PISCINA PRIMEIRA QUENDA 2021 Concello A Estrada

 A Concelleira de Iguladade e Política Social Amalia Goldar anunca o comezo da actividade PISCINA (PRIMEIRA QUENDA 2021, no día de hoxe .

Lugar para anotarse: Departamento de Servizos Sociais e Rexistro Xeral do Concello, en horario de 9:00 a 14:00 horas; e pola sede electrónica do Concello da Estrada

Prazo para anotarse: do 15 ó 22 de xaneiro de 2021 (ambos incluídos)

Período de actividade: do 1 de febreiro de 2021 ó 31 de marzo de 2021 (ambos incluídos)

O importe da actividade é de 10€  Febrero e Marzo e de 20 € Abril, Maio, Xuño e tamén os meses de Outubro Novembro e Decembro.

 
 

Horarios

 

  • LUNS (de 09:15h a 10:00h)
  • LUNS (de 16:30h a 17:15h)
  • MÉRCORES (de 09:15h a 10:00h)
  • VENRES (de 09:00h a 09:45h)
  • VENRES (de 09:45h a 10:30h)

 

 O criterio de selección de participantes será o seguinte:
1º Persoas empadroadas no Concello de A Estrada
2º Número de rexisto de entrada.
 
Publicado en Portada | Deja un comentario

Panic estrea exposición en A Estrada

Amalia Goldar  agradece na rolda de prensa a presenza de Tono Arias e Pedro Pérez, directamente implicados na actividade que hoxe presentamos. É a primeira vez que o Panic organiza unha exposición, que é por outro lado, un modo de botar a ollada a atrás e facer memoria de todo o que se foi facendo ao longo destes 8 anos.

 

Pero antes de tratar polo miúdo esta exposición, temos que anunciarvos algo. Todos coñecedes as novas medidas de restrición impulsadas desde a Xunta de Galicia a partir deste venres. Unhas medidas que non prevén o peche dos teatros, pero si que nos levan, por responsabilidade social, a cancelar a maratón de cine de terror prevista para este vindeiro sábado en Minicines Central, así como as películas dos días 30 de xaneiro e 6 de febreiro.

 

Nas próximas semanas, unha vez que se reconduza esta nova situación de alerta sanitaria, intentaremos reprogramar esta actividade que como sabedes está dirixida ao alumnado dos IES estradenses.

 

As películas cancélanse polo de agora, pero os concursos de fotos e curtas, a exposición e os actos programados no teatro seguen adiante. Coa  capacidade da sala restrinxida a 50 persoas, e o protocolo de prevención habitual, a cultura segue. Ela fixo moito por nós durante a corentena, e nós debemos, mentres sexa posible, romper unha lanza por ela e polos moitos profesionais que viven dela.

 

Creo que quedan pouco máis de 10 entradas para a charla de Morris de mañá. Así que todo o que queira, poderá achegarse ao departamento de Cultura para recoller o seu convite. Recordarlle á xente que acuda con tempo ao Teatro para facilitar a entrada ordenada ao recinto. O evento adiantará en 10 minutos o seu comezo para que este remate antes das 10 da noite e a xente poida  recollerse antes do toque de queda.

 

Antes da charla de Morris, o propio actor acompañado polo concelleiro de Cultura e o autor das fotografías, Tono Arias, inaugurarán a exposición ás 20.30 h. Todos os que queiran visitala poderán facelo a partir das 20.00h. A exposición abrirá as súas portas tamén os venres 22 e 29 de xaneiro a partir das 8 da tarde. Xa se poden recoller, tamén no Concello, as entradas para os eventos de Manuel Manquiña e Manuel Loureiro dos venres 22 e 29 deste mes. A hora de comezo dos dous eventos adiantarase ás 20.30 h para que o público asistente dispoña de marxe suficiente para chegar á casa antes do toque de queda.

 

Nada máis. Desexar que este Panic que mañá empeza, sirva para olvidar, aínda que sexa por uns minutos, esta difícil situación que estamos a atravesar.

Publicado en Portada | Deja un comentario

PANIC 2021 A ESTRADA

Publicado en Portada | Deja un comentario

Esta mañá anunciase o nacemento dun novo premio literario» I Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado»

 

«Hoxe, nestes tempos convulsos e difíciles para o mundo da
cultura, teño a enorme satisfacción de anunciar o
nacemento dun novo premio literario», son as palabras co concelleiro de Cultura Estradense Juán Constenla na mañá de hoxe.

Ben sabedes que a nosa vila pasa por ser na actualidade a
grande impulsora deste tipo de certames en Galicia. O
García Barros de novela, o Avelina Valladares de poesía,
o Varela Buxán de Teatro, o Reimóndez Portela de
xornalismo, o San Martiño de Normalización Lingüística ou
mesmo os de fotografía e curtametraxes do Festival de
Cine Panic son a demostración palpable do compromiso da
nosa vila coa cultura e co proceso de creación artística.

O premio que hoxe presentamos reinvindica tamén o
legado de Manuel García Barros tomando o nome de un
dos seus personaxes máis populares: Alberte Quiñoi. É por

tanto un premio dirixido ao ámbito infantil e ao xénero do
álbum ilustrado.
O álbum ilustrado é aquela obra que narra unha historia
axudada de contido gráfico. Unha peza que mestura, pois,
ilustracións e texto.

Este premio, que conta coa colaboración da Secretaría
Xeral de Política Lingüística e da Ed. Galaxia nace con
varios propósitos: O de potenciar a escrita literaria en
galego, o de divulgar o legado de Manuel García Barros e o
de fomentar a animación á lectura no ámbito da educación
infantil. Tres propósitos ambiciosos, pero necesarios para
impulsar a creatividade e o interese pola literatura en lingua
galega.

A convocatoria deste I Premio Alberte Quiñoi de Álbum
Ilustrado queda aberta desde hoxe ata o 25 de febreiro. As
obras estarán escritas por un ou máis autores e contarán
cunha extensión de entre 24 e 56 páxinas. Establécese un
premio único de 2.000 euros para o gañador ou gañadora, e
de ser varios os autores, repartirase o premio entres eles de forma equitativa. O álbum gañador será publicado pola Ed.
Galaxia.

Quero reinvindicar, coa convocatoria deste premio, o
compromiso da Estrada e dos estradenses coa cultura e
cos seus referentes culturais.

Hoxe máis que nunca, a situación de reclusión sanitaria nos
demostra a importancia que a creación artística ten para
romper coa rutina sen erguerse do sillón. A compañía dun
libro, dunha película ou dun disco é quizais máis apreciada
que antes da pandemia; por iso, desde a administración
estamos obrigados, en xusta correspondencia cos autores,
a estimular os procesos de creación cultural por medio de
iniciativas como esta.

Nada máis. Recordar, para rematar, que xa se poden
recoller no dpto. De Cultura os convites para os distintos
actos do Festival de Cine de Terror Panic que comezará a
vindeira semana coa visita de Morris ao Teatro Principal.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Acoe agasalla con 5000 euros as compras no comercio local Estradense





A Asociación de Comerciantes da Estrada (Acoe) sorteou o venres pola mañá os cinco vales de compra de 1.000 euros cada un cos que remata a súa exitosa campaña de Nadal. A pequena Uxía Campos Pena, unha estudante de Figueiroa de tres anos que regresaba do médico coa nai, foi a man inocente que o presidente do grupo, Alfredo González, esixiu para seleccionar aos cinco gañadores. Son Máximo Villalobos, que usaba na Sala Gradín; Cruz Fontenla, por compras en Código Dixital; Milagros Coucheiro, que mercou en Calzados Prieto; Inés López, que mercara en Tikolandia; e Gonzalo, que consumiu en SBC. Cada un deles ten 1.000 euros para empregar nos negocios locais.

PREMIADOS NOS SORTEOS DE ACOE E A ESTRADA:
SORTEOS CAMPAÑA NADAL 2020/21
EMPRESAS QUE DONARON REGALOS
BOLSOS ROVY 1 MALETA- PILI COUSO CASTRO COMPRA REALIZADA EN FIANDEIRA
1 MÓCHILA+1 PARAGUAS-ROSA GONZÁLEZ ECHEONDO COMPRA REALIZADA EN FIANDEIRA
GILCOLOR DECOR 1 EDREDÓN- PABLO CALVO VALIÑAS COMPRA REALIZADA EN GRUPO CATROMAR
CHOCOLATERÍA 1 CAIXA DE BOMBÓNS + 1 XOGUETE - SONIA VINSEIRO RODRÍGUEZ COMPRA REALIZADA EN EVA SHOES
FLORISTERÍA SAN PELAYO 1 JARRÓN DE CRISTAL - MARÍA PAZ COMPRA REALIZADA EN IMPRENTA GARCÍA BRIONES
1 BOMBONERA DE CRISTAL - VÍCTOR RODRÍGUEZ REY COMPRA REALIZADA EN MINICINES CENTRAL
1 JARRÓN DE CRISTAL - DANIEL CASTRO SOTO COMPRA REALIZADA EN BEEP
A TENDA DE FRABER 1 PARKA DE NENA- LUCIA RIVERO PORTELA - COMPRA REALIZADA EN FRUTERÍA ANDURIÑA
GADIS 1 CARRO DE LA COMPRA- PABLO LÓPEZ SÁNCHEZ-COMPRA REALIZADA EN MANXARES ASADOR
7 BANDEJAS DE CRISTAL: MAITE LÓPEZ VILLAMOR - COMPRA REALIZADA EN TIKO DOCO
EVA FANDIÑO VÁZQUEZ- COMPRA REALIZADA EN ANA BELÉN MODA INFANTIL
MANUEL GUERRA NEIRA- COMPRA REALIZADA EN EMEI
JUAN CAMPOS GERARGI- COMPRA REALIZADA EN TIKO DOCO
PATRICIA MÍGUEZ CESPÓN- COMPRA REALIZADA EN LA CHOCOLATERÍA
MANUEL GARCÍA SIMAL- COMPRA REALIZADA EN FDERÓPTICOS FONDEVILA
Mª JOSÉ GARCÍA- COMPRA REALIZADA EN GILCOLOR DECOR
1 CREPERA- SERGIO PAMPÍN LÓPEZ- COMPRA REALIZADA EN MINICINES CENTRAL
1 CAFETERA- ROSA Mª DE OLIVEIRA FONSECA - COMPRA REALIZADA EN FRUTAS ANDURIÑA
1 LIBRO DE COCINA- PATRICIA FIGUEIRAS REY-COMPRA REALIZADA EN AURORA SPORT
1 BATERÍA EXTERNA+ PENDRIVE-IZAN
CLUB BONSAI 3 VALES DE 1 SUSCRIPCIÓN ANUAL: ÓSCAR RANCAÑO COMPRA REALIZADA EN LUGAR DEL VINO
MARGA CALVO COMPRA REALIZADA EN EMEI
IVÁN FERNÁNDEZ MACEIRA COMPRA REALIZADA EN ACTIVA REY
Cada vale inclúe:
- cuota anual por valor de 30€
- asistencia a todos os talleres de balde (valor 10€/taller)
- asistencia a todos os cursos de balde (valor 10€/curso) excepto os que teñan un custo adicional.
- Reserva de praza para viaxes e excursión que realice á asociación.
- Asesoramento gratuito para formación e cultivo relacionados co bonsai.
VALES DE 1.000€ ACOE 1 DE 1.000€- CRUZ FONTENLA-COMPRA REALIZADA EN CÓDIGO DIGITAL
1 DE 1.000€-INÉS LÓPEZ- COMPRA REALIZADA EN TIKO DOCO
1 DE 1.000€ - MILAGROS COUCHEIRO- COMPRA REALIZADA EN CALZADOS PRIETO
1 DE 1.000€- MÁXIMO VILLALOBOS BERTANI- COMPRA REALIZADA EN SALA GRADÍN
1 DE 1.000€ - GONZALO MONTERO FERNÁNDEZ- COMPRA REALIZADA EN SBC
Publicado en Portada | Deja un comentario

«Loitando como unha Leoa»


Na tarde de hoxe o concelleiro de cultura Juán Constenla acompañado dos integrantes de Ocionautas visitan os murais estradenses.
Este mural forma parte do programa "Murais da nosa lingua" financiado pola Xunta de Galicia, Política Lingüística (Valentín García) e Dirección Xuventude (Cristina Pichel) en colaboración co Concello da Estrada (Juan Constenla). Feito pola Asociación Ocionautas e o artista Enrique del Grao. O concepto desta peza é dar visibilidade a "unha gran muller detrás dun gran home", Virxinia Pereira, a muller de Castelao, posto que foi unha parte fundamental da súa loita pola cultura galega. Dálle importancia ás súas orixes estradenses e á súa implicación na defensa do idioma. Valores de pertenza á cultura galega así como á figura das mulleres, o título "Loiendo como unha leoa" fai referencia a esta interpretación.
Publicado en Portada | Deja un comentario

O Centro Xuvenil La Estación quixeron adiantarse á chegada dos Reis Magos


Os rapaces do Centro Xuvenil La Estación quixeron adiantarse á chegada dos Reis Magos á Estrada. E, nun contexto no que non haberá cabalgata na Estrada, onte ocuparon o seu lugar, facéndose cargo dun dos seus bos feitos habituais do Atacamos polo Nadal, que, nesta ocasión, tiña un triple aspecto. En primeiro lugar, cómpre salientar que, a través dun obradoiro de graffiti, o grupo xuvenil animou con murais a escola infantil municipal con sede en Figueiroa e tamén o pavillón Coto Ferreiro. O grafiteiro Enrique del Grao sentou as bases que posteriormente ocuparon os mozos estradenses, para darlle "o último brillo".
No viveiro pintaron árbores, follas e un raposo, semellante ao que xa lle deran en madeira pero as inclemencias meteorolóxicas estragáronse. Na fachada traseira do Coto Ferreiro, pintaron o seu nome. E na carballeira adxacente ao aparcadoiro da Avenida de América recolleron 19 grandes bolsas de lixo.
Publicado en Portada | Deja un comentario