 

O xurado estará formado por : D. Juan Pedro Pérez; Dª Sally Torres;D.Gonzalo       Louzao e Dª Lucia Seoane

Valorarase elaboración e orixinalidade do disfraz e da presentación.

 

 

6.- ENTREGA DE PREMIOS

Dende o Concello poñeranse en contacto cos premiados, para que un representante de cada familia gañadora acuda a recoller o premio

 

 

 

 

 

 

FOLLA DE INSCRICIÓN

 

D/ Dª ……………………………………………………………………………………………….. con DNI ………………..………………

E domicilio en ………………………………………………………………………………………………. Teléfono ……………………

                   Nome do disfraz que publican no facebook……………………………………………………………………………………..

SOLICITA:

A súa inscrición no concurso  ENTROIDO VIRTUAL DO CONCELLO DE A ESTRADA   e autoriza ao Concello de A Estrada a publicar  nas redes sociais  as fotografías e vídeos remitidos.

A Estrada, a …….. de febreiro de 2021

 

Asdo:

 

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Estrada última detalles para presentar un Entroido virtual só para convivintes do Concello.







A Estrada terá por fin o Entroido, a pesar da pandemia. Non será un Entroido tradicional con Xenerais da Ulla nin percorra as principais rúas da vila nin estará aberto a xente de fóra. COVID non o permite. Será un Entroido de pasear pola casa, un concurso virtual de disfraces só para conviventes que residan no concello da Estrada.

Así o explicou ao mediodía de onte Lucía Seoane, que adoita asumir a organización das celebracións do Entroido en colaboración co departamento de Cultura que dirixe o tenente de alcalde Juan Constenla,  e ben de dar  luz verde á proposta de organizar un concurso de disfraces virtual.

A súa intención é que “febreiro non pase desapercibido e que o Entroido se goce na Estrada pero sen poñer en risco a saúde dos veciños. Por iso, decidiuse elaborar unhas bases para o concurso que farán explícita a obriga de que a participación nesta iniciativa se realice "por unidades de convivencia", na vindeira semana explicaranse con todo detalle.
Publicado en Portada | Deja un comentario

A Xunta adxudica 190.000 euros para as rúas Justo Martínez e Calvo Sotelo





O alcalde da Estrada, José López Campos, mantivo unha reunión coa conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, na que o xefe do departamento comprometeuse co apoio da administración autonómica ás obras de peonalización do Rúa Calvo Sotelo e a humanización da rúa Xusto Martínez. O Concello remitira o proxecto á Xunta hai un par de semanas, que estima o custo das obras en 270.000 euros. A Xunta contribuirá decisivamente ao financiamento das obras empregando os fondos do Plan Hurbe. Segundo López, a Xunta financiará o 70% -é dicir, 190.000 euros- e o Consello asumirá o 30% restante -80.000 euros-.
O alcalde estradense indica que a intención é asinar o convenio de colaboración este mes ou en marzo, co obxectivo de comezar as obras na segunda metade do ano. As obras serán licitadas pola Xunta e incluirán a peonalización dos dous tramos de Calvo Sotelo -da rúa Ulla a Justo Martínez e de alí á praza da Farola- e o da rúa Justo Martínez no tramo Calvo Sotelo ata Iryda. O goberno estradense quere facer coincidir as obras de Calvo Sotelo e Justo Martínez coas previstas na Praza da Feira e na rúa Ulla, para as que se está a ultimar o proxecto definitivo de peonalización de acordo coa proposta gañadora do concurso de ideas convocado polo Concello para humanizar a zona. No caso da rúa Calvo Sotelo, está previsto preservar o pavimento de pedra das amplas beirarrúas existentes, eliminando os bolardos que os separan do carril central, onde se levantará o aglomerado existente e substituirase por pavimento de pedra do país, buscando a concordancia con a beirarrúa. O paso aos garaxes e a carga e descarga só se permitirá en franxas horarias específicas, pero a circulación transversal manterase a través de Justo Martínez.
Publicado en Portada | Deja un comentario

Juan Constenla toma posesión da súa acta como deputado nacional

O tenente de alcalde da Estrada, Juan Constenla, tomou hoxe posesión como deputado nacional do Grupo Popular no Congreso. Foi na sesión que se celebrou esta tarde na cámara baixa, na que vai substituír á alcaldesa de Marín, María Ramallo.

Constenla agradece a confianza do partido, e comprométese “a traballar de xeito comprometido para trasladar as necesidades de demandas dos concellos e representar á provincia en Madrid”.

Incorpórase así ao grupo de deputados nacionais e senadores do PP de Pontevedra, con Diego Gago e Javier Bas no congreso, e Pilar Rojo, Javier Guerra e Elena Muñoz no Senado.

Publicado en Portada | Deja un comentario

LUISA PIÑEIRO FAI UN CHAMAMENTO AOS 2.800 VECIÑOS DA ESTRADA CONVOCADOS AO CRIBADO DE DETECCIÓN DA COVID-19 PARA QUE PARTICIPEN CO OBXECTIVO DE “PROTEXER A SAÚDE E FREAR OS CONTAXIOS

 

 

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Luisa Piñeiro, acudiu esta tarde ao centro de saúde da Estrada acompañada polo alcalde José López Campos para asistir ao inicio do cribado de detección da covid-19 impulsado pola Área Sanitaria de Santiago e Barbanza e fixo un chamamento aos 2.800 veciños convocados para que participen masivamente nestas probas “co obxectivo de detectar casos asintomáticos para frear a transmisión e os contaxios e protexer a saúde dun dos concellos máis poboados da provincia de Pontevedra”.

 

A representante autonómica, que compareceu acompañada do alcalde da Estrada, José López, quixo destacar o “compromiso e esforzo” que está a realizar o Sergas para conter a pandemia en todos os territorios e, especialmente, na provincia de Pontevedra, onde se citaron a máis de 47.000 persoas a estas probas entre a semana pasada e a actual. Así, xa se realizaron en Vigo, Poio, Silleda, Forcarei e Salvaterra e vanse efectuar nestes días en Moraña, Soutomaior ou Ponte Caldelas, sen contar outro de tipo de cribados máis pequenos, como os dos centros educativos, ou os orientados a colectivos específicos.

 

“Toda a Xunta de Galicia está volcada fronte á crise sanitaria e loxicamente actuamos alí onde é máis necesario, como é o caso da Estrada, que ten 148 casos a día de hoxe e unha incidencia lixeiramente superior aos 700 casos por cada 100.000 habitantes”, manifestou a delegada, que tamén quixo expresar a súa tristura e trasladar as súas condolencias polos nove falecidos da Estrada como consecuencia da covid-19 -o derradeiro a pasada fin de semana- dende que comezou a pandemia.

 

Luisa Piñeiro, que non quixo acceder ao centro de saúde por prudencia e respecto ao traballo e privacidade do proceso, reiterou a importancia da participación “para cortar de raíz os actuais niveis de contaxios” na Estrada e explicou que a poboación diana seleccionada, de 2.800 veciños de entre 31 e 50 anos, determinouse en base a criterios sanitarios e de relacións sociais e familiares do municipio “para optimizar a localización de casos nun tempo áxil, xa que a transmisión que hai neste concello precisa de datos rápidos para proceder a realizar actuacións inmediatas”.

 

Este proceso de cribado prolongarase durante tres xornadas, xa que tamén haberá controis nas tardes de mañá e do xoves, a través de equipos de enfermería e os veciños convocados serán informados a través de SMS telefónico. En canto aos resultados, trasladaranse por medio de mensaxe en caso negativo e vía telefónica para os positivos.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O BNG da Estrada eleva unha protesta a Naturgy polo custe desorbitado da luz e mal servizo

Militantes do BNG da Estrada trasladaron na tarde de hoxe unha queixa a Naturgy, operadora eléctrica dominante no noso concello, en protesta polo elevado custe da enerxía eléctrica e polo pésimo servizo prestado, en especial no rural, que se fai máis evidente en períodos de temporal como os que estamos a vivir nos últimos días.

No escrito que presentou o BNG na oficina que ten esta operadora no noso concello, exíxese que baixe a súa tarifa eléctrica eliminando o chamado sistema marxinalista e cobrando a factura ao prezo da fonte xeradora da mesma. O BNG tamén insta a mellorar a infraestrutura eléctrica, especialmente no rural, para evitar os continuos cortes de electricidade como os vividos nos últimos días no rural do noso concello. Non é tolerábel que apenas caen catro gotas e fai algo de vento e os veciños e veciñas do rural teñen que sobren caídas de tensión e cortes no subministro eléctrico. Por outra parte, a organización nacionalista tamén insta á eléctrica a reducir a parte fixa da factura de tal xeito que sexa un incentivo para un uso responsable no consumo da enerxía. E ademais, reclama á operadora eléctrica que elimine da factura os impostos que corresponde pagar á compañía eléctrica.


O BNG entende que a enerxía eléctrica é un ben de primeira necesidade a través do cal podemos dende conservar alimentos, medicinas, comunicarnos, ter auga, cociñar ata prover de calor ao fogar. É unha das ferramenta que dotan de dignidade ao ser humano na sociedade actual.

O Pacto Internacional dos Dereitos Económicos, Sociais e Culturais de 1966 no seu artigo 11 recolle o dereito ao acceso á enerxía para a cociña, a iluminación e a calefacción. No ano 2015 a ONU aprobou a axenda 2030 sobre o desenvolvemento sostible e no artigo  7 garante o acceso a unha enerxía asequible, segura, sostible e moderna para todos.

A recente suba da factura da luz, de entre un 20 e un 30% no primeiro tramo de xaneiro e en plena onda de frío, contradí todo o exposto anteriormente. Nun momento de crise económica con un índice de paro do 16,20% no estado español e dun 15,08% no concello da Estrada, así como a precarización laboral da meirande parte das persoas, que aínda tendo un traballo, sofren moitas dificultades  para chegar a fin de mes, fan moi difícil o acceso ao que, acabamos de comprobar, é un dereito humano básico. Non é menos importante que no actual momento de pandemia sanitaria, no que a meirande parte da poboación se ve obrigada a pasar máis horas nos seus fogares, a dificultade de acceso á electricidade pode ter como consecuencia un deterioro na saúde tanto física como psicolóxica.

Por outra parte, non podemos esquecer que en Galiza sufrimos as consecuencias da depredación dos nosos recursos por parte das eléctricas (encoros nos ríos, muíños de ventos nos montes), sen que iso teña unha compensación no prezo da electricidade que pagamos os galegos e as galegas. Ademais, tamén sufrimos continuos cortes eléctricos en canto caen catro gotas ou fai algo de vento -vímolo estes días-, froito dunha infraestrutura de mala calidade e peor mantida.

Desde o BNG, entendemos que  suba da factura eléctrica é un atentado ao benestar da meirande parte da sociedade. A marxe de beneficios das empresas xeradoras de enerxía eléctrica dispárase ao utilizar o sistema marxinalista no que pagamos toda a enerxía ao prezo da central máis cara aínda que esa sexa unha mínima parte da que consumimos. A marxe de beneficios das empresas, anteriormente citada, nunca debe ir en detrimento do benestar das persoas, é  por iso que rexeitamos estas practicas por consideralas  abusivas.

MOCIÓN RECLAMANDO A BAIXADA O IVE DA ELECTRICIDADE
Por outra parte, a organización nacionalista tamén rexistrou unha moción no concello, para exixir do goberno español a a baixada do IVE na factura eléctrica do 21% ao 4%, o que reduciría notabelmente o custe da electricidade, que é un ben de primeira necesidade. Ademais, o BNG tamén pide eliminar os suplementos territoriais da tarifa eléctrica, que ten un peso importante no custe da electricidade, especialmente no noso país, onde pagamos a electricidade máis cara do Estado, a pesar de ser produtores desta enerxía.

A organización nacionalista tamén pide a través desta moción garantir a subministración eléctrica a toda a poboación, establecendo medidas para que non se lle poida cortar a luz a ningunha persoa sen recursos, así como a creación dunha empresa pública galega que integre os encoros que remataron o período de concesión.
 
Publicado en Portada | Deja un comentario