AEstradaDeporte informa do peche dende este luns día 25 de xaneiro,
de todas as instalacións deportivas xestionadas por este departamento,
debido a situación epidemiolóxica que está a pasar o noso concello, ata
novo aviso.
O uso das instalacións únicamente estará dispoñible para os
departamentos de educación física dos centros educativos, e para os clubs
de categoría nacional disputando competición regular, reorganizando
horarios para adestramentos.
Os partidos destes clubs deberán de celebrarse a porta pechada e sen
público.
Instalacións afectadas:
➔ Campo de fútbol Novo Municipal
➔ Campo de fútbol San Martiño-Callobre
➔ Pavillón Manuel Coto Ferreiro
➔ Pavillón Multiusos
➔ Pavillón n°5 Fundación
➔ Pavillón CEIP Figueroa
➔ Pistas de tenis e pistas de pádel
➔ Piscina climatizada
PECHE INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS
Juan Constenla será o novo deputado nacional do PP de Pontevedra
O presidente provincial do Partido Popular anunciou hoxe na
Estrada que Juan Constenla será o novo deputado nacional, recollendo así a
acta que deixa a alcaldesa de Marín María Ramallo. Rueda destacou que
convértese así no primeiro representante que o concello e a comarca van ter no Congreso, e amosouse convencido de que “estará á altura, xa que leva moito tempo traballando, coñece perfectamente como funciona a política dura de verdade, que é a local. E coñece todo o que pasa e o que necesita esta comarca. É un político experimentado e con vocación, que é o que se precisa neste momento”.
Rueda aproveitou a ocasión para agradecer todo o traballo e responsabilidade de María Ramallo, e dixo que a seguinte na lista, Elena Suárez, vai seguir
facendo unha labor importante no Parlamento galego. Así pois, cando Ramallo presente a renuncia á súa acta, antes de finalizar este mes, o Congreso comezará os trámites para que Suárez renuncie e poida ser Juan Constenla o que recolla a acta.
A partir dese momento, continuou Rueda, “levará as reivindicacións da
provincia a Madrid, pero tamén as da comarca e do concello, como reclamar a Variante da Estrada”. E, continuou, defenderá tamén que o Goberno central dea as ferramentas e capacidades ás comunidades autónomas para poder xestionar a pandemia. Xa que eles están desaparecidos e hai unha deixación de funcións absoluta, dixo, é importante que non obstrúan o traballo dos gobernos autonómicos para afrontar esta loita tan complicada.
Na rolda de prensa, Juan Constenla agradeceu a confianza do partido. “É unha responsabilidade moi grande, e traballarei de xeito comprometido para trasladar as necesidades de demandas dos concellos e representar á provincia en Madrid»
Por último, o alcalde da Estrada, José López, resaltou que a nivel político hoxe é un día moi especial, xa que para o concello “é fundamental e unha gran noticia que Juan Constenla sexa deputado nacional”.
López enxalzou que “Juan sempre estivo no partido, traballando sempre desdea estrutura e en silencio, sendo un fiel reflexo do que poden ser miles de persoas que traballan á sombra dun proxecto político como o do Partido
Popular”. Recordou que cando él chegou a política Juan xa estaba traballando,
e por iso entende que “hoxe rendemos tributo a todas esas persoas, á maioría silenciosa do partido que é fundamental e que non sempre teñen protagonismo
que merecen”.
Juan Constenla incorporarase así ao grupo de deputados nacionais e
senadores do PP de Pontevedra, con Diego Gago e Javier Bas na cámara
baixa, e Pilar Rojo, Javier Guerra e Elena Muñoz no Senado.
Cancélase a actuación de Manquiña deste venres no Teatro Principal
O empeoramento da situación epidemiolóxica que está a sufrir a vila nestas últimas horas, levou ao Departamento de Cultura a anunciar a cancelación dos eventos previstos para as próximas dúas semanas.
Os eventos cancelados son Relatos negros, unha obra de teatro protagonizada polo actor Manuel Manquiña prevista para este venres no Teatro Principal, e a presentación do libro La puerta do escritor Manuel Loureiro, cuxa presentación estaba prevista para o vindeiro venres 29 de xaneiro.
A cancelación destes eventos súmase á cancelación xa realizada da programación cinematográfica do Festival de Cine PANIC. No momento en que a situación sanitaria mellore, anunciaranse as novas datas de celebración dos eventos.
Todos aqueles que teñan recollido o seu convite no departamento de Cultura, deberán retirar de novo o seu convite, unha vez que se abra o despacho de billetes para os eventos previstos.
A Xunta de Galicia convoca as AXUDAS URXENTES DE TIPO SOCIAL PARA EVITAR OS CORTES DE SUBMINISTRACIÓN ELÉCTRICA ÁS PERSOAS CONSUMIDORAS VULNERABLES SEVERAS EN RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIAL
A finalidade destas axudas é levar a cabo actuacións encamiñadas a paliar as dificultades
económicas nas familias galegas económicamente vulnerables deseñando un programa que lles
permita facer fronte ás facturas de electricidade.
O prazo de solicitude destas axudas ábrese mañá e extenderase ata 31 de outubro.
Os requisitos para acceder ás axudas son ter a consideración de consumidor vulnerable severo en
risco de exclusión social ( esta situación deberá ser acreditada polos Servizos Sociais, salvo no caso
daquelas persoas que sexan beneficiarias de Risga); ser beneficiario do desconto do 40% no bono
social e ser o titular do contrato de subministración eléctrica.
A axuda ten un alcance de ata o 50% do importe das facturas de electricidade ( o restante é
asumido polo desconto correspondente ao bono social) e ata unha cuantía máxima anual de 300
euros/ano ou de 450 €/ano no caso das familias numerosas.
O Concello da Estrada pon á disposición de todas as persoas interesadas, o departamento de
servizos sociais tanto para a tramitación das solicitudes como para a resolución de calquera dúbida
que teñan ao respecto. Así, poderán asesorarse na primeira planta do concello ou no teléfono 986
677 740.
A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN ACOMETE A MODERNIZACIÓN DOS TALLERES DO IES ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ DA ESTRADA CUNHA REFORMA INTEGRAL NA QUE INVISTE 223.000€
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade vén de acometer a modernización integral da zona de talleres do IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez da Estrada coa execución dunha reforma completa na que se investiron 223.363€ e que xa está lista para o seu uso durante o segundo trimestre do presente curso.
A actuación pretende dotar de maior funcionalidade e confortabilidade a estas instalacións e adaptalas ás novas necesidades docentes cunha reorganización dos espazos interiores, tanto nos vestiarios como nas aulas das naves 1 e 2, e coa reconstrución do altiño existente. Así mesmo, modificouse a posición do elevador e do sistema de aspiración do taller.
Este recinto consta de tres naves, dúas cales foron construidas hai case corenta anos e que presentan un bo estado malia certo deterioro nas instalacións e materiais polo paso do tempo e o uso. Nelas procedeuse, ademais de a reorganizar os 210 m2 de superficie que posúe cada unha, a renovar todos os seus materiais, como acabados, falsos teitos, carpintaría interior e exterior e as instalacións.
Con motivo do remate dos traballos, a actuación foi supervisada polo xefe territorial de Educación en Pontevedra, César Pérez, e polo alcalde da Estrada, José López Campos, que destacaron a importancia desta remodelación para mellorar a operatividade e confortabilidade dos talleres, destinados ás practicas dos nove ciclos de Formación Profesional que imparte o instituto, tres de FP Básica, catro de carácter medio e dous superiores.
A Consellería de Educación investiu nos centros educativos públicos do Concello da Estrada un total de 3,7 millóns de euros na última década para a realización de obras de mantemento e melloras. Entre as mesmas, no último ano executáronse, ademais da modernización dos talleres do IES Losada Diéguez, o cambio da cuberta do CEIP do Foxo, a mellora do teito do CEIP Cabada Vázquez de Codeseda e obras menores no IES Número 1, no IES Manuel García Barros e nos colexios Pérez Viondi, Codeseda, Oca, O Foxo e Villar Paramá de Souto de Vea.
PISCINA PRIMEIRA QUENDA 2021 Concello A Estrada
A Concelleira de Iguladade e Política Social Amalia Goldar anunca o comezo da actividade PISCINA (PRIMEIRA QUENDA 2021, no día de hoxe .
Lugar para anotarse: Departamento de Servizos Sociais e Rexistro Xeral do Concello, en horario de 9:00 a 14:00 horas; e pola sede electrónica do Concello da Estrada
Prazo para anotarse: do 15 ó 22 de xaneiro de 2021 (ambos incluídos)
Período de actividade: do 1 de febreiro de 2021 ó 31 de marzo de 2021 (ambos incluídos)
O importe da actividade é de 10€ Febrero e Marzo e de 20 € Abril, Maio, Xuño e tamén os meses de Outubro Novembro e Decembro.
Horarios
- LUNS (de 09:15h a 10:00h)
- LUNS (de 16:30h a 17:15h)
- MÉRCORES (de 09:15h a 10:00h)
- VENRES (de 09:00h a 09:45h)
- VENRES (de 09:45h a 10:30h)
O criterio de selección de participantes será o seguinte:
Panic estrea exposición en A Estrada
Amalia Goldar agradece na rolda de prensa a presenza de Tono Arias e Pedro Pérez, directamente implicados na actividade que hoxe presentamos. É a primeira vez que o Panic organiza unha exposición, que é por outro lado, un modo de botar a ollada a atrás e facer memoria de todo o que se foi facendo ao longo destes 8 anos.
Pero antes de tratar polo miúdo esta exposición, temos que anunciarvos algo. Todos coñecedes as novas medidas de restrición impulsadas desde a Xunta de Galicia a partir deste venres. Unhas medidas que non prevén o peche dos teatros, pero si que nos levan, por responsabilidade social, a cancelar a maratón de cine de terror prevista para este vindeiro sábado en Minicines Central, así como as películas dos días 30 de xaneiro e 6 de febreiro.
Nas próximas semanas, unha vez que se reconduza esta nova situación de alerta sanitaria, intentaremos reprogramar esta actividade que como sabedes está dirixida ao alumnado dos IES estradenses.
As películas cancélanse polo de agora, pero os concursos de fotos e curtas, a exposición e os actos programados no teatro seguen adiante. Coa capacidade da sala restrinxida a 50 persoas, e o protocolo de prevención habitual, a cultura segue. Ela fixo moito por nós durante a corentena, e nós debemos, mentres sexa posible, romper unha lanza por ela e polos moitos profesionais que viven dela.
Creo que quedan pouco máis de 10 entradas para a charla de Morris de mañá. Así que todo o que queira, poderá achegarse ao departamento de Cultura para recoller o seu convite. Recordarlle á xente que acuda con tempo ao Teatro para facilitar a entrada ordenada ao recinto. O evento adiantará en 10 minutos o seu comezo para que este remate antes das 10 da noite e a xente poida recollerse antes do toque de queda.
Antes da charla de Morris, o propio actor acompañado polo concelleiro de Cultura e o autor das fotografías, Tono Arias, inaugurarán a exposición ás 20.30 h. Todos os que queiran visitala poderán facelo a partir das 20.00h. A exposición abrirá as súas portas tamén os venres 22 e 29 de xaneiro a partir das 8 da tarde. Xa se poden recoller, tamén no Concello, as entradas para os eventos de Manuel Manquiña e Manuel Loureiro dos venres 22 e 29 deste mes. A hora de comezo dos dous eventos adiantarase ás 20.30 h para que o público asistente dispoña de marxe suficiente para chegar á casa antes do toque de queda.
Nada máis. Desexar que este Panic que mañá empeza, sirva para olvidar, aínda que sexa por uns minutos, esta difícil situación que estamos a atravesar.










































