Identidades latentes na Casa das Letras

García Gómez inaugurou tamén a mostra Identidades latentes, que desde hoxe e ata o 20 de decembro se pode visitar na Casa das Letras da Estrada no marco da programación de actividades da Rede de Dinamización Lingüística e do Fondo Xacobeo 2021, un repositorio de contidos creativos de interese cultural en lingua galega creado pola Xunta dentro do Plan
de reactivación do sector cultural fronte aos efectos derivados da covid-19 cos obxectivos son os de dinamizar a lingua propia de Galicia, inxectar fondos e apoiar artistas, creadores e empresas do eido cultural no contexto da crise da Covid-19 e abrir unha vía para a continuidade, viabilidade e visibilidade da oferta e do consumo de propostas lingüísticas e culturais.
Identidades latentes está comisionada por Neves Seara e Ana Seoane e integrada por unha decena de artistas femininas galegas ou residentes en Galicia que pasean a súa busca artística nas cuestións referidas ás súas identidades: de xénero, culturais, feministas,

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

O XORNALISTA PEDRO RIELO RECIBE NA ESTRADA O XXV PREMIO XORNALÍSTICO REIMÓNDEZ PORTELA


O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou hoxe ao mediodía no Pazo de Exposicións e Congresos da Estrada no acto de entrega do XXV Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela a Pedro Rielo Lamela. O xornalista e escritor recibe o galardón, destacado no ámbito dos premios que recoñecen a promoción do uso do galego en diferentes ámbitos, pola serie
de cinco artigos publicados no semanario do Diario de Pontevedra que inclúen os textos A xeito de mensaxe aventado, O bosque: espello de algoritmos, Unha lingua de bandeira, Os invencibles amores do cuco e Festina lente no tempo adiado.
García Gómez lembrou na súa intervención “que o Reimóndez Portela é un galardón importante, por canto incide na promoción do uso do galego desde o ámbito dos medios decomunicación e dos seus profesionais, axentes decisivos na normalización do idioma propio de Galicia e na proxección social, visibilización e presenza do idioma”.
O premio, creado hai 25 anos na memoria do nome do médico, escritor, xornalista, político e presidente da Comisión Redactora do Estatuto de Autonomía de Galicia, Manuel Reimóndez Portela, promóveo o Concello da Estrada coa colaboración da Xunta de Galicia, da Deputación Provincial de Pontevedra e da Fundación de Exposicións e Congresos estradense.
Participaron no acto, ademais do secretario xeral e do autor, o alcalde estradense, Xosé López Campos; o tenente de alcalde, Juan Constenla; o deputado dos Centros de Investigación da Deputación de Pontevedra, Manuel González Martínez; e o secretario do xurado, José M. Bouzas Blanco.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Pepe Peinó presenta en Gres o seu libro “Bica de Montouto”, gañador do V Concurso “Balbino” de Relatos

A Fundación Xosé Neira Vilas en Gres (Vila de Cruces) acolleu esta mañá, ás 13.00 h, a entrega do premio e presentación do libro gañador do V Concurso “Balbino” de Relatos, “Bica de Montouto”, da autoría de José Vázquez Peinó, coñecido como Pepe Peinó.

O acto deu comezo coa lectura da acta do xurado a cargo do profesor e escritor Xosé Manuel Lobato. Seguidamente, interveu a deputada de Cultura da Deputación de Pontevedra, María Victoria Alonso; quen destacou “a consolidación deste premio, que xa vai pola súa quinta edición e no que se resaltan os valores propios da nosa terra, a nosa cultura e a nosa xente, o que permitiu a consagración deste certame como referente para autores ilustres e noveis tanto da provincia como da comunidade galega”. Tamén o secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo, incidiu na repercusión que está a acadar este premio destacando que “dende a Xunta é toda unha honra apoiar un certame que leva como nome a Balbino, protagonista de todo un clásico da literatura galega que representa unha das obras máis internacionais da nosa cultura. Así mesmo, é unha obriga para nós, así como para a Deputación de Pontevedra e os Concellos de Boqueixón, Silleda e Vila de Cruces, apoiar iniciativas culturais como esta, que engrandecen o noso patrimonio cultural”. Tras eles, o alcalde do Concello de Boqueixón, Manuel Fernández; e o concelleiro de Cultura do Concello de Vila de Cruces, Julio López, felicitaron ao gañador e agradeceron a labor que desempeña tanto a editorial encargada da publicación, Edicións Fervenza, como a Fundación Xosé Neira Vilas en pro da difusión da cultura galega.

 

O peche do acto culminou coa entrega do premio ao autor da obra gañadora, Pepe Peinó, quen transmitiu coas súas palabras o seu agradecemento ao xurado, a Fundación Neira Vilas e a Edicións Fervenza, facendo fincapé en que se trata dun relato “escrito con agarimo dende o corazón” no que tratou de transmitir a defensa do rural e o valor das xeracións dos nosos avós “que non son só xubilados que observan obras, senón que aínda teñen moito que aportar á sociedade, algo que debería abrazar as novas xeracións, por iso este título, Bica de Montouto, pois a bica non só é un doce, senón que mesmo semella un bico, un bico ao rural máis profundo, sincero e puro”.

 

Próxima presentación

 

Por outra banda, este venres 11 de decembro, ás 20.00 h, o salón de actos do Concello do Valadouro (Lugo), acollerá a presentación de “Bica de Montouto”, pois trátase do lugar de residencia do autor, Pepe Peinó. O acto, que estará aberto ao público ata completar aforo, contará coa presenza do profesor, escritor e membro do xurado do Concurso «Balbino» de Relatos, Xosé Manuel Lobato; o presidente da Fundación Xosé Neira Vilas, Fernando Redondo; o prologuista do libro, Bernardo Penabade; o ilustrador da portada, Antón Caxoto e o gañador do Concurso «Balbino» de Relatos, Pepe Peinó.

 

Para aquelas persoas que non poidan acudir á presentación, o autor estará desde as 18,00 h asinando libros no propio salón de actos.

 

Concurso “Balbino” de Relatos

 

Este concurso, de periodicidade anual, está aberto á participación de escritores e amantes da escritura, de calquera idade ou nacionalidade, co único requisito de que o idioma no que estea escrito o orixinal deberá ser en lingua galega e que terá como motivación temática o rural, o mar e a emigración.

 

O autor premiado recibe un premio dobre; por unha banda, un cheque por valor de 1.500 euros e, por outra, a publicación da obra por Edicións Fervenza.

 

Na anterior edición, en 2019, resultou gañadora a obra “B.S.O. Banda Sonora Orixinal”, de Pablo Nogueira. En 2018 a gañadora foi “Máis alá do río do esquecemento”, de Ricardo Ferreiro Almeda; e en 2017, “De que falarán as árbores”, de Ricardo Cid Paz; mentres que na primeira edición, en 2016, o premio recaeu en “Camiños na sombra” de Xián Lois Alcayde Dans.

 

O xurado destacou da obra

 

O xurado deste V Concurso «Balbino» de Relatos estivo formado pola poeta, Rosalía Morlán; polo profesor e escritor, Carlos Loureiro; polo profesor e escritor, Xosé Manuel Lobato e polo profesor, escritor, investigador e crítico literario, Armando Requeixo e todos coincidiron en destacar da obra:

 

«Esta novela, Bica de Montouto, destaca pola forza telúrica dunha historia sobre o despoboamento rural e a desaparición dun mundo que esfarela e no que se moven uns personaxes cheos de matices que loitan pola supervivencia dos seus eidos e da memoria da vida que neles se garda.

 

Ante a inminente desaparición da súa aldea, catro anciáns deciden unir forzas e crear unha pequena industria artesanal que do tempo que os une consiga afincar a esperanza da supervivencia da aldea.

 

Fondamente lírica, e con grande sensorialidade, esta novela é o canto melancólico dun mundo que se vai pero que non se resiste a desaparecer sen nos ofrecer o máis fermoso canto de cisne antes de esvaecer».

 

Colaboracións

 

Neste Premio e na publición do libro colaboran a Consellería de Cultura e Turismo, a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, o departamento de Cultura e Lingua da Deputación de Pontevedra, e os concellos de Boqueixón, Silleda e Vila de Cruces, así como a Fundación Xosé Neira Vilas.

 

Pepe Peinó

 

Nado en Lugo o 27 de outubro de 1960, estudou Maxisterio en Lugo e é licenciado en Ciencias da Educación pola Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED). Realizou os estudos de Doutoramento na mesma UNED e comezou a elaboración da Tese Doutoral, primeiro na UNED e logo na USC, sen rematala. Exerceu como profesor de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia no Instituto de Ensinanza Secundaria Alfoz-Valadouro entre os anos 1997 e 2020.

Como autor teatral, escribiu preto de 100 obras de teatro cómico afeccionado, que se representaron en multitude de concellos da Mariña Lucense e noutros lugares. Dirixiu o Grupo de Teatro do Instituto Alfoz-Valadouro, gañador de varios certames de teatro a nivel provincial, e o Grupo de Teatro Xuvenil “A Maseira”, dos concellos de Alfoz e O Valadouro. É membro fundador do Grupo Teatral “Raiolas”, de Alfoz, para o cal escribiu varias obras, participando tamén como actor. Igualmente, é tamén membro fundador do Grupo Humorístico Trípode e membro do Grupo Teatral “O Centiño”, de San Martiño, en Foz. Para todos estes grupos escribiu tamén unhas cantas obras de teatro.

No aspecto cinematográfico, dirixiu máis de dez películas. Co Instituto Alfoz-Valadouro dirixiu “Malos tempos”, película gañadora do Primeiro Certame Ouff Escola, no Festival Ourencine, de Ourense. Tamén logrou varios premios no Certame de Cine do Instituto Monte Carrasco de Cangas do Morrazo. A súa última curta, titulada “Medos”, foi seleccionada no Certame organizado na Semana do Cine de Lugo no ano 2020.

No medio radiofónico dirixiu e presentou o programa de debate “Parolando” durante 11 anos, 7 anos na emisora de Radio Valadouro e outros 4 anos en Radio Burela. Colaborou tamén noutros diversos programas e na emisora de Radio Foz.

Foi presentador en diversos eventos culturais da Mariña Lucense, como a Feira do Libro de Burela, diversas galas musicais ou presentacións de libros.

Leva publicadas varias novelas: Escombros, moitos escombros (2015) e A fuxida (2018), ambas en galego, e A Solo no le gustaba su nombre (2020), en castelán. Tamén publicou o libro Vinte obras de teatro afeccionado, unha recompilación de vinte das súas obras de teatro, escritas todas en galego. Participou tamén na preparación da zarzuela O amor de Afonso Reimúndez, representada no Mercado Medieval de Mondoñedo no ano 2018, escribindo o libreto, ao que lle puxo música Xan Carballal, impresa en Lugo no ano 2019.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Miguel Carbajal publica o seu segundo libro sobre o seu método mantrailing

“Método Carbajal Avanzado. Guía de Mantrailing para entrenamiento mediante la utilización de tecnología avanzada” é o título do segundo libro do estradense Miguel Carbajal, que este mércores presentou a nova publicación, máis técnica que a primeira, editada en novembro de 2019. Ambas versan sobre o método patentado por Carbajal respecto a este tipo de entrenamento con cans, se ben o libro que agora sae á luz aborda o desenvolvemento dunha tecnoloxía única e exclusiva para este fin, mediante a adaptación de drons e vehículos de radiocontrol que liberan cheiros vencellados á persoa que se busca. 

Trátase dun traballo elaborado en colaboración con científicos, coma a tamén estradense Paula Rodríguez Villamayor. O libro, que conta coa corrección lingüística de Sonia Iglesias, ten unha tirada de 400 exemplares e pode mercarse no sitio web. ‘metodocarbajal.blogspot.com’.  

Publicado en Portada | Deja un comentario

VOLTAN CON FORZA AS FEIRAS DOS MÉRCORES E SÁBADOS E PROGRÁMANSE AS EXTRAORDINARIAS DE NADAL OS DÍAS 24 E 31 DE DECEMBRO

No día de hoxe puidemos voltar a desfrutar do tradicional mércores de feira ca praza que lle da nome cuberta dunha centena de postos habituais tanto de alimentación, prantas, mobiliario para o fogar, textil ou calzado. Ademáis voltaron ó traballo as polberías nas que, mantendo as distancias entre as mesas e co límite de grupos de 6 persoas, voltaron a servir as racións de pulpo e churrasco nas súas carpas.

Todos os postos, xunto cas polberías estarán convocados para as feiras extraordinarias do 24 e 31 de decembro, na que buscarán animar as compras de Nadal, xunto ca hostalería local nestes días festivos e sinalados do ano.

Así continuaremos de agora en diante sempre que as restriccións sanitarias o permitan, pero como asegurou no día de hoxe o Concelleiro titular na materia, Gonzalo Louzao, contamos con marxe de espazo a partir de agora xa que a trintena de postos que se procederon a dar de baixa por non asistir regularmente ó mercado non se van a cubrir de momento para así asegurar a distancia entre postos esixida durante as etapas de máximas restriccións nesta pandemia.

Tamén o Novo Mercado se visteu de gala para estas datas. Así pois as Concellarías de Promoción Económica e Mercados apostando por dinamizar a Praza e referenciala como o punto local municipal de ventas do producto local, de cercanía e de calidade procederon á instalación de unha iluminación tanto exterior como interior do edificio para animar as ventas nestas datas decisivas.

 

 

 

 

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

PSOE e Podemos boicotean a Variante da Estrada

Susana Camba: «A este boicot tamén temos que sumar a incompetencia e falta de liderado dun alcalde, que é incapaz de mover un dedo polos intereses do noso concello»

 «A Variante da Estrada terá que agardar a termos un goberno central máis receptivo coas demandas dos veciños e veciñas do noso concello», afirma a concelleira do BNG, Susana Camba. «PSOE e Podemos rexeitaron cos seus votos as emendas do BNG para a Variante da Estrada», engade, «así como a mellora do enlace coa AP-53 no Alto da Rocha e o enlace con Guimarei, Cereixo e Vinseiro».

«Mais isto non é un boicot o BNG, é un boicot aos veciños e veciñas da Estrada por parte de PSOE e Podemos», afirma a concelleira. «E a este boicot tamén temos que sumar a incompetencia e falta de liderado dun alcalde, que é incapaz de mover un dedo polos intereses do noso concello, dá igual que sexan gobernos amigos como inimigos», engade.

Temos que recordar que o BNG presentou unha emenda que multiplicaba por 100 o orzamentado polo goberno central, «o que de aprobarse daríalle un impulso importante», afirma Susana Camba, «mais en Madrid, dá igual quen estea, tanto ten PSOE-Podemos, como PP, o goberno central é insensíbel ás demandas dos veciños e veciñas».

Publicado en Portada | Deja un comentario

O premio García Barros foi entregado a María Rei Vilas en A Estrada

O Teatro Principal da Estrada entregou o premio de novela Manuel García Barros á escritora María Rei Vilas, gañadora do certame coa obra Flores de ferro. Está previsto que asistan o director da editorial Galaxia, Francisco Castro, Carlos Loureiro como secretario do xurado e o alcalde estradense, José López.

Publicado en Portada | Deja un comentario