150 Familias Estradenses reciben a videochamada das súas Maxestades de Oriente

Os Reis Magos tiverón esta tarde a axenda repleta no concello Estradense.

Forón 150 familias as que trasladarón as súas peticións as Maxestades de Oriente dende o departamento de Cultura.

Os Magos de Oriente optaron por contactar por Videochamada debido as medidas do Covid.

Os nenos recibirón esas videochmadas entre as 16.00 e 20.00 h.

Publicado en Portada | Deja un comentario

«Ummmm» despidese na Estrada o ciclo infantil Colorín Colorado.

O Sábado a compañia de Teatro «Ummmm» cerrou o seu ciclo de espéctaculos infantís Colorín Colorado, programado polo Departamento de Cultura Estradense neste Nadal.

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

O BNG presenta alegacións ao trazado da AG-59

AUTOVIA AG-59 SANTIAGO-A ESTRADA

O BNG da Estrada presenta alegacións contra o proxecto de ampliación da AG-59 entre A Ramallosa (Teo) e o Rollo (A Estrada). Segundo explicou a concelleira do BNG, Susana Camba, «en apenas tres quilómetros de autovía ao seu paso polo noso concello divide en dous as parroquias de Santa Cristina de Vea e Cora, arrasa terreos agrarios, destrúe roteiros e o secular Camiño da Geira e dos Arrieiros ao seu paso por estas dúas parroquias, arrasa elementos arquitectónicos e patrimoniais de incalculábel valor, o que nos leva a pensar que o trazado escollido non é o máis acaido para preservar a nosa identidade cultural e paisaxística, así como manter un rural vivo e produtivo».

A concelleira nacionalista explicou que «as parroquias de Santa Cristina e Cora veranse seriamente afectadas polo traxecto, dividíndoas en dous e pasando moi preto das casas (O Rollo, A Cerqueira e Vilacriste), o que alterará gravemente a habitabilidade e cortar algunha das tradicionais vías de comunicación, en concreto, a vía que une A Cerqueira con Carbia e a da Cerqueira co lugar da Torre, ambas na parroquia de Santa Cristina de Vea». «Por outra parte», engade Susana Camba, «o proxecto arrasa importantes extensións de terreo agrario en ambas as dúas parroquias, onde están ubicadas grandes explotacións agro-gandeiras». «Se queremos un rural vivo», afirma, «arrasar fincas non é o mellor xeito de traballar polos nosos sectores produtivos».

«A seguranza vial tamén é un tema que nos preocupa», indicou, «no BNG cremos que o enlace coa PO-841 á altura do Rollo non é o sitio máis acaido pola forte pendente que ten a recta de Baloira, que fai que os coches alcancen altas velocidades nesa zona». «Poñer unha entrada nese punto cremos que pode ser perigoso», afirma, «hai recordar que nese punto tivo que reforzarse o firme hai uns anos polas continuas saídas de vía que se rexistraban ao final desa recta».

«Por outra parte», engade «pensamos que a conexión coa AG-59 debería estar máis preto do polígono industrial de Toedo e enlazar co que sería a Variante, o que permitirían ás empresas situadas no polígono industrial de Toedo, así como na Cidade do Moble, unha conexión áxil coas grandes vías de comunicación galegas, principalmente a AP-9 e a AG-53».

«Neste sentido vemos con preocupación a falta de interese por parte do goberno municipal e da Xunta por dotar a Estrada de máis solo industrial público; que a conexión coa AG-59 estea no Rollo e non en Toedo xa demostra que a idea do PP non pasa por aquí», afirma, «ao contrario, o actual deseño do enlace da PO-841 coa AG-59, a parte de perigoso, é disfuncional cos intereses socioeconómicos do noso concello; dá prioridade a chegar máis rápido e ter máis preto os grandes centros comerciais de Compostela, e a converter A Estrada nunha vila dormitorio, que a dinamizar a nosa economía e vertebrar noso territorio».

«Outro aspecto que nos preocupa deste proxecto da Xunta é o patrimonial», explica «desde O Rollo até cruzar o Ulla hai moi poucos quilómetros, porén en tan curto espazo é imposíbel arrasar tanto patrimonio cultural como por exemplo o Camiño da Geira e dos Arrieiros que vén de Braga (Portugal) até Santiago Compostela, que pasa polos lugares do Rollo, A Cerqueira e Vilacriste». «Este Camiño», engade a concelleira nacionalista, «foi posto en valor pola asociación Codeseda Viva, que logo dun intenso traballo de documentación demostrou que o paso deste camiño de peregrinación afundía as súas raíces no tempo, chegando até o século IX, e foi recoñecido recentemente polo arcebispado de Santiago de Compostela».

«Ademais», engade, «o castro en Vilacriste e a ruta dos muíños do Vea, posta en valor pola asociación A Xesteira de Couso, veranse seriamente prexudicados; así, o valor paisaxístico e ecolóxico que ten toda esa zona, quedará gravemente afectada por este proxecto de ampliación da AG-59 que atravesa a Rede Natura 2000».

«Insistimos: é imposíbel facer tanto dano en apenas tres quilómetros de autovía que atravesa o noso concello até cruzar o Ulla», afirma a concelleira do BNG, Susana Camba, «por iso presentamos unha serie de alegacións a este proxecto para que a Xunta elabore outro trazado menos prexudicial para o noso concello».

Publicado en Portada | Deja un comentario

Alcanzados no día de hoxe os 43 casos de Cov-19 no municipio Estradense.

Á Estrada séguelle un día máis a escalada de positivos por covid-19. Hoxe xoves contabilízanse 43 casos activos, un aumento de 9 pacientes con respecto ao día anterior, con dous brotes: un de Cuntis e outro da zona de Agar, onde continúan aparecendo novos casos. Con estas cifras, a incidencia acumulada aos 14 días xa é de 210 por cada 100.000 habitantes, polo que o municipio parece condenado a un novo peche perimetral. Pola parte esperanzadora, o sábado 2 de xaneiro chegan ao municipio as vacinas, para a residencia de maiores da cidade e tamén para o centro da Braña de Berres, que atende a persoas con autismo. 

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Estrada despide o ano presentacndo a Miscelánea Histórica e Cultural

Cada ano A Estrada repasa a súa historia. Unha escolla de autores
comparten as súas investigacións, permitindo que o que aconteceu
onte se converta nun agasallo para hoxe e nun legado para mañá. Sucesos, xentes ou curiosidades da historia do municipio e a súa contorna
saen ao encontro do lector en cada un dos números de A Estrada. Miscelánea Histórica e Cultural, a publicación anual do Museo do Pobo Estrada que leva o nome do célebre Manuel Reimóndez Portela. O volume correspondente a este 2020 xa se atopa nas librerías. Por motivos sanitarios non haberá presentación pública, como acostuma o museo
antes de que remate o exercizo. Sen embargo, as dificultades deste ano
non impedirán que aqueles que gustan de mergullarse no pasado
da Estrada deixen unha nova pegada no camiño da Miscelánea para
que os fieis lectores desta publicación podan atopala coma sempre o
fixeron: entre o turrón e as uvas. Desta volta son 13 os artigos.

Foi presentada na mañá de hoxe no Consistorio Estradense polo Alcalde José López e o escritor Juán Andrés Férnandez, cunha tirada de 400 exemplares ca espera deque este vindeiro ano poida reabrirse o museo Estradense.

 

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

Ábrese o prazo para pedir cita telemática cos Reis Magos

 

Como xa sucedeu co Papá Noel a pasada semana, este mércores día 30 de decembro a oficina das súas maxestades de Oriente abre o prazo para que todas as nenas e nenos residentes no concello da Estrada poidan fixar unha cita por videoconferencia cos tres Magos.

Todos os interesados terán o enlace de inscrición na web do Concello da Estrada http://www.aestrada.gal/ . Alí deberán cumprimentar unha xeira de datos do rapaz ou rapaza en cuestión, e elixir unha franxa horaria para falar en persoa con algún dos tres Reis. O prazo de inscrición rematará o día 3 ás 24.00 h.

http://www.aestrada.gal/nadal2020/formulario.php

Publicado en Portada | Deja un comentario

PRESENTACIÓN PANIC 2020

Sen ter rematado aínda o ano cultural, pendente do festival infantil
que  comeza no Teatro, e da presentación desta mañá 
 da Miscelánea Histórica e Cultural; o departamento de
Cultura presenta  un dos eventos máis peculiares e agardados
da carteleira estradense.
Trátase da sétima edición do Festival de Cine de Terror PANIC, un
certame que botará a andar, se a situación sanitaria nolo permite, o
vindeiro 15 de xaneiro coas consabidas restricións de capacidade
nas salas.
Quizais a novidade máis salientable este ano é que, por razóns
obvias, non se programan actividades en exterior; un dos
apartados máis importantes deste festival.
Tamén obrigados polo toque de queda, nos vemos obrigados a
cambiar os horarios dos pases das películas no cine,
transladándoas ás mañás dos sábados. Se vos parece, podemos ir
facendo un percorrido polas distintas seccións do festival:
1-SECCIÓN CONCURSOS
Coma xa se fixo en anos anteriores, a presente edición conta cun
Concurso de fotos de terror e misterio convocado nunha dobre
modalidade: menores de 18 anos e maiores de 18 anos. Os
premios, que acadan os 150,00 euros, serán entregados nunha gala
o día 6 de febreiro.
Ese mesmo día, entregaremos tamén 300 euros á mellor
Curtametraxe de terror, un concurso que como agora vos
contará Pedro creo que este ano está a ser todo un éxito en canto a
número de participantes.
Tanto as fotos como as curtas teñen unha data máxima de entrega
que será o 31 de xaneiro, así que todo aquel que queira está a
tempo de participar nos concursos.
2-SECCIÓN PELÍCULAS
Como antes anticipaba, a proxección das películas debe pasarse
este ano para a mañá dos sábados para facer cumprimento do
toque de queda. Deste xeito, o tradicional maratón de terror dará
comezo o sábado día 16 ás 10.00 da mañá en Minicines Central.
Unha maratón que se prolongará ata cerca das 16.00 h e para a que
se despacharán unhas 70 invitacións que se poderán comezar a
recoller a partir do día 4 de xaneiro no departamento de Cultura do
Concello ou a partir do día 11 nos propios IES estradenses.
As películas continuarán a proxectarse os días 30 de xaneiro e 6 de
febreiro. A maiores, dentro do cartel do festival tamén se inclúe a
presentación dunha curta dun creador estradense da que Pedro vos
falará a continuación.
3-SECCIÓN OFF
Coma xa dixen antes, este ano non contaremos con actividades de
rúa, pero a cambio visitarán o Teatro Principal tres grandes figuras
do ámbito cinematográfico e literario.
O día 15 ás 21.00 h será o actor MORRIS, moi coñecido polo seu
traballo en series coma Néboa, Fariña ou Padre Casares o que se
achegue ao Teatro Principal para dar unha charla sobre cine. O día
22, será MANUEL MANQUIÑA quen traia a súa última obra ao
Teatro Principal e xa o 29 de xaneiro volveremos contar coa
presenza do escritor MANEL LOUREIRO para presentar o seu
libro de terror LA PUERTA, que leva meses figurando entre os
libros máis vendidos en España. Ao remate da charla de
presentación, terá lugar una sinatura de exemplares no propio
Teatro Principal.
Dicir que teamén para estes tres eventos poderanse recoller
convites a partir do día 4 de xaneiro no departamento de Cultura
do Concello. A entrada para estes tres eventos verase reducida a
uns 70 espectadores por mor das restricións sanitarias.
4-SECCIÓN EXPOSICIÓNS
Este ano, contaremos tamén cunha exposición prevista para os
días 15, 22 e 29 de xaneiro onde se poderán ver fotografías,
tráilers e material de terror sacado das distintas edicións do
festival. Sobre todo, das fotos e imaxes recollidas da Scape Room
do ano pasado no teatro e da noite das bestas en Sabucedo.
Todas as actividades do PANIC serán completamente gratuítas. Só
é necesario, por temas de control de, recoller un convite
previamente no departamento de Cultura.
Quero agradecer, antes de cederlle a palabra ao coorganizador do
festival, Pedro Pérez, a colaboración do servizo de trastornos
adictivos da Concellaría de Sanidade, a de Luis Rivadulla e
Minicines Central e a da Asociación de Comerciantes da Estrada.
Espero que este PANIC, que este ano 2020 foi o único evento que
chegou a celebrarse con normalidade antes da pandemia, sexa
tamén o preludio de que as actividades culturais comecen dapouco
a recuperar a ansiada normalidade.

Publicado en Portada | Deja un comentario