Na Estrada, o desfile do 24 de decembro, cada vez máis numeroso, adquire esta vez un modelo virtual. Máis de douscentos nenos recibirán a chamada de Papá Noel. Será unha videoconferencia a través de WhatsApp. A conexión realizarase desde o Teatro Principal, así como unha conexión vía streaming que se emitirá a través da canle de Youtube do Concello da Estrada
Máis de 200 nenos recibirón no día de onte a chamada de Papanoel en A Estrada
LÓPEZ BUENO PROPORÁ CENTRAR A FUNDACIÓN NO MOBLE,
REPLICANDO O MODELO DO CTAG NESTE SECTOR
O PSOE da Estrada proporá levar a Fundación de
Exposicións e Congresos cara a innovación, mantendo os obxectivos para os
que foi concibida. Luis López Bueno considera que é certo que a Fundación
non responde ás necesidades actuais, e por iso se require un “cambio de
modelo, pero non de obxectivo”.
López Bueno explica que “o modelo a seguir é o do CTAG”, porque “é unha
necesidade do sector e A Estrada conta con instalacións suficientes para
acoller un organismo destas características”. A súa proposta céntrase nun
modelo que sirva para apoiar a innovación no sector do moble e que
permita “atopar mellores solucións para ser máis competitivos”, dende o
punto de vista da eficiencia organizativa, materiais, deseño, produción, rede
de vendas e internacionalización e recursos humanos.
O socialista remarca que a Fundación debe serlle útil ao sector do moble
local, e para iso debe ter a complicidade da patronal do moble. “Só así
cubrirá necesidades reais” afirma. Levará ao Padroado unha proposta
“pensada” e “ben fundamentada”, facendo énfase en que o sector do moble
mobiliza 2.000 millóns de euros e xera 10.000 empregos en Galicia “sen
contar o sector forestal”.
En primeiro lugar, considera que a súa proposta “enche un baleiro” porque
non existe unha entidade comparable no sector do moble. Así, a súa
intención é propoñer unha serie de tarefas para que no seguinte padroado
existan avances que tratar. “A transformación débese tratar xa, e iniciar os
traballos inmediatamente. Non podemos quedar emprazados a un padroado
posterior”, indica López Bueno, criticando a pasividade da Xunta “que
coñece os problemas dende hai anos, sen que movera un dedo”.
Ante a falta dun xerente ao que encomendarlle as tarefas, López Bueno
proporá que a Xunta de Galicia financie un estudo que elaborarían técnicos
da Axencia Galega de Innovación e do Instituto Galego de Promoción
Económica, co apoio do Clúster da Madeira. Este traballo debería responder
ás preguntas sobre “necesidades do sector do moble, proposta de
organigrama e cadro de persoal necesario para a entidade, investimentos
necesarios e alternativas de financiamento da inversión inicial”.
O socialista entende que a aplicación de fondos europeos pode apoiar o
funcionamento da entidade a través dos proxectos concretos, pero cre que
é fundamental o apoio económico da Xunta de Galicia porque “primeiro
debe existir unha organización que os execute”. Apunta que os fondos
europeos Next Generation están para “fomentar a actividade, a innovación
e a transformación enerxética” sen que exista ningunha liña na que encaixe
a creación de entidades como a que se propón.
“Para poder elaborar os proxectos concretos, aínda quedan moitos capítulos
por escribir”, dicía o líder socialista. Entende que queda moito traballo para
definir como será a entidade no futuro, e quedan moitos investimentos por
realizar para adecuar as instalacións e a organización aos novos obxectivos.
López Bueno tamén ve espazo para a colaboración público-privada dentro
da propia fundación, “igual que acontece co CTAG”. Opina que “se os
obxectivos da patronal do moble están aliñados cos da fundación, seguro
que aparecerán oportunidades de colaboración”.
Así, o líder socialista marca distancias co alcalde da Estrada, que propón
reformar a Fundación e orientala cara o sector forestal. Aínda que comparte
co rexedor a necesidade de modificacións profundas, López Bueno considera
que a proposta forestal non ten recorrido. Afirma que descoñece con que
profundidade se vai a expoñer a idea de López Campos, pero ve “un
paralelismo evidente” coas funcións da Axencia da Industria Forestal (XERA)
e do CIS Madeira, que depende do propio XERA.
Por esta razón, López Bueno ve “improbable” que a Xunta de Galicia se
involucre na proposta do rexedor, porque “xa existe un organismo
autonómico como o que propón o alcalde”, aínda que ve posible “atraer á
estrada novas actividades”. Ademais, pídelle ao alcalde que centre o seu
discurso sobre a Fundación, porque “hai dous meses ía centrarse no moble,
e agora vai a ser para o sector forestal”. O socialista ve “lagoas” na idea de
López Campos, como a falta de propostas concretas sobre o modelo. É
máis, o socialista valora que o alcalde “leva anos falando de reformular a
fundación pero nunca con propostas concretas, só con palabras
grandilocuentes que non se materializaron en nada”.
Fóra das discrepancias, López Bueno ve “posibilidades de entendemento”
entre os dous representantes municipais no padroado, e reuniuse co
rexedor o pasado luns para tratar de consensuar posturas. O encontro
transcorreu con normalidade e quedaron sobre a mesa asuntos como que
acontecerá co espazo expositivo no 2021 e se o Antón Losada poderá
continuar coa formación de madeira e moble nas instalacións.
O BNG remarca que o novo centro de saúde: non é ouro todo o que reloce

Fisioterapia no quinto pino, un só ascensor, o uso do galego, as zonas de aparcamento e especialmente a situación na que queda a Avenida de Santiago, son eivas e problemas que detectamos, preocúpannos, e cómpre unha actuación inmediata por parte do goberno municipal
O novo centro de saúde, inaugurado hai poucos días, gusta aos veciños e veciñas, supón un salto cualitativo importante a respecto do situado na Avenida de Santiago, porén ten eivas que desde o BNG queremos poñer sobre a mesa con afán construtivo para mellorar aínda máis o servizo.
Fisioterapia no quinto pino
Se un doente ten que ir ao servizo de fisioterapia vai porque en moitos casos ten unha doenza que lle impide moverse con normalidade. Neste sentido, situar este departamento nunha esquina do edificio do segundo andar non é a mellor ubicación para un servizo deste tipo. O normal é que fisioterapia estivese situado na planta baixa, como no anterior, facilitando o desprazamento dos doentes.
Un só ascensor
Outros dos problemas que vemos é que haxa un só ascensor. É máis grande que o que había no antigo centro de saúde, mais se a recomendación en tempos de Covid é que non se mesturen persoas que non conviven nun sitio pechado, o lóxico é que houbese dous ascensores para facilitar os desprazamentos aos andares superiores.
O galego sempre esquecido
«Salida», «Mantenga la distancia de seguridad», a locución dos ascensores en castelán… son algunhas das eivas que detectamos no novo centro de saúde no que atinxe o uso da nosa lingua. Son detalles, mais reflicten a falta de interese e o desleixo da Xunta de Galiza co galego.
As zonas de aparcamento
Son un caos e queda escaso. Non se pode definir doutro xeito. O concello anunciou hai poucos días que ía incrementar o número de prazas, mais entendemos que isto xa tiña que estar arranxado, xa que o novo centro de saúde non aparece da noite para a mañá, estaba prevista a súa construción desde hai varios anos, co cal, unha vez máis temos que acusar ao goberno municipal do PP de falta de previsión, xa que era algo que tiña que estar resolto.
Por outra parte, a zona de entrada a urxencias corresponde cunha praza de aparcamento, que no concello solucionaron colocando unhas barreiras e un letreiro. O dito: un caos, que aínda hoxe non está resolto e xera moitas dúbidas aos usuarios e usuarias.
A morte da Avenida de Santiago
Hai poucos días un medio de comunicación local informaba que os negocios da Avenida de Santiago deixaron de facturar o 50% desde o peche do centro de saúde. No BNG non nos sorprende esta baixada, ao contrario, xa indicamos en 2017 que isto ía ocorrer se non se lle daba un uso ao centro de saúde pechado. Desde o BNG propuxemos reconvertelo nun centro de día, mais as autoridades competentes non se pronunciaron, e o peor é que no goberno municipal e na Xunta aínda non saben que facer con el. Unha vez máis a improvisación que sacude negativamente os petos dos veciños e veciñas.
O luns comezan a repartirse os convites da programación de nadal do Teatro Principal
Este vindeiro luns día 21, o departamento de Cultura comezará a dispensarlle ao público as entradas, tanto do Festival infantil Colorín Colorado Nadal coma do concerto de nadal do Obradoiro de Música Moderna Carlos Barruso que abrirá as actividades de nadal este vindeiro sábado 26 de decembro. Todas as entradas serán de balde e poderán recollerse entres as 9.00 e as 14.00 h. Dispensaranse entre 60-75 localidades por función, debido ás restricións sanitarias.
As entradas abranguen os seguintes espectáculos:
SÁBADO 26 (en dous pases ás 17.30 h e 20.00 h / Teatro Principal)
Concerto exhibición do Obradoiro de Música Moderna Carlos Barruso
LUNS 28 (12.30 h / Teatro Principal)
Monstros no camiño (Ghazafellos Teatro) + 4 anos
MARTES 29 (12.30 h / Teatro Principal)
Pakolas en concerto +4 anos
MÉRCORES 30 (12.30 h / Teatro Principal)
Catro (Caramuxo Teatro) 0-3 anos
SÁBADO 2 (12.30 h / Teatro Principal) +4 anos
*Ummmm, unha comedia musical para chupar os dedos (Teatro Avento)
*Este espectáculo substitúe ao de Magín Blanco e a Banda das Apertas
Barruso un homenaxe virtual
O vindeiro luns día 21 cúmprese un ano do falecemento de Carlos Barruso, un home que deixou tras de si un importante legado, tanto polo seu traballo no mundo da música como pola forma na que afrontou os seus últimos meses de vida afectado dun cancro terminal. Coincidindo con esta data, o seu sobriño César Barruso, coa axuda de familiares e amigos do falecido músico organizaron unha “homenaxe virtual” que consistirá na proxección dun programa gravado no Teatro Principal da Estrada no que se mesturarán imaxes inéditas con actuacións de Barruso no seu último ano de vida, con outras gravadas para a ocasión.
Esta homenaxe foi presentada onte polo concelleiro de Cultura, Juan Constenla, xunto a dúas dos protagonistas deste programa, o propio César Barruso e Alberto do Pico. A homenaxe virtual cun formato televisivo será emitido o vindeiro luns ás 21.00 horas na canle de Youtube de Carlos Barruso.
Papanoel conectarase dende videochamadas para os nenos Estradenses
A diferenza de anos anteriores, esta rolda de prensa non será para presentar unha programación de nadal no sentido tradicional do termo. A tesitura sanitaria na que nos atopamos provocou que nos vexamos a cancelar unha serie de actividades e a cambiar o formato doutras.
De entrada, o concelleiro d cultura Juán Constenla anticipa que este sábado día 19, cancélase o xa tradicional Festival de Fin de ano debido, debido tanto ás dificultades operativas do propio concerto coma á redución de butacas do Teatro Principal.
Por contra, o Obradoiro Carlos Barruso adaptará a súa exhibición de nadal a un formato reducido para actuar no Teatro Principal os días 26 e 27 de decembro ás 20.00 h.
Tamén se levará a cabo o programa de teatro infantil Colorín Colorado Nadal coas seguintes actuacións:
LUNS 28 (12.30 h): Monstros no camiño de Ghazafellos Teatro
MARTES 29 (12.30 h) 29: Pakolas en concerto
MÉRCORES 30 (12.30 h) 30: Catro de Caramuxo Teatro
SÁBADO 2 (12.30 h): Concerto de Magín Blanco e A Banda das Apertas
Ante a imposibilidade de celebrar as xa tradicionais Cabalgatas de Papa Noel e dos Reis Magos, este ano as recepcións de Papá Noel e de Reis terán lugar de forma telemática. Para iso, todos os nenos e nenas que así o desexen deberán reservar cita, rexistrándose na web do Concello.
Uns días antes, o luns e o martes da semana próxima, os paxes das súas maxestades visitarán os centros educativos da vila para felicitarlles as festas aos cativos.
A partir de mañá, todos os cativos e cativas que así o desexen poderán reservar a cita con Papá Noel e os Reis Magos, paro que será necesario cubrir o formulario que aparece na web elixindo a hora da chamada. Xa o día 24 de decembro e 5 de xaneiro, os rapaces deberán permanecer atentos ao teléfono durante a hora que solicitaron. A chamada por videoconferencia farase a través do whatsapp. Serán chamadas breves encamiñadas a atender ao maior número de rapaces posible. No caso dos irmáns, estes poderán ser atendidos xuntos.
Quero lembrar que todas as entradas para os eventos musicais e teatrais, agás a do sábado 2 de xaneiro, serán de balde. Os convites poderanse retirar nos días previos no departamento de Cultura.
Miro Villar aterriza en O Foxo pola reedición de «O Nariz de Fiz»
O Ceip O Foxo foi a selección para presentación dunha reedición da Editorial Galaxia da obra de Miro Villar chamada «O nariz de Fiz».
Recibido polos alumnos do centro no seu Xardín da Poesía, con música da man de tres mestras do cole.
A continuación os nenos de 1º 2º de Primaria recibirono cuns versos do seu conto «Carlota e a bota perdida».
De seguido plantou unha árbore, neste caso un limoeiro e fixo a presentación do seu propio libro na Blibioteca Xosé Neira Vilas.























































































